Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Adquisición de competencias laborais adecuadas ao mercado de traballo de Lima Metropolitana de 233 mozos e mozas de zonas urbano marxinais de Lima
O proxecto pretende contribuír á inserción laboral de mozas e mozos de escasos recursos. O obxectivo específico que se espera lograr é que 224 mozos e mozas (37 homes e 187 mulleres) procedentes de barrios urbano marxinais de Lima Metropolitana, adquiran competencias laborais adecuadas ao mercado de traballo local, formándose nos Institutos Superiores Tecnolóxicos (IST) Fe e Alegría.
-
Fortalecemento das pequenas economías indíxenas e campesiñas das Organizacións de Mulleres da OMICSE, dende a perspectiva da soberanía alimentaria e dos dereitos colectivos
Patria Nueva é un val distribuído en 90 terreos que se atopa nun proceso inicial de potenciamento dos seus recursos produtivos. A través das xestións da comunidade e da OMICSE logrouse construír o sistema de rego. Coa mellora das condicións básicas e do acceso á auga de rego quérese incrementar a produción, reducir a terra non cultivada, incorporar outros cultivos e xeneralizar as cortinas rompe ventos en cada un dos terreos, xerando mellores condicións para a crianza de animais, dende un enfoque de soberanía alimentaria, produción agroecolóxica e equidade de xénero.
-
Mellora das condicións hixiénico sanitarias, de saneamento e ambientais de 489 familias (2.445 persoas aproximadamente) no sector de Santa Lucía, barrio Cienfuegos, Santiago de los Caballeros, provincia de Santiago, República Dominicana Fase II
O proxecto é a segunda (de tres fases) do proxecto “Mellora das condicións hixiénico sanitarias, de saneamento e ambientais de 489 familias (2.445 persoas aproximadamente) no sector de Santa Lucía, barrio Cienfuegos, Santiago dos Cabaleiros, provincia de Santiago, República Dominicana Fase I”, financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE na súa convocatoria de proxectos do ano 2011, sendo unha das accións identificadas dentro do Programa Integral de Mellora do Barrio de Santa Lucía, dentro do eixo de Habitabilidade, auga e saneamento.
-
Promovida unha educación de calidade para a comunidade educativa de Chinautla, desde os enfoques de xénero, dereitos humanos e interculturalidade
O proxecto pretende dar resposta á vulneración do dereito á educación que está afectando a toda a comunidade educativa de Chinautla, un distrito de Cidade de Guatemala con altos índices de pobreza e extrema pobreza. Os principais problemas educativos presentes na zona de intervención son: o alto índice de fracaso escolar; a exclusión do sistema educativo dunha importante porcentaxe da poboación, principalmente infantil e xuvenil; e a escasa calidade da educación das escolas públicas da zona.
-
Diversificación da actividade acuícola con boas prácticas sostibles de transformación primaria, para pescadores e as súas familias do litoral de Sechura. Perú
O presente proxecto aposta por contribuír á inclusión socio-económica dos pescadores mariscadores e as súas familias, en cinco caletas do litoral de Sechura a través da potenciación da actividade acuícola.
-
Mellorando a vida das microempresarias do sector popular de Lima Este, Perú
O presente proxecto ten como finalidade específica conseguir que 240 mulleres da zona leste da cidade de Lima, socias dun programa de microcréditos, desenvolvan capacidades no plano económico e participativo co fin de que obteñan un impacto positivo na mellora das súas condicións de vida.
-
Acceso á auga potable, instalacións de saneamento e promoción da hixiene en cinco escolas de Catio, na rexión de Tombali. Guinea Bissau
Mediante este proxecto dotarase a cinco escolas do sector de Catio, na rexión de Tombali, ao Sur de Guinea Bissau, de fontes de auga potable segura, instalacións de saneamento separadas para nenos e nenas, e promoverase a adopción de prácticas de hixiene seguras, como o lavado de mans.
-
Fortalecemento da investigación e formación académica en Cabo Verde para favorecer un desenvolvemento mariño sostible
A investigación e a formación académica aplicada favorecen a definición e o impulso de estratexias sostibles para o desenvolvemento sectorial. Cabo Verde conta con institucións académicas e de investigación que recollen o sector mariño como prioritario e que se atopan en diferentes fases do proceso de definición e aplicación de estratexias específicas dirixidas a contribuír ao desenvolvemento sostible do sector.
-
Ecuador, territorio Intelixente: consolidación de Innovación, Desenvolvemento, Investigación e Transferencia (I+D+i+T) en Ordenación do Territorio e Tecnoloxías da información xeospacial (Ecuador)
De xeito xeral, o presente proxecto proponse contribuír ao desenvolvemento do Sistema de Educación Superior do Ecuador mediante a mellora da calidade da Innovación, o Desenvolvemento, a Investigación e a Transferencia (I+D+i+T) en Ordenación do Territorio e Tecnoloxías da información Xeospacial.
-
Formación laboral como medio para a formación integral de adolescentes traballadores/as de Piura
Este proxecto pretende impulsar a formación integral de cen adolescentes do Departamento de Piura, ofrecéndolles un complemento formativo cuxo atractivo é a formación técnica laboral orientada ao afianzamento de habilidades laborais de cara ao desenvolvemento dun oficio. Esta formación permitiralles mellorar as súas condicións de vida e chegar a ser persoas que exerzan unha cidadanía activa que lles ofreza a oportunidade de protagonizar o seu propio desenvolvemento.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- …
- seguinte ›
- última »