Proxectos
-
Visibilizar e valorar os coidados como imprescindibles para o sostemento da vida e as sociedades, especialmente no ámbito rural galego
Co presente proxecto, InteRed Galicia pretende traballar ao longo dos dous próximos anos cos seguintes grupos de poboación: o alumnado e profesorado das tres universidades galegas; as comunidades educativas das zonas de Viana do Bolo (Ourense) e Mondoñedo (Lugo); a mocidade galega; e a cidadanía en xeral (prestando unha especial atención á poboación masculina). Deste xeito, o proxecto presenta unha serie de liñas de actuacións diferenciadas e construídas atendendo ás características do público destinatario.
-
Apoio á promoción da soberanía alimentaria e á medicina tradicional con equidade de xénero nas Rexións de Oio, Cacheu e Bafata. Guinea Bissau
O proxecto parte da preocupación fundamental de contribuír á redución da pobreza rural e a mellora das condicións de saúde da poboación rural de 70 comunidades das rexións de Oio, Cacheu e Bafata integradas na federación campesiña KAFO, beneficiando directamente a unha poboación estimada de 1.400 persoas (50% mulleres). As accións propostas articúlanse en torno a dúas compoñentes principais: soberanía alimentaria e saúde comunitaria tradicional.
-
Mellora da educación e comunicación para o desenvolvemento na educación infantil, primaria e secundaria, e da formación en cooperación e comunicación para o desenvolvemento no ámbito universitario
Este proxecto constitúe unha aposta integral pola sensibilización e formación en educación e comunicación para o desenvolvemento na comunidade galega, que abarca dende a educación infantil ata a formación universitaria e se presenta como continuación e complemento do proxecto “Escolas sen Racismo, Escolas pola Paz e o Desenvolvemento”, financiado pola Cooperación Galega na súa convocatoria de educación para o desenvolvemento no ano 2011.
-
Entre-nós
En Ecos do Sur levan dende o ano 1991 desenvolvendo estratexias comúns en migracións e desenvolvemento co obxecto de fomentar a participación do colectivo migrante en tecidos asociativos, acompañado de procesos de articulación transnacional das súas organizacións e redes, prestando especial atención ao papel da muller migrante como promotora dun modelo de desenvolvemento igualitario. Así, o proxecto Entre-nós busca acadar unha maior implicación das asociacións de inmigrantes no desenvolvemento das súas localidades de orixe e acollida.
-
Mellora das condicións técnicas e materiais para o aproveitamento responsable dos recursos pesqueiros, acuícolas, eco turísticos e ambientais dos Municipios de San Luís la Herradura, Tecoluca e Jiquilisco, O Salvador
O proxecto pretende mellorar as condicións técnicas e materiais para o aproveitamento económico pero responsable dos recursos pesqueiros, acuícolas, eco turísticos e ambientais por parte da poboación dos Municipios de San Luís la Herradura, Tecoluca e Jiquilisco.
-
Promoción da saúde dos nenos e nenas de 0 a 5 anos do Distrito II de Managua, A Chureca. Nicaragua
O presente proxecto pretende fortalecer e mellorar o nivel formativo e asistencial do persoal de enfermería do Distrito II de Managua, en especial do C/S Policlínico Francisco Morazán no campo da promoción da saúde na nenez con énfase no campo educativo nutricional a través dun proceso de capacitación completo por parte de persoal experto expatriado e local.
-
Mellora dos servizos de atención en saúde Sexual e Reprodutiva e medicamentos esenciais, con énfases nas mulleres indíxenas en 15 distritos de saúde das áreas rurais do Departamento do Quiché. Guatemala
O obxectivo do proxecto é mellorar as condicións de acceso á saúde da poboación da área rural de quince municipios do Departamento do Quiché con énfase nas mulleres indíxenas, a través da mellora da calidade e cobertura de atención con pertinencia cultural dos servizos de saúde sexual e reprodutiva, e medicamentos esenciais. Para iso expón tres compoñentes de traballo: atención en saúde primaria, acceso a medicamentos e fortalecemento organizativo vinculado á saúde.
-
Programa de atención á poboación refuxiada e solicitante de asilo en Nairobi, Kenya
Para comprender o fenómeno do desprazamento das persoas refuxiadas a través das fronteiras é preciso ter en conta a situación política dos países da rexión de África do Leste. Dende o inicio da década dos noventa, Kenya recibiu e acolleu a persoas refuxiadas procedentes dos países veciños, así coma provintes da rexión dos Grandes Lagos. Os principais países emisores teñen sido: Somalia, a República Democrática do Congo, Sudán, Etiopía, Rwanda, Burundi, Uganda e Eritrea.
-
A crise como cambio: perspectivas e alianzas entre mulleres
Este proxecto nace como resultado de 14 anos de traballo de Implicadas no Desenvolvemento a prol dunhas relacións máis xustas entre os pobos dende un compromiso feminista e crítico. No campo crucial da representación, as nosas sociedades seguen promovendo visións das comunidades do Sur que infantilizan, problematizan ou totalizan as experiencias e polo tanto mediatizan a cooperación. Esta situación vese exacerbada no caso das mulleres, que se converten en ferramentas do imaxinario para establecer ao mundo occidental como o sistema de valores modelo para todas as sociedades.
-
Mellora das condicións alimentarias e socio sanitarias da poboación do Distrito de Fafi, Noreste de Kenya, con énfase na poboación mais vulnerable (mulleres e menores de 5 anos)
A República de Kenya ten unha complexa traxectoria en materia de desprazamentos internos e xestión de poboación refuxiada nas súas fronteiras. A poboación refuxiada total no país ascende a 463.023 persoas. Segundo datos actualizados por ACNUR a 12 de febreiro de 2012, o 95,8% dese colectivo de persoas refuxiadas son de orixe somalí que abandonaron o seu país como consecuencia da grave situación de violencia, inestabilidade e fame negra padecida nos últimos anos; condicións que foron empeorando durante todo o ano 2011.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- …
- seguinte ›
- última »