Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
O que a túa neveira agacha: axentes multiplicadores cambian as súas pautas de consumo e as difunden contribuíndo á consecución dunha xustiza alimentaria global
O proxecto ten como obxectivo específico lograr que axentes multiplicadores adopten e promovan cambios nas súas pautas de consumo individuais e colectivas, contribuíndo así á construción dun movemento cidadán en aras dunha maior xustiza alimentaria a nivel global.
-
Vaia tea!
A través do presente proxecto, Solidariedade Internacional de Galicia dá continuidade ao resultado doutros dous levados a cabo pola entidade: Comercio con Sentido, comezado en 2006 e Non te Consumas, comezado en 2009. Vaia tea!
-
Cooperación galega; o mundo que queremos 2013
O presente proxecto conta con dúas características diferenciais que condicionan cada unha das fases e elementos que o compoñen. Dunha banda, o feito de ir destinado a incorporarse no Plan Proxecta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e doutra o feito de aspirar a ser un proxecto colectivo e participado polo maior número posible de entidades galegas con experiencia no eido da EpD e do que ata o momento da formulación se teñen sumado 15. Ambos feitos inciden directamente no obxecto, contidos e metodoloxía do mesmo.
-
Investigando na educación para o desenvolvemento: un estudio de caso sobre a implementación do proxecto
Este proxecto pretende facer unha reflexión rigorosa sobre as prácticas xeradas e a experiencia socioeducativa da implementación do proxecto de EpD “O tesouro de Acahualinca”, a través da realización dunha investigación centrada nunha análise comparativa de carácter descritiva dos proxectos de EpD e na realización dun estudo de caso sobre o citado proxecto, para xerar coñecemento que permita mellorar a práctica.
-
Investigación e sensibilización sobre a problemática da actividade acuícola insustentable e promoción de alternativas artesanais baseadas na economía social: pontes entre Golfo de Fonseca (Centroamérica
Investigación e sensibilización sobre a problemática da actividade acuícola insustentable e promoción de alternativas artesanais baseadas na economía social: pontes entre Golfo de Fonseca (Centroamérica) e Galicia
-
Proxecto de difusión do concepto de tecnoloxía para o desenvolvemento humano mediante a sensibilización e a educación formal na comunidade educativa de base tecnolóxica e na sociedade galega en xeral 2013-2014
Este proxecto ten como obxectivo a difusión da concepción do acceso aos servizos básicos como dereito humano e a introdución do concepto da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano coma unha ferramenta necesaria para conseguir un mundo máis xusto e solidario. Estas liñas de acción trabállanse a través da Educación para o Desenvolvemento nas súas dimensións de Educación – Formación e Sensibilización, Investigación e Incidencia.
-
ODM 3 e 8 ´´Non hai xustiza sen igualdade´´ e ´´Un novo mundo, un proxecto común´´
Descrición: O proxecto, continuación doutros anteriores, púxose en marcha nun momento de vital importancia dado que faltan só dous anos para chegar ao prazo comprometido para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e resulta urxente e necesario que o debate sobre estes obxectivos estea máis presente na opinión pública.
-
Proxecto de formación e sensibilización sobre a feminización da pobreza no sector téxtil e alternativas para un consumo responsable de roupa. 2ª fase
Amarante-Setem impulsou este proxecto, como segunda fase dun anterior, co obxectivo de que as persoas consumidoras tomen conciencia da situación de pobreza e da violación dos dereitos humanos do persoal laboral da industria global da confección, que son principalmente mulleres. Neste sentido, o proxecto apoia e difunde as campañas que se realizan a nivel estatal e internacional para aumentar o impacto e incidencia das mesmas nos distintos actores sociais. Nesta fase crearase ademais un espazo web para dar a coñecer alternativas de consumo de roupa en Galicia.
-
Cidadanía global, educación e dereitos humanos: participación para o cambio social por parte da mocidade e do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade no curso 2013-2014
Con este proxecto, Entreculturas dá continuidade ao seu apoio e acompañamento á comunidade educativa galega no labor de promover unha cidadanía global e unha cultura da solidariedade. En concreto, o obxectivo da proposta consistiu en fomentar, entre a mocidade e o profesorado de Galicia, a valoración positiva e o compromiso cidadán cara ao ben común e o desenvolvemento de actitudes, habilidades e experiencias de participación cidadá dende a perspectiva da educación e os dereitos humanos.
-
Crear unha rede galega de participación cidadá para dar pulo á transformación social baseada na Ética do Coidado con enfoque DDHH e de Xénero (Rede cidadá con ética do coidado)
O presente proxecto, nace co obxectivo de xerar un novo modelo de desenvolvemento e transformación social baseado na ética do coidado con enfoque de xénero e a relación que ésta ten coa construción da paz, a sostibilidade ambiental, a inclusión social e o pleno goce dos dereitos humanos de todas as persoas. Para facelo trabállanse tres eixos fundamentais:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- …
- seguinte ›
- última »