Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
PROCESOS DE FORMACIÓN ALTERNATIVA PARA O EXERCICIO DUNHA CIDADANÍA RESPONSABLE E CONSTRUTIVA NO BARRIO DE JAIHUAYCO, COCHABAMBA (BOLIVIA)
OBXECTIVOS
Impulsar o exercicio dunha cidadanía responsable en Cochabamba como medio para o desenvolvemento comunitario.
Promover procesos de educación cidadá alternativa mediante un novo espazo radiofónico educativo centrado en formación comunitaria sobre os principias problemas da realidad social, política e económica.BENEFICIARIOS
Directos: habitantes do barrio de Jaihuayco (5.572 persoas)
Indirectos: conxunto de habitantes do distrito cinco de Cochabamba (91.221 persoas) -
AMPLIACIÓN E MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA NO CENTRO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA “SANTA RAFAELA MARÍA" NA CIDADE DE CHOTA (PERÚ)
OBXECTIVOS
ContribuÍr ao fortalecemento do sistema educativo de Perú, mellorando o nivel educativo e formativo da poboación infantil e xuvenil do país. Preténdese tamén escolarizar e formar axeitadamente aos alumnos en idade escolar de secundaria da cidade de Chota e os seus arredores, carentes das infraestruturas necesarias para a correcta atención da poboación local.
BENEFICIARIOS
-
APOIO AO PROGRAMA DE PROMOCIÓN INTEGRAL DA POBOACIÓN RURAL DE SOFALA (MOZAMBIQUE) POR MEDIO DA FORMACIÓN TÉCNICA DOS MESTRES RURAIS “PROXECTO ESMABAMA”
OBXECTIVOS
Apoiar o fortalecemento do programa que leva a cabo a Asociación local Esmabama e cuio obxectivo é a promoción integral da poboación rural da provincia de Safala, atendendo parte das súas necesidades básicas (educación, saúde e desenvolvemento produtivo)
Fortalecer as capacidades de alomenos 140 mestres rurais das rexións de Buzi, Chibabava e Manchanga, mellorando o seu rendemento académico e cualificándoos como axentes de desenvolvemento educativo, a través da súa formación e capacitación en técnicas informáticas -
MELLORA DA SAÚDE COMUNITARIA EN 15 COMUNIDADES RURAIS DE NICARAGUA FASE II
OBXECTIVOS
Contribuir ao desenvolvemento das capacidades da poboación rural nicaragüense para diminuir a vulnerabilidade social xerada pola pobreza estutural en 15 comunidades dos municipios de Villa El Carmen, Ciudad Darío y Tipitapa. Ademais preténdese fortalecer as capacidades organizativas e técnicas desenvolvidas polos membros da rede de saúde en comisións para incidir na diminución da mortalidade da poboación.
BENEFICIARIOS
-
FORTALECEMENTO DA ACTIVIDADE HORTÍCOLA DAS MULLERES DAS TABANCAS DE XIME (GUINEA BISSAU)
OBXECTIVOS
Fomentar o cultivo hortícola como un sistema de auto-produción de alimentos e auto financiamento para as asociacións de mulleres agricultoras das tabancas de Xime. Asimesmo preténdese brindar elementos básicos ás mulleres de Xime para mellorar os seus actuais sistemas de cultivo a través da provisión de sementes, materiais de traballo, pozos de auga, motocultivadora e capacitacións formativas a nivel produtivo e organizativo.
BENEFICIARIOS
180 mulleres pertencentes a tres asociacións de mulleres das tabancas de Xime
-
REHABILITACIÓN DAS CONDICIÓNS SANITARIAS, ALIMENTARIAS E DE HABITABILIDADE DAS COMUNIDADES RURAIS DAMNIFICADAS POLA TORMENTA TROPICAL STAN (GUATEMALA)
OBXECTIVOS
-
MELLORA DA SOBERANÍA ALIMENTARIA EN TRES LOCALIDADES DO DISTRITO DE MONTEPUEZ (MOZAMBIQUE)
OBXECTIVOS
Mellorar as condicións de soberanía alimentaria en tres localidades do distrito de Montepuez, provincia de Cabo Delgado, ao mesmo tempo que se reduce a desnutrición nas familias das localidades de Merupe, Unidade e Mitale no distrito de Montepuez
BENEFICIARIOS
Directos 7.150
Indirectos: 9.665, número total de habitantes de las tres localidades de Merupe, Unidade e MitaleACCIÓNS:
-
CENTRO DE EDUCACIÓN INTEGRAL - CEI (BOLIVIA)
OBXECTIVOS
-
ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN E DE DIFUSIÓN DO MUNDO DA COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO
OBXECTIVOS: Proporcionar tanto apoio técnico como informativo ás organizacións integradas na Coordinadora Galega de ONGD'S . De igual xeito, tamén apoiará a aquelas organizacións que non formen parte da Coordinadora pero que así o soliciten, así como á cidadanía galega en xeral.
-
ELECTRIFICACIÓN, AMPLIACIÓN E REPARACIÓN DAS ESTRUTURAS EDUCATIVAS EN CHIRIACO (PERÚ)
OBXECTIVOS: Promover a capactación e formación de nenas/os das etnias aguaruna e huambisa de Chiriaco, para que poidan acceder a un posto de traballo, sendo axentes dun desenvolvemento eco-sostible.
ACCIÓNS: - Electrificación instalacións educativas. Fundamental para a tarefa educativa. A introdución da informática e das máquinas de coser industriais na educación esixe a instalación de enerxía eléctrica trifásica
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 118
- 119
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- …
- seguinte ›
- última »