Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Atención médica de emerxencia ás persoas feridas pola violencia na Franxa de Gaza
A proposta busca contribuír a mellorar a protección das persoas lesionadas e/ou con discapacidade en situación de crise humanitaria de longa duración na Gobernación Norte da Franxa de Gaza; situación agravada debido á emerxencia sanitaria xerada pola COVID-19 e as consecuencias das escaladas de violencia da Gran Marcha do Retorno (2018) e a operación militar “Garda dos Muros” (2021), que deixou máis de 2.210 persoas feridas.
-
Resposta ante emerxencia provocada por secas recorrentes e Pandemia COVID 19 en seis comunidades do municipio de San Marcos de Colón, Choluteca, Honduras.
Este proxecto desenvolverase en 6 comunidades do Municipio de San Marcos de Colón para responder á situación de crise xerada pola conxunción dos efectos da seca, a crise sanitaria xerada pola COVID 19 e o impacto de dous furacáns, ETA e IOTA.
-
Asistencia e protección da poboación migrante e refuxiada no norte de Marrocos (Tánxer e Nador)
Este proxecto, executado baixo supervisión da Fundación Entreculturas polos equipos da Delegación Diocesana de Migracións (DDM), responde á problemática da precaria situación dos colectivos migrantes procedentes de África Subsahariana no Norte de Marrocos.
-
Mellora no acceso e a calidade dos servizos básicos de saúde da poboación afectada pola crise humanitaria no distrito de Montepuez, Cabo Delgado
Esta intervención propón dar resposta á situación de déficit nas infraestruturas e a cobertura sanitarias no distrito de Montepuez, derivada tanto das características demográficas e socioeconómicas propias da poboación moza, con altas taxas de natalidade e altos índices de pobreza- como aos máis recentes efectos de catástrofes naturais e do conflito armado iniciado en 2017 no país, en forma de desprazamentos internos masivos cara a zona, que teñen xerado unha presión sobre o sistema de saúde aínda maior e dificilmente xestionable dadas as circunstancias.
-
Atención integral á poboación refuxiada en asentamentos informais en Nairobi segundo as necesidades específicas de xénero/idade no contexto dunha emerxencia de saúde pública e naturalización da violencia de xénero, Kenia
Este proxecto busca responder á crise humanitaria de longa duración en Kenia, derivada da recepción masiva de desprazamentos forzados dende países veciños – coa conseguinte presión demográfica e inestabilidade social- así como dos graves problemas de inseguridade alimentaria e fame presentes no país, froito dos efectos do cambio climático.
-
Fortalecer a atención e protección integral a persoas LGTBI+ en situación de vulnerabilidade por violencia, desprazamento forzado e procesos de mobilidade humana no Salvador
Esta intervención, levada a cabo por ACPP e a súa contraparte Comcavis Trans, aborda a crise humanitaria que vive a poboación LGTBI+ no Salvador, tanto autóctona como estranxeira desprazada (en tránsito ou destino), en forma de violación sistemática dos seus Dereitos Humanos e exclusión social por motivos de orientación sexual, identidade e expresións de xénero, instigada pola pandemia do COVID-19. Partindo dun enfoque coordinado coas accións das axencias da ONU e coas prioridades do Plan de Resposta Humanitaria no Salvador 2021 da OCHA, a intervención proponse fortalecer a protección da p
-
Comunidades rurais e bateyanas facendo veeduría e incidencia para a prevención do matrimonio infantil e unións temperás, desde o enfoque de interseccionalidade, en 3 municipios das provincias de Santo Domingo e San Cristóbal
O proxecto busca promover o cumprimento do dereito a unha vida libre de violencia para as nenas e as mulleres, de maneira específica impulsando a prevención dos matrimonios infantís e unións temperás. Para isto, este proxecto é parte dunha estratexia máis ampla a medio prazo composta por 3 alternativas estratéxicas chamada ``estratexia comunitaria de prevención dos MIUT´´ enfocada a incidir na prevención de MIUT no ámbito comunitario na República Dominicana, específicamente en 3 bateyes da provincia de Santo Domingo e en 3 comunidades de rurais da provincia de San Cristóbal.
-
Fortalecer os mecanismos de participación cidadá e acceso a servizos públicos de saúde sexual e reprodutiva de calidade no contexto da COVID 19, nos municipios de Jiquilisco e Usulután, El Salvador. Fase III.
Terceira fase do proxecto Fortalecer os mecanismos de participación cidadá e acceso a servizos públicos de calidade, especialmente da saúde sexual e reprodutiva, no municipio de Jiquilisco, Bajo Lempa, El Salvador, que busca consolidar as capacidades de articulación e incidencia comunitaria para o disfrute do dereito humano á saúde, incidindo e fortalecendo os mecanismos de participación cidadá para a mellora do acceso e control a uns servizos públicos de saúde, especialmente de saúde sexual e reprodutiva de calidade nos municipios de Jiquilisco e Usulután, Departamento de El Salvado
-
Incrementadas as capacidades dos titulares de dereitos, responsabilidades e obrigas do distrito municipal de Santiago Oeste para exercer os seus dereitos fundamentais en educación, saúde e participación política cun enfoque integral de xénero, asociada a IDI República Dominicana, fase IV
Con este proxecto dáse continuidade ás accións no eido educativo e a través da capacitación para unha maior incidencia da poboación, organizacións sociais e institucións públicas, que desenvolveu o mesmo consorcio de entidades en fases anteriores, ampliando o marco de intervención ao Distrito Municipal Santiago Oeste na República Dominicana baseándose na interconexión das problemáticas, agravadas polo impacto da pandemia da COVID 19, así como tendo en conta a replicabilidade do proxecto a nivel distrital, o cal incidirá positivamente no desenvolvemento e mellora da calidade de vida da poboa
-
Familias campesiñas resilientes impulsando un modelo de desenvolvemento integral sustentable, adaptado ao cambio climático e con equidade de xénero
O proxecto, de 16 meses de duración e impulsado por MPDL e a súa socia local nicaragüense ADDAC, busca promover un modelo de desenvolvemento económico sustentable de base agroecolóxica para 200 familias campesiñas de 8 comunidades do municipio de Tuma-La Dalia no Norte de Nicaragua (Departamento de Matagalpa), apoiando en particular o empoderamento socioeconómico de mulleres e mozos/as.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »