Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Cidadanía global e Dereitos Humanos: participación para o cambio social por parte da mocidade e do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade no curso 2012-2013
Con este proxecto, Entreculturas quere dar continuidade ao seu apoio e acompañamento á comunidade educativa galega no labor de promover unha cidadanía global e unha cultura da solidariedade que permita a transformación das realidades de inxustiza e exclusión a nivel global e local. Este apoio realízase a partir das liñas de acción establecidas na área de educación para o desenvolvemento da entidade dos últimos anos, integradas, ademais, na proposta de Redes Solidarias Educativas de Entreculturas.
-
Parcería para o apoio técnico á consolidación da administración rexional de augas do norte (Ara Norte). Mozambique
A presente proposta pretende mellorar de xeito medible ata o ano 2014 a realización das atribucións e competencias do ARA Norte, establecidas no seu estatuto orgánico, para o cumprimento do seu obxectivo de protección, desenvolvemento e xestión integrada e participativa dos recursos hídricos. Así, as áreas seleccionadas de actuación se concentran no monitorio deses recursos hídricos; a avaliación das infraestruturas hidráulicas; e na xestión ambiental, planificación e control do dominio público hídrico, liderando a participación e involucramento dos actores de interese.
-
Fortalecemento institucional e comunitario no marco do programa Oxlajujtz´ikin. Fase IV
O proxecto representa a derradeira fase do programa Oxlajuj Tz’ikin no ámbito do fortalecemento das capacidades técnicas, administrativas, financeiras e políticas dos gobernos municipais e das organizacións comunitarias de Retalhuleu e Champerico. Preténdese que ao finalizar a execución, os gobernos municipais consoliden a súa capacidade financiera para o que se traballará fundamentalmente no ordenamento territorial. Respecto ás estruturas comunitarias, afóndase na súa participación e incidencia para o desenvolvemento integral e a equidade de xénero dende a cosmovisión maia.
-
Mellora das capacidades produtivas para a soberanía alimentaria e para o impulso de iniciativas produtivas comunitarias na costa sur de Guatemala. Departamento de Retalhuleu. Fase III
Coa presente proposta preténdense consolidar os procesos iniciados nos períodos correspondentes do 2009 ao 2011 co proxecto "Mellora das capacidades produtivas para a soberanía alimentaria e para o impulso de iniciativas produtivas comunitarias na Costa Sur", financiado pola Xunta de Galicia mediante convenio de colaboración asinado en setembro de 2009, e o convenio asinado o 27 de abril 2011 no marco do Programa de Desenvolvemento Integral Oxlajuj Tziquin, Champerico, Retalhuleu, Guatemala.
-
Proxecto para a mellora da atención primaria en saúde e o acceso e uso apropiado de medicamentos esenciais en 17 comunidades rurais dos municipios de Retalhuleu e Champerico na costa Sur de Guatemala, Fase IV
O presente proxecto ten como obxecto a "Mellora da atención primaria en saúde e o acceso e uso apropiado de medicamentos esenciais en 17 comunidades rurais dos municipios de Retalhuleu e Champerico na costa Sur de Guatemala", xerando as capacidades e recursos suficientes para garantir o acceso adecuado aos servizos de atención primaria en saúde e medicamentos esenciais na zona de intervención.
-
Proxecto de saneamento ambiental en Champerico, Departamento de Retalhuleu. Guatemala. Fase III
O principal obxectivo do Proxecto Integral de Saneamento Básico (Convenio III) é contribuír a que catro comunidades do municipio de Champerico accedan a condicións de vida digna a través da mellora da infraestrutura hixiénico-sanitaria sustentada na promoción da equidad, o respecto aos dereitos humanos, á identidade étnica e á diversidade cultural e a protección do medio ambiente.
-
Mellora das condicións de habitabilidade básica no marco do programa Oxlajuj Tz´ikin. Departamento de Retalhuleu - Guatemala. Fase IV
O proxecto, que dá continuidade ao traballo iniciado en 2008, ten como obxectivo mellorar as condicións de habitabilidade básica das familias que se atopan en situación de maior pobreza e vulnerabilidade das Comunidades do Departamento de Retalhuleu a través da construción e mellora de vivendas, capacitación en técnicas construtivas e impulso dunha actividade produtiva de fabricación de materiais de construción.
-
Fondo Galego: 15 anos administrando a solidariedade desde o local
O convenio "15 anos administrando a solidariedade desde o local", quere servir de título ao plan de actividades de sensibilización social do Fondo Galego durante o ano 2012. Neste ano, no que o Fondo cumprirá tres lustros de vida institucional, o obxectivo principal seguirá a ser o de fortalecer a solidariedade municipalista galega. As actividades que se engloban no Plan, son continuadoras do traballo desenvolto no 2010 e 2011, e se centrarán na realización de exposicións, charlas, videofórums, espectáculos de contacontos, ou coa participación no concurso fotográfico: Imaxes con Fondo.
-
Fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD no ano 2012
O convenio ten como obxectivo contribuír a mellorar o sistema galego de cooperación ao desenvolvemento, en especial o sector das ONGD, a través do fortalecemento institucional da Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD), que agrupa en 2012 a 48 ONGD galegas.
-
Reforzo das capacidades técnicas de formación en acuicultura técnica a pequena escala en Mozambique
En Mozambique, o sector da pesca contribúe, segundo datos do 2005, á xeración do 2% do PIB. Trátase dun sector que proporciona emprego directo a máis de 130.000 persoas; actualmente, o sub-sector da acuicultura en Mozambique está representado por unha industria de produción de camarón mariño que produce unha media de 1000 toneladas anuais. A adopción da Acuicultura como actividade produtiva por parte das comunidades rurais é fundamental para mellorar as condicións de vida destas e asegurar a súa seguridade alimentaria.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- …
- seguinte ›
- última »