Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Proxecto de fortalecemento das capacidades de incidencia política e xeración de alternativas produtivas en mulleres Maya-mam no municipio de Santa Bárbara Huehuetenango. Fase II
O propósito desta segunda fase do proxecto é similar á fase 1, centrándose na promoción da igualdade de xénero desde o empoderamento das mulleres das comunidades de La Vega e Cerro Gavilán da aldea Xaconllaj no municipio de Santa Bárbara departamento de Huehuetenango. Considérase, ademais, proporcionar ás mulleres unha seguridade adicional de medios de vida sobre todo en tempos de crise como o que ocorreu debido á pandemia da COVID-19; por medio de hortas familiares principalmente para elas e as súas fillas e fillos, pero tamén para toda a familia.
-
Loita contra a pobreza e pola soberanía alimentaria en 3 comunidades indíxenas Ch´orti´ de Jocotán, Chiquimula (Guatemala)
O proxecto, desde o enfoque de dereitos humanos e no marco do cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable ODS, enfócase prioritariamente nun dos principais dereitos conculcados a poboación indíxena Ch´orti´ da Rexión VIII do municipio de Jocotán, concretamente promóvese o dereito á alimentación (Soberanía Alimentaria) mediante a mellora da infraestructura intercomunitaria de auga de regadío, a instalación de hortas extensivas ecolóxicas, nas que producir alimentos orgánicos para autoconsumo e comercialización de excedentes, o fortalecemento do ente asociativo que ampara a 27 f
-
Jekuae avei yaguata” - Sigamos camiñando. Reforzo das capacidades de desenvolvemento agroecolóxico sustentable e de gobernanza territorial e ambiental das comunidades indíxenas de Huacareta Ingre, Muyupampa e Apiaguiaki Tüpa (Departamento de Chiquisaca, Bolivia), garantindo unha participación equitativa e activa de homes, mulleres e mozos/as nos espazos de decisión.
As familias obxecto da intervención proceden dun proceso de reasentamento en novos territorios iniciado en 1992. Unha vez que as familias abandonaron as explotacións nas que vivían en réxime de semiescravitude, enfrontáronse ao gran reto de desenvolver os seus propios sistemas produtivos. as novas condicións sociais e económicas do territorio e organízanse, mantendo e preservando as súas tradicións culturais.
-
Empoderamento económico, social e político de mulleres guaraníes da Autonomía Indíxena Charagua Iyambaé (Bolivia)
O proxecto contribuirá a que mulleres guaranís da Autonomía Indíxena Charagua Iyambaé en Bolivia, exerzan os seus dereitos de maneira efectiva en canto ao económico, político e social, sendo estas resilientes ante unha crise acentuada pola COVID-19. Para o logro do obxectivo, plantéxase a xeración de oportunidades a 300 mulleres guaranís a través da formación técnica, acompañamento na posta en marcha de emprendementos e promoción de dereitos sociais básicos.
-
Mellora da sostenibilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres nos municipios de Amapala, Alianza, San Lorenzo e Marcovia, Honduras. Fase 1.
O programa enfócase na sostenibilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres. Pódese considerar polo tanto en si mesmo coma unha acción afirmativa de xénero.
-
Mellora da Xestión Comunitaria da auga no sur de Honduras. Fase 1.
O proxecto foi deseñado como Fase 1 dun Programa de fortalecemento da Xestión Comunitaria da Auga no sur de Honduras. A experiencia de ESF Galicia con Ahjasa nesta compoñente, deixou unhas aprendizaxes e metodoloxías que permiten a réplica e ampliación orientando un programa específico en materia de xestión comunitaria. Estímase que mais do 70% das inversións en sistemas de auga débense a unha reposición, ampliación ou mellora de sistemas de auga xa construídos, e que por un proceso de abandono, fóronse deteriorando ata o punto de ser non funcionais.
-
Garantir condicións para a superación da fenda educativa provocada pola pandemia COVID 19 en comunidades indíxenas de Totonicapán
Co proxecto espérase que 11 comunidades educativas indíxenas de Totonicapán poidan exercer o seu dereito a unha educación de calidade, xerando as condicións para a superación da fenda educativa xerada polas restriccións á educación presencial no marco da pandemia pola Covid 19
-
Alianzas acuícolas entre o sector cooperativo, para o crecemento económico e a redución de impactos ambientais en zonas de áreas protexidas de Chinandega
Este proxecto traballará con 12 cooperativas do sector pesqueiro e acuícola situadas en 2 municipios do departamento de Chinandega (El Viejo y Somotillo), como parte das accións de fortalecemento do sector pesqueiro e acuícola que Amigos da Terra e Fundación LIDER están desenvolvendo tanto nos sectores de intervención, como no territorio en xestión, no contexto das crises a nivel sanitario (provocada pola Covid-19), sociopolítica e económica.
-
Promovido o acceso ao dereito á vivenda e o saneamento básico para as 57 mulleres e un home con discapacidade e as súas familias de colectivos desfavorecidos da comunidade rural Kothapalli, do distrito de Anantapur, India, mellorando a súa seguridade, a saúde comunitaria, o medio ambiente e a autoorganización da comunidade.
O proxecto pretende crear un asentamento humano inclusivo, digno e seguro na aldea rural de Kothapalli, distrito de Anantapur, para familias pertencentes ás castas máis desfavorecidas da India. Para iso proponse a construción de 58 vivendas adaptadas ás demandas da Covid-19, facendo efectivos os dereitos de acceso a vivenda e saneamento de 57 mulleres, 1 home con discapacidade e os seus familiares.
-
Contribuíndo á sustentabilidade para a recuperación dos medios de vida coas comunidades locais da provincia de Maputo no marco da COVID-19, a través do fortalecemento da cadea de valor dos produtos hidrolóxicos desde unha óptica de xénero
O proxecto ten como obxectivo contribuír á sustentabilidade dos medios de vida das comunidades locais da provincia de Maputo, mitigando as consecuencias do Estado de Emerxencia de Saúde Pública provocada pola COVID-19, con especial atención a mozos/as e mulleres, a través do incremento dos ingresos e o consumo de alimentos de alto valor nutricional na poboación dos Distritos de Namaacha y Bonae.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »