Proxectos
-
Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD de orientar estratexicamente ás entidades socias para obxectivos compartidos de fortalecemento e incidencia política e socia
O proxecto pretende mellorar as capacidades da coordinadora de ONGD galegas para orientar estratexicamente a actuación conxunta das ONGD galegas.
-
Mellora dos medios de vida e a seguridade alimentaria da poboación mediante o fortalecemento das cadeas de valor da pesca e a acuicultura
O proxecto ten como obxectivo contribuír á mellora das condicións de vida e da seguridade alimentaria e nutricional das comunidades do distrito de Namaacha na provincia de Maputo, con especial atención á mocidade e ás mulleres, a través da mellora da cadea de subministración, valor da pesca e a acuicultura e a promoción da seguridade alimentaria nas comunidades.
-
A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación III
Este proxecto ten como obxectivo específico promover a implicación dos concellos e deputacións galegas na consecución dos ODS e na cooperación ao desenvolvemento, buscando sinerxías coa administración local e rexional dos países da Lusofonía. Para isto, fundaméntase en dúas dimensións:
-
Fortalecemento das capacidades técnicas e operativas para mellorar a xestión dos recursos hídricos en Mozambique (AQUA-MOZ SECARA 3ª Fase)
Este proxecto AquaMoz, Secara 3a Fase é a continuación das actuacións anteriores desenvolvidas por AdG e a UdC no marco da xestión da seca en Mozambique. O proxecto pretende contribuír, no marco da loita e prevención contra os efectos do cambio climático, á mitigación dos impactos dos eventos de seca en Mozambique, reforzando a Administración Rexional de Augas de Mozambique coa experiencia de xestión dos recursos hídricos en Galicia como unha referencia.
-
Mellora da atención a nenos e nenas con diversidade funcional en Guinea Bissau
O obxectivo desta proposta, en consonancia cos ODS 3 e 10, é promover a mellora dos servizos de rehabilitación prestados polo sistema de saúde de Guinea Bissau, atendendo especificamente a pacientes especialmente vulnerables con enfermidades crónicas e/ou diversidade funcional (ENT). A intervención terá lugar no Centro de Rehabilitación e Desenvolvemento da Infancia, o único centro de Bissau que ofrece servizos médicos e sociais especializados a nenos con diversidade funcional.
-
Transporte de Axuda Humanitaria a Ucraína
O proxecto de transporte de Axuda Humanitaria a Ucraína nace por mor da invasión rusa de Ucraína o pasado 24 de febreiro de 2022, como medio de resposta rápida á situación de desabastecemento de produtos de primeira necesidade da poboación debido ao conflito. O seu obxectivo principal e único é tratar de paliar este desabastecemento, asegurando o impacto do proxecto de envío de axuda humanitaria pola información e comunicacións da fundación colaboradora en destino, así como a confirmación dos transportistas contratados do éxito do transporte e entrega.
-
Acordo de prórroga do Convenio entre a Cooperación Descentralizada e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria
Prórroga do convenio entre a cooperación descentralizada e a AECID para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria, subscrito o 3 de outubro de 2018 e publicado no BOE o 9 de novembro de 2018, cuxa vixencia foi prorrogada no 2019, 2020 e 2021.
A través deste convenio de colaboración financiáronse as seguintes intervencións:
-
Protección e asistencia de poboación refuxiada venezolana en Colombia no contexto da Covid-19 durante o ano 2022
O presente proxecto implementarase no departamento de Norte Santander, en Colombia, unha zona con alta acollida de refuxiados e migrantes provenientes de Venezuela, e na que ACNUR xa realizou entregas previas de forma prioritaria a familias venezolanas de asistencia en efectivo e a realización de estudos de vulnerabilidade. O obxectivo xeral será contribuír ao proceso de protección internacional dos/as refuxiados/as venezolanos en Colombia asegurando o acceso a servizos de emerxencia.
-
Mellora da sustentabilidade na xestión do recurso hídrico promovendo mecanismos para aumentar a capacidade de planificación e resiliencia fronte ao cambio climático e ás secas no sur de Mozambique-GERHARA
O proxecto GERHARA aborda a situación de grave vulnerabilidade que sofre Mozambique respecto da baixa dispoñibilidade de auga e a pouca sustentabilidade da xestión social deste recurso. Para iso, baséase nunha estratexia que salienta a gobernabilidade do recurso e a sustentabilidade e resiliencia a medio e longo prazo, e que ten como eixos transversais o cambio climático e a perspectiva de xénero.
-
Programa de reactivación económica familiar, social, de saúde comunitaria e organizativa de produtos orgánicos e aseguramento alimentario en Comunidades de bosque afectadas pola pandemia e a crise alimentaria e económica derivada, no val de San Lorenzo, na rexión de Piura – Perú
Este proxecto busca fortalecer un total de 8 comunidades de bosque do Val de San Lorenzo (Distrito de Tambogrande e Las Lombas), co fin de mellorar a situación organizativa, da saúde, socioeconómica e de xestión produtiva destas comunidades para afrontar a emerxencia da Covid-19 e futuras crises sanitarias, mediante 1) o apoio de maneira coordinada dos gobernos locais e as comunidades, 2) garantindo a promoción do exercicio dos dereitos sociais básicos á saúde e á alimentación, 3) mitigando o impacto socioeconómico, reactivando a economía familiar e mellorando a produción e comercialización
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »