Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
DESENVOLVEMENTO URBANO EN TIRUCHY (TAMIL NADU. INDIA)
OBXECTIVOS
Mellorar as condicións de vida da poboación da cidade de Tiruchy (India) con especial fincapé na superación da discriminación de xénero. Deste xeito preténdese que ao finalizar o proxecto a poboación dos suburbios mellore o seu status socioeconómico e máis de 900 mulleres teñan acceso ao aforro e crédito
ACCIÓNS
-
PLAN DE DESENVOLVEMENTO INTEGRAL EN LOS MINA NORTE. REPÚBLICA DOMINICANA
OBXECTIVOS
Mellorar as condicións de vida das persoas dos barrios de Vietnam, La Barquita e Katanga do sector Los Mina Norte de Santo Domingo Este, na República Dominicana. Mellorar as condicións de saúde, socioeconómica e de seguridade fronte a desastres naturais, dos 10.250 habitantes dos barrios de Vietnam, La Barquita e Katanga do sector Los Mina Norte de Santo Domingo Este, con especial incidencia nas mulleres con ingresos económicos máis baixos.
ACCIÓNS
-
PARTICIPACIÓN E INCIDENCIA ENTORNO ÁS MORTES VIOLENTAS DAS MULLERES EN GUATEMALA
OBXECTIVOS
Fortalecer o papel protagónico, autónomo e colectivo das organizacións contraparte e a súa vinculación co movemento de mulleres. Deste xeito o que se pretende é que estas organizacións ao finalizar o proxecto realizaran propostas dirixidas ao Estado relacionadas co cesamento das mortes violentas de mulleres nos departamentos de Sololá, Chimaltenango e Guatemala
-
COOPERACIÓN DA UDC CON TIMOR LESTE PARA O FORTALECEMENTO E DESENVOLVEMENTO INSTITUCIONAL DA UNTL-CNIC, IMPLEMENTACIÓN DE NOVOS CURRÍCULOS ACADÉMICOS E REALIZACIÓNS DE INVESTIGACIÓNS CONXUNTAS SOBRE PROBLEMAS SOCIA
OBXECTIVOS
-
PROMOCIÓN DA SAÚDE EN COMUNIDADES DE ECONOMÍA FRÁXIL. MOZAMBIQUE
OBXECTIVOS
Promover a saúde no municipio da Matola a través da formación dos elementos máis activos da comunidade que actuarán como axentes de terreo. Construír un centro de promoción da saúde. Por en marcha unha campaña de sensibilización sobre a saúde entre a poboación e as autoridades locais e para dar a coñecer o proxecto.
ACCIÓNS
-
FORTALECEMENTO TÉCNICO E FORMATIVO PARA A CONSOLIDACIÓN DA UNIDADE DE HIDROXEOLOXÍA DO DEPARTAMENTO DE HIDRÁULICA DA R.A.S.D
OBXECTIVOS
Favorecer o coñecemento e a xestión racional dos recursos hidroxeolóxicos da área na que se asentan as persoas poboación refuxiada saharauí, para a mellora do abastecemento, tanto en parámetros de cantidade como de calidade, priorizando a formación de persoal técnico local. Fortalecemento formativo da persoal técnico saharauí e capacitación na xestión racional dos recursos hídricos. Fortalecemento tecnolóxico e equipamento técnico da Unidade de Hidroxeoloxía da R.A.S.D.
ACCIÓNS
-
FORMACIÓN E ASISTENCIA TÉCNICA PARA A AVALIACIÓN INTEGRAL DOS RESURSOS HÍDRICOS NO PROGRAMA HIDROSANITARIO DAS COMUNIDADES RURAIS DO DISTRITO DE SAME. TANZANIA
OBXECTIVOS
Diminución da mortandade infantil a través do acceso á auga potable e ao saneamento básico. Favorecer o coñecemento dos recursos hídricos da zona de actuación de cara a establecer as solucións de abastecemento e saneamento máis adecuadas, priorizando a formación do persoal técnico local. Sensibilizar á sociedade galega en xeral e á comunidade universitaria en particular, respecto do grave problema de acceso á auga potable e a saneamento básico nos países menos desenvolvidos da África subsahariana.
-
ANÁLISE DE VIABILIDADE DUN CENTRO DE REFERENCIA DE INDUSTRIAS LÁCTEAS PARA AMÉRICA LATINA. URUGUAI
OBXECTIVOS
-
PROSPECCIÓN DE NECESIDADES FORMATIVAS EN PEMES LÁCTEAS CENTROAMERICANAS. GUATEMALA
OBXECTIVOS
-
FORTALECEMENTO DAS CAPACIDADES LOCAIS PARA A XESTIÓN DO DESENVOLVEMENTO LOCAL NAS COMUNIDADES AIMARÁS DO MUNICIPIO DE QUIME, NO DEPARTAMENTO DE LA PAZ. BOLIVIA
OBXECTIVOS
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 129
- 130
- 131
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- …
- seguinte ›
- última »