Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Reducir a exposición climática e fortalecer as organizacións comunitarias mediante a promoción da habitabilidade, sustentabilidade e resiliencia de 10 comunidades da cañada do Marañón, no municipio de Santo Domingo Norte, República Dominicana
Este proxecto xorde da colaboración entre a Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e Ciudad Alternativa (CA), e está centrado en mellorar a habitabilidade e conservación ambiental nos barrios da cañada de Marañón, Santo Domingo Norte, desde unha mirada multidimensional de mellora das condicións materiais de vida e de creación de contornas saudables, seguros e sostibles. Desde 2021, ambas as organizacións traballaron en reducir riscos de desastres e adaptar medidas ante o cambio climático na zona.
-
Promoción da soberanía alimentaria, a igualdade de xénero e os dereitos humanos na rexión este de Guinea Bissau
O presente proxecto ten como obxectivo promover a soberanía alimentaria, a igualdade de xénero e os dereitos humanos na rexión este de Guinea Bissau, nun contexto con altos niveis de desigualdade de xénero, altas taxas de matrimonio infantil e unha das zonas máis afectadas polo fenómeno dos nenos talibés. A proposta dará continuidade a algunhas das actividades do proxecto “Mellora da oferta educativa e promoción da participación cidadá e dos dereitos da infancia na zona fronteiriza do NE de Guinea Bissau” financiado pola Xunta de Galicia.
-
Fortalecidas as capacidades e ferramentas das mulleres dominicanas organizadas para incidir social e politicamente para previr a violencia sexual. Fase II
Este proxecto é unha continuación das accións que veu realizando AGARESO en República Dominicana en abordar a problemática de violencia sexual contra as nenas e mulleres neste país. Esta proposta baséase principalmente na incidencia política e social impulsada desde as propias estruturas de mulleres organizadas, centrándose en catro ámbitos: o educativo, o comunitario, o político e o mediático.
-
Mulleres guaraní transformadoras de cambio social, económico e político na Autonomía Indíxena Charagua Iyambae - Bolivia
Este proxecto supón a proposta de continuidade á fase-1 de proxecto “Empoderamento económico, social e político de mulleres guaraní da Autonomía Indíxena Charagua Iyambae”, implementado entre setembro de 2022 e decembro de 2023. Nesta II fase pretende aumentar a resiliencia e empoderamento das mulleres guaraní na Autonomía Indíxena Charagua Iyambae, Bolivia, mediante o exercicio efectivo dos seus dereitos económicos, políticos e sociais.
-
Mellorada a saúde e hixiene das 4 comunidades aimaras da subcentral Choritotora do municipio de Calamarca, a través do acceso á auga potable polo fortalecemento das organizacións de mulleres Bartolinas e dos Comités de Auga, Bolivia
O proxecto busca elevar sosteniblemente a cultura sanitaria da poboación das 4 comunidades da subcentral agraria Choritotora, diminuíndo a incidencia de enfermidades por medio da implementación de 2 sistemas de auga potable con conexións domiciliarias para 84 familias, a reposición de 1 sistema de auga potable para 32 familias e 6 conexións públicas. O proxecto coordínase coas autoridades da organización de mulleres indíxenas orixinarias Bartolina Sisa de cada comunidade e a coa Posta de saúde.
-
Fortalecemento da participación política e pública das mulleres no exercicio dos seus dereitos para unha vida libre de violencia de xénero na rexión de Junín, Perú.
O presente proxecto ten como obxectivo xeral contribuír á redución da tolerancia social á vulneración dos dereitos das mulleres en contexto de PostCOVID-19 nos ámbitos da serra e selva da Rexión Junín en Perú. Para iso, busca fortalecer a participación cidadá de mulleres líderes, mulleres autoridades e adolescentes para o exercicio dos dereitos da muller e en especial ao seu dereito a unha vida sen violencia na escola e comunidade en dúas provincias da rexión de Junín, Huancayo e Chanchamayo.
-
Mellorado o acceso e información aos recursos de atención e asistencia técnica legal de mulleres, nenas e adolescentes vítimas de violencia de xénero no departamento de Cochabamba, Fase II
O presente proxecto é a segunda fase, de tres previstas, que pretenden mellorar o acceso e información aos recursos de atención e asistencia técnica legal de mulleres, nenas e adolescentes vítimas de violencia de xénero no Departamento de Cochabamba de Bolivia. Aínda que o proxecto terá un impacto no departamento, as accións deseñáronse para os municipios da rexión do Valle Central de Cochabamba, concretamente nos municipios de Cochabamba, Sacaba, Quillacollo e Tiquipaya.
-
Mellora da sustentabilidade na xestión do recurso hídrico fronte ao cambio climático e ás secas en Mozambique. Fase II. GERHARA II.
Este proxecto está concibido como un proxecto máis amplo de 3 fases que terá como fin mellorar a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sostible en Mozambique. O proxecto ten en conta aos titulares de obrigacións, tendo como socio local á ARASul, responsable da xestión do recurso hídrico na zona de intervención, e aos titulares de responsabilidades, tendo como socio local á asociación de campesiños UNAC, a máis importante do país e con gran presencia local na zona de estudo.
-
Fomentar a rastrexabilidade e a comercialización da cadea de valor dos produtos hidrobiolóxicos da Baía de Sechura para promover medios de vida sustentables, apoiando o enfoque de xénero e a gobernanza, Perú
A intervención deste proxecto, levado a cabo pola Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixe (ANFACO-CECOPESCA), contribuirá ao fortalecemento da rastrexabilidade e á implementación de métodos de procesado e conservación de produtos hidrobiolóxicos.
-
Produción sustentable para a Igualdade de xénero e o empoderamento socioeconómico das familias rurais en Centinela do Cóndor, Ecuador.
O presente proxecto executarase no cantón Centinela do Cóndor, provincia de Zamora Chinchipe. O mesmo ten como finalidade contribuír á igualdade de xénero e ao empoderamento económico de mulleres rurais, para a eliminación da feminización da pobreza e a violencia de xénero; entendendo a pobreza dunha forma multidimensional e vinculada á discriminación e a desigualdade que viven determinados grupos sociais, como son as mulleres, rurais e indíxenas, parte importante da poboación meta do proxecto.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »