Proxectos
-
Convenio de colaboración con Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
Accións de asistencia e atención inmediata de emerxencia tras declararse o desastre ou a crise humanitaria ou ante a agudización dunha crise crónica (fames negras, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou post-catástrofe) para evitar unha gran mortandade entre os/as damnificados/as.
-
Fortalecemento da compra pública responsable na administración pública galega a través da formación do seu persoal.
O proxecto obxecto do convenio ten como finalidade contribuír a mellorar o sector galego da cooperación para o desenvolvemento mediante o fortalecemento do persoal da Administración galega e dos distintos axentes, así como sensibilizar á sociedade en xeral da importancia da cooperación para o desenvolvemento.
-
Formación profesional e desenvolvemento produtivo sostible da pesca de pequena escala en Centroamérica. PROFOPAC IV
A través deste convenio de colaboración, no marco do programa PROFOPAC, séguese impulsando o proceso de profesionalización da pesca e acuicultura de pequena escala en Centroamérica por medio da formación profesional e da potenciación do emprendedurismo; un proceso de longo prazo que pretende levar á poboación implicada ao desenvolvemento progresivo dos seus coñecementos e prácticas económicas, baixo os conceptos de sustentabilidade e produtividade.
-
Fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD no ano 2013
O proxecto ten como obxectivo contribuír a mellorar o Sector Galego de Cooperación para o Desenvolvemento mediante o fortalecemento institucional da Coordinadora Galega de ONGD que na actualidade agrupa a 47 organizacións con presenza na nosa Comunidade Autónoma.
-
Campaña Mundial pola Educación 2014 (CME 2014)
O proxecto dá continuidade ao traballo de sensibilización da sociedade galega en xeral e da comunidade educativa galega en particular, verbo da situación da educación no mundo. A ferramenta fundamental coa que conta cada ano esta Campaña é a celebración anual da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME), unha acción global de mobilización social e incidencia política que se realiza en Galicia dende o ano 2003 no mes de abril. Dende 2008 a Campaña Mundial pola Educación en Galicia conta co apoio financeiro da Xunta de Galicia.
-
Impulsando o consumo sustentable e a alimentación ecolóxica nunha ciudadanía crítica e informada (eco-consumo AdT)
O presente proxecto segue unha liña de continuidade e reforzamento do traballo previo realizado no eido da sensibilización sobre a situación alimentaria global e a formación-capacitación no eido do consumo sustentable. O obxectivo é ampliar o traballo realizado na sociedade galega a prol doutro modelo de consumo e da construción de redes de colaboración cidadás. Baixo esta visión o proxecto vertébrase en dúas liñas de traballo: 1. A difusión da problemática alimentaria global e 2. O fomento da implicación da cidadanía en iniciativas de consumo sustentable
-
Entre-Nós II
O proxecto Entre-Nós II, continuación doutro financiado na convocatoria do pasado ano 2012, contribúe a lograr unha maior implicación das asociacións de inmigrantes no desenvolvemento das súas localidades de orixe e de acollida. Logo de desenvolver unha fase de diagnóstico da realidade do tecido asociativo de Galicia e de crear grupos de traballo provinciais con estas entidades, continuará o traballo de xeito que se poidan elaborar liñas consensuadas de actuación e mellora da súa xestión.
-
Desigualdades (Fase III): da feminización da pobreza a feminización do desenvolvemento.
Esta iniciativa pretende dar continuidade ao traballo iniciado durante os anos anteriores (2010-2012) a través da primeira e segunda fase deste proxecto tituladas “A desigualdade nos países en vías de desenvolvemento: contextos de inxustiza social e de xénero” e “Desigualdade de xénero: a situación da muller e as nenas nos países en vías de desenvolvemento”.
-
Proxecto de difusión do dereito ao hábitat a través da sensibilización e a educación formal na comunidade educativa 2013-2014
O proxecto xurde como resultado da constatación por parte de Arquitectos sen Fronteiras, a través do traballo levado a cabo durante os últimos 18 anos, das carencias formativas e de sensibilización que no eido da habitabilidade, tanto a nivel local como internacional, se poden detectar na comunidade educativa da Coruña.
-
Alternativas na escola: Comercio xusto e soberanía alimentaria
O consorcio que vincula a estas organizacións xurdiu no ano 2012 como consecuencia da experiencia e coincidencia en obxectivos entre elas, para desenvolver o proxecto “Sensibilizando á xuventude rural galega”, cuxo obxectivo foi o de sensibilizar á sociedade galega, especialmente no ámbito rural, en dous eidos fundamentais: A Cooperación ao Desenvolvemento e o Comercio Xusto e Responsable (e, por ende, a Soberanía Alimentaria).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- …
- seguinte ›
- última »