Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Proxecto de abastecemento e saneamento na comunidade de San José de Las Conchas no municipio de Marcovia en Honduras
O proxecto “Proxecto de abastecemento e saneamento na comunidade de San José de las Conchas, no municipio de Marcovia en Honduras” ten a súa orixe no Programa “Redución da vulnerabilidade en áreas empobrecidas, a través do acceso á auga potable, o saneamento e a xestión sostible dos recursos hídricos e do territorio con enfoque de cunca hidrográfica en El Salvador, Honduras e Nicaragua 2008-2012”, que se está a desenvolver na zona co apoio de, entre outros, a AECID e a Xunta de Galicia.
-
Mellora das capacidades en RRD (Redución do Risco ante Desastres) das comunidades de Honduras en Guayacanes; Barrios Blanco, San Antón y Pedro Justo Carrión en San Pedro de Macorís, provincia de San Pedro de Macorís, República Dominicana
A localización da República Dominicana sitúa ao país nunha posición de importante risco fronte a frecuentes fenómenos atmosféricos como furacáns, tormentas tropicais e valgadas. Isto supón unha ameaza constante para a poboación dominicana, sendo os grupos de poboación máis vulnerables aqueles colectivos máis empobrecidos, xa que habitan en zonas de risco de inundacións e derrubes que provocan unha situación de ameaza constante cara ás súas propiedades e integridade física.
-
Favorecer a xeración de espazos e ferramentas para a formación, sensibilización e articulación de redes para a mobilización social arredor da defensa dos dereitos humanos das mulleres no norte e no sur
A presente proposta pretende fortalecer as capacidades de diversos actores da sociedade galega para profundar no coñecemento e na defensa dos dereitos humanos das mulleres desde un enfoque de xénero e de dereitos. Para conseguir este obxectivo se presenta unha dobre vía de traballo. Por unha banda, traballarase a potenciación dos coñecementos e a sensibilización sobre os dereitos humanos das mulleres arredor dos eixos do dereito a unha vida libre de violencia (feminicidio e outras expresións das violencias de xénero), dereitos económicos e dereitos sexuais e reprodutivos.
-
Fortalecemento da área de formación e voluntariado da Fundación Entreculturas en Galicia 2012-2014
Este proxecto ten como obxectivo e liña principal de acción promover o fortalecemento da área de formación e voluntariado e planificación estratéxica da Fundación Entreculturas en Galicia. O marco institucional de Entreculturas en Galicia vén definido polo Plan Estratéxico Galicia 2008-2012 e polo Plan de Mellora da área de formación e voluntariado 2012-2014. Para acadar a realización nos próximos tres anos deste marco institucional no eido da formación e voluntariado e planificación estratéxica, faise preciso fortalecer institucionalmente ás delegacións de Entreculturas en Galicia.
-
Proxecto de fortalecemento da lexitimidade social de ESF Galicia: transparencia, comunicación e base social 2012
O proxecto pretende contribuír ao fortalecemento de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia) nas áreas que se consideran prioritarias actualmente para a organización así como á mellora do sector da cooperación ao desenvolvemento en Galicia. Este aborda tres liñas principais que son a transparencia e bo goberno de ESF Galicia, a mellora da comunicación externa da asociación e o fortalecemento e ampliación da súa base social.
-
Dotación de novas infraestruturas educativas necesarias na área rural de Bellavista, Loja, Ecuador, para facilitar o acceso á educación básica e potenciar a atención educativa da poboación en idade escolar da zona obxectivo
O proxecto pretende dar solución a un importante problema educativo que sofre a poboación en idade escolar da parroquia de Bellavista, cantón de Espíndola, provincia de Loja, Ecuador.
-
Fortalecer a estrutura interna da organización e da liña estratéxica do comercio xusto como paso ao fortalecemento da solidariedade galega
O proxecto pretende contribuír á sustentabilidade de Amarante no relativo á súa base asociativa e financeira como ferramentas de expansión do compromiso da sociedade galega co desenvolvemento sostible e a loita contra os desequilibrios das sociedades actuais.
-
Fortalecemento da capacidade financeira de Taller de Solidaridad en Galicia
O presente proxecto aborda a mellora da capacidade financeira da Fundación Taller de Solidaridad en Galicia, reducindo a dependencia da organización dos fondos públicos e tratando de diversificar as fontes de ingreso privadas de xeito que ningún dos aportes privados á mesma represente máis do 30% dos seus recursos.
-
Proxecto de formación e sensibilización sobre a feminización da pobreza no sector téxtil e alternativas para un consumo responsable de roupa
O obxectivo específico do proxecto busca aumentar a concienciación e a solidariedade das persoas consumidoras, principalmente da mocidade universitaria, sobre as condicións de vida e de traballo das persoas que confeccionan a roupa que vestimos, principalmente mulleres, e apoiar e difundir as campañas que se realizan a nivel estatal e internacional para aumentar o impacto e incidencia nos distintos actores sociais.
-
Elaborar o plan estratéxico, fortalecer a área de comunicación e incidencia social e dinamizar a base asociativa da Asociación por un Comercio Xusto e Solidario Panxea
Este proxecto responde ás prioridades identificadas polas persoas socias de Panxea nunha tentativa de trazar participativamente a folla de ruta pola que se rexerá a organización nos próximos anos e que, en termos xerais, oriéntase a incidir na pretensión dunhas relacións comerciais máis xustas que respecten e promovan a relación directa entre persoas produtoras e persoas consumidoras.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- …
- seguinte ›
- última »