Proxectos
-
Capacitando: fortalecendo capacidades das e dos docentes do distrito de San Juan de Lurigancho a través da creación e impulso dun centro de recursos para beneficio de nenas, nenos e adolescentes con necesidades educativas especiais. Perú
Con este proxecto búscase contribuír de xeito concreto á inclusión educativa das nenas, nenos e adolescentes con discapacidade do distrito de San Juan de Lurigancho (Lima), brindándolles docentes capacitados, formados e con recursos educativo-pedagóxicos de calidade para articular unha atención educativa que dea resposta ás súas necesidades, garantindo así o dereito á educación.
-
Fortalecemento das capacidades técnicas da administración rexional responsable do recurso hídrico “ARA-Norte” no ámbito dos Sistemas de Información Xeográfica e da Hidroxeoloxía. Mozambique
O presente proxecto está destinado a mellorar o coñecemento do recurso hídrico e as capacidades de xestión do mesmo por parte da socia local ARA-Norte. As liñas de acción presentadas son complementarias ao proxecto Water Facility de Augas de Galicia financiado por EuropeAid: Parceira de apoio técnico á consolidación rexional de Augas do Norte. Dito proxecto ten como obxectivo principal garantir o desenvolvemento da xestión dos recursos hídricos e das infraestruturas hidráulicas de Mozambique, contribuíndo á redución da pobreza da poboación.
-
Mellora da xestión do eco-parque de Raffey de Santiago de los Caballeros, República Dominicana, asociado ao programa integral de mellora do barrio de Santa Lucía/A Mosca
O obxectivo deste proxecto é o de dar continuidade ás accións inseridas no marco do Programa Integral de mellora do Barrio de Santa Lucia / A Mosca, en Santiago de los Caballeros, República Dominicana; financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta Galicia dende o ano 2008 ata día de hoxe, a través do deseño e desenvolvemento dunha estratexia para a mellora da xestión do Eco Parque de Raffey de Santiago de los Caballeros, República Dominicana.
-
Fortalecer as capacidades de líderes, lideresas e os seus espazos de participación a nivel comunitario e municipal, para a definición dunha proposta de desenvolvemento incluínte, sostible e baseada no enfoque de xestión de riscos
O proxecto parte do suposto de que, na actualidade, nos Municipios de Champerico e Retalhuleu existen condicións básicas para a definición e impulso dun desenvolvemento local endóxeno, incluínte e sostible, baseado no enfoque de xestión de riscos. Desta forma, a presente intervención expón apoiar á poboación de ambos os municipios nas súas dinámicas de organización, participación e xeración de propostas de desenvolvemento a partir dun enfoque de xestión de riscos, de xénero e de soberanía alimentaria.
-
ODM 3 e 6. Non hai xustiza sen igualdade e a saúde é un dereito de todos e todas. ACTÚA
O proxecto ponse en marcha nun momento de vital importancia xa que faltan poucos anos do prazo comprometido para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e resulta urxente e necesario que o debate sobre estes obxectivos se faga máis presente na opinión pública, pois se considera imprescindible sumar o maior número de cidadáns posible nesta tarefa.
-
Abrindo unha xanela ao mundo: dereitos humanos, xénero e comercio xusto
“Abrindo a xanela ao mundo: dereitos humanos, xénero e comercio xusto” é un proxecto de sensibilización destinado principalmente ao ámbito educativo de zonas rurais, que, a través das novas tecnoloxías, accións formativas e traballo con materiais didácticos nas aulas, pretende dar a coñecer as situacións dos países empobrecidos e as causas estruturais da pobreza.
-
A soberanía alimentaria en risco: sensibilizando e capacitando á sociedade para o cambio sostible
Tras anos de traballo na rexión de Centroamérica, onde as ameazas á soberanía alimentaria se presentan como unhas das principais causas de empobrecemento, Amigos da Terra busca difundir na sociedade galega o coñecemento desta realidade dende un enfoque integral, no senso de amosala a través de todos os puntos de vista.
-
Mellora do acceso aos sistemas de auga potable e saneamento en tres comunidades do distrito de Mollepata, provincia de Anta, Cuzco. Perú
O proxecto busca o desenvolvemento de 100 familias que viven en extrema pobreza en tres comunidades rurais do distrito de Mollepata, na provincia de Anta. Actúase no sector de cobertura das necesidades básicas e concretamente no acceso á auga, ao saneamento e á habitabilidade. O obxectivo é garantir o dereito a unha vida digna, unha vez identificados como principais problemas os vencellados á saúde relacionados coa deficiente dispoñibilidade de auga e saneamento.
-
Material didáctico dixital para a campaña “Mulleres Soñadoras”
O proxecto ten como obxectivo a creación e a difusión dun material de sensibilización ao desenvolvemento adaptado ao formato da pizarra interactiva dixital. A temática a desenvolver polo material será a igualdade de xénero e a realidade da muller nos países do Sur.
-
O tesouro de Acahualinca
O presente proxecto pertence á área de traballo de Educación para o Desenvolvemento de Solidariedade Internacional de Galicia e responde á estratexia impulsada pola organización neste ámbito a través do desenvolvemento dunha campaña educativa destinada ao nivel de secundaria dos centros educativos da nosa Comunidade Autónoma.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- …
- seguinte ›
- última »