Proxectos

Prevención da violencia cara ás mulleres indíxenas potenciando o seu benestar, autonomía e liderado

O proxecto ten como obxectivo promover o dereito das mulleres mayas de Guatemala a unha vida libre de violencias, desde un enfoque feminista, comunitario e decolonial. Baseado na cosmovisión maya, busca fortalecer as capacidades das mulleres para sanar e previr a violencia, mellorando o seu benestar, autonomía e liderado. Realizaranse talleres de sanación, sensibilización comunitaria e melloras no Centro de Formación e Sanación KAN. Ademais, potenciarase a organización Kaqla e desenvolveranse actividades de prevención da violencia en cinco departamentos do país. O proxecto pretende beneficiar directamente a 670 persoas e indirectamente a máis de 5.000.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no Exterior - Liña feminista
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Chimaltenango (departamento)
Huehuetenango (departamento)
Quetzaltenango (departamento)
Sacatepéquez (departamento)
Sololá (departamento)
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Contraparte: 

Asociación Grupo de Mujeres Mayas Kaqla

Código CRS: 
15170 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
Obxectivos: 

Xeral: Xerar condicións e capacidades estratéxicas para a redución da violencia e os seus efectos cara ás mulleres indíxenas de Guatemala.

Específico: Fortalecer as capacidades individuais e colectivas de sanación e prevención das violencias cara ás mulleres indíxenas, potenciando o seu benestar, autonomía e liderado desde o enfoque da cosmovisión maya, na rexión de Occidente e Centro de Guatemala.

           

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Mulleres mayas sobrevivintes de violencias de 4 departamentos restablecen seu benestar físico, emocional, mental e espiritual, a través de procesos de sanación.

       A1.1.1. Procesos de sanación con mulleres indíxenas mayas sobrevivintes de violencias en 4 departamentos priorizados.

       A1.1.2. Mellora do Centro de Sanación e Formación para a plenitude de vida KAN.

RE 1.2. Xerada conciencia e sensibilización comunitaria para a prevención da violencia cara ás mulleres mayas desde a cosmovisión maya.

       A1.2.1. Presentacións públicas do documento de “Comprensións e experiencias desde Kaqla sobre a cultura e cosmovisión maya, como ferramenta de prevención das violencias cara ás mulleres.”

       A1.2.2. Campaña de comunicación orientada á prevención das violencias cara ás mulleres desde a cosmovisión maya.

       A1.2.3. Feiras comunitarias de prevención das violencias desde a cosmovisión maya.

RE 1.3. Fortalecidas as capacidades de Kaqla como organización referente na sanación e prevención de violencias cara ás mulleres mayas.

       A1.3.1. Elaboración participativa dun novo Plan Estratéxico de Kaqla.

       A1.3.2. Intercambio metodolóxico entre Aliade Ultreia (Galicia) e Mujeres Mayas Kaqla (Guatemala) en procesos de atención a mulleres sobreviventes de violencias machistas con pertinencia cultural.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 670 (441 mulleres/nenas, 259 homes/nenos)

Indirecta: 5.102 (2.560 mulleres, 2.542 homes)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

184.998,57€ (64.749,50 € en 2025 e 120.249,07 € en 2026)