Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
EXECUCIÓN DE ACCIÓNS A PROL DA MELLORA DAS CONDICIÓNS DO ABASTECEMENTO DE AUGA NO BARRIO PONTE D´AUGA, CIDADE DA PRAIA E CONTRIBUIR AO REFORZAMENTO DAS MULLERES CABOVERDIANAS NAS LISTAS PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS
1ª Fase. Conexión á rede de abastecemento de auga
Mellorar o abastecemento de auga potable das familias máis carenciadas, de xeito que permita que cada membro agregado familiar teña acceso ao límite mínimo de 20 litros de auga por día.Plaidoyer para aumentar a participación das mulleres
Aumentar nun 30% a participación das mulleres nas listas para as eleccións autárquicas de 2008 con vista a ampliar o exercicio da cidadanía e da participación das mulleres -
EQUIPAMENTO DUNHA ESCOLA OBRADOIRO
Contribuír a mellorar o nivel formativo para a inserción laboral na rexión de I'daoussemlal na provincia de Tiznit. A formación impartirase na escola obradoiro creada no proxecto número PR803C 2005/3-0
-
CONSTRUCIÓN E EQUIPAMENTO DA AMPLIACIÓN DA ESCOLA CORUÑA II, SENSIBILIZACIÓN E FORMACIÓN, EN THONGOR - YOFF
Fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres do barrio de Thongor, vila de Yoff, así como o empoderamento das mulleres como axentes activas e positivas do desenvolvemento comunitario.
-
ACTIVIDADES ENCAMIÑADAS Á CELEBRACIÓN DO I CONGRESO INTERNACIONAL DE EDUCACIÓN AMBIENTAL DOS PAÍSES LUSÓFONOS E GALICIA
Debater a contribución da educación na construción de valores, bases culturais e bases políticas que sirvan á promoción de sociedades sustentables
-
APOIO A IMPLEMENTACIÓN DE MELLORAS NO TRATAMENTO DE RESÍDUOS NA REPÚBLICA DOMINICANA
Apoiar a implementación de melloras no tratamento de resíduos na República Dominicana
-
PROXECTO PARA A PROTECCIÓN DA INFANCIA E A LOITA CONTRA A VIOLENCIA E A EXPLOTACIÓN INFANTIL EN CASAMANCE (SENEGAL)
Mellorar as condicións de vida da poboación de Casamance, especialmente as dos grupos máis vulnerables, nenas, nenos e mulleres.
-
CREACIÓN E POSTA EN FUNCIONAMENTO DO INSTITUTO PARA O DESENVOLVEMENTO E A INNOVACIÓN EDUCATIVA EN ARXENTINA
Reforzar o sistema educativo arxentino permitindo avanzar na mellora das súas capacidades de xestión e no reforzo do diálogo social en materia de educación social
-
PLAN DE APOIO Á FORMACIÓN PROFESIONAL DOS PESCADORES ARTESANAIS EN CENTROAMÉRICA
Promocionar unha explotación sostible dos recursos naturais que sirva como unha aportación ao desenvolvemento humano das poboacións que teñen na pesca e na acuicultura un medio de subsistencia (países de actuación: Belice, O Salvador, Costa Rica, Honduras, Nicaragua, Panamá e Guatemala)
-
FORTALECEMENTO DA LABOR EDUCATIVA DAS SIERVAS DE SAN JOSÉ
Fortalecemento da labor educativa das Siervas de San José
-
EMPODERAMENTO DAS MULLERES DE MERSA E SERINKA
Empoderar ás mulleres e buscar a igualdade de xénero como base para a erradicación da pobreza extrema.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 119
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- 127
- …
- seguinte ›
- última »