Proxectos

Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.

Buscar proxectos en

  • C-02-11 Mellora das condicións de habitabilidade básica no marco do programa OXLAJUJ TZ´IKIN. Fase III.

    O proxecto de "Mellora das condicións de habitabilidade básica" exposto para 2011 dará continuidade ao traballo que se realizou desde o ano 2008. O obxectivo durante o proceso foron o de mellorar as condicións de habitabilidade das familias que se atopan en condicións de extrema pobreza e maior vulnerabilidade e o de fortalecer os mecanismos das propias comunidades para dar resposta aos seus déficits en relación coa habitabilidade básica.
    Co fin de avanzar na consecución destes obxectivos estívose traballando nas seguintes liñas:

  • Achegar o papel da muller dominicana como axente de desenvolvemento e mellorar o coñecemento da realidade deste país entre a sociedade galega

     “Mulleres en Movemento” preséntase como unha campaña de sensibilización que ten como finalidade achegar a toda a cidadanía galega o papel da muller dominicana como axente de Desenvolvemento así como acercar a realidade deste país caribeño e o traballo que ACPP co apoio da Xunta de Galicia realiza dende o ano 2001.

    Está destinado a todas aquelas persoas interesadas neste tema, pero especialmente ás mulleres galegas e a xuventude como futuras/os axentes de sensibilización en materia de xénero e desenvolvemento.

  • Tecendo historias de muller

    "Tecendo historias de muller" pretende continuar co proceso de sensibilización sobre equidade de xénero que SIG comezou no ano 2002 coa campaña “Mundo; non é masculino singular” e que continuou con propostas coma “Escravas no século XXI”, “Explotadas”, “Iguais no 2015”, etc.

  • Cidadanía global e participación cidadá: da reflexión á acción da mocidade e do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade no curso 2011-2012

    Con este proxecto, Entreculturas (EC) quere dar continuidade ao seu apoio e acompañamento á comunidade educativa galega no labor de promover unha cidadanía global e unha cultura da solidariedade que permita a transformación das realidades de inxustiza e exclusión a nivel global e local. Este apoio realízase a través da Campaña Cidade-Planeta (financiada pola AECID a nivel estatal) centrada tematicamente no curso 2011-2012 na participación cidadá.

  • Fomentar o coñecemento, a solidariedade e creación de capacidades en distintos actores da sociedade galega para incorporar o enfoque intercultural, de xénero e de cidadanía na súa práctica diaria

    O presente proxecto nace da necesidade de profundar, ampliar e enriquecer o traballo iniciado no marco do proxecto TROCANDO PELES desenvolvido por Acsur nos anos 2009-2010, financiado pola DXREUE, e que tiva como obxectivo Fomentar o coñecemento e a solidariedade así como facilitar ferramentas a colectivos sociais, estudantes e ao profesorado da comunidade autónoma galega para incorporar o enfoque intercultural e de cidadanía na súa práctica diaria.

  • 12 Aula itinerante dos contos solidarios

    12ª Aula itinerante dos contos solidarios
    Un bosque de contos solidarios (Ano Internacional dos Bosques-ONU 2011)
    “Bosques para as persoas”

  • Cambia de papel - Empresas e Cooperación

    Este proxecto ten como obxectivo traballar co tecido empresarial a educación ao desenvolvemento para promover un cambio de papel neste colectivo por unha banda informando e formamando ás direccións, persoal e asociadas/os das entidades empresariais sobre a cooperación ao desenvolvemento nas súas múltiples facetas e pola outra conseguir unha implicación activa das empresas e individuos na loita contra a pobreza.

  • Desigualdade de xénero: a situación da muller e as nenas nos países en vías de desenvolvemento

    A inciativa que se presenta a continuación pretende proseguir co traballo iniciado durante o ano anterior a través da primeira fase deste proxecto titulada "A desigualdade nos países en vías de desenvolvemento: contextos de inxustiza social e de xénero". Nesta ocasión, os esforzos concentraranse en ampliar a información para que a sociedade galega coñeza a situación da muller e as nenas no mundo.

  • ODM 4 e 6: O seu mañá é hoxe. A saude dereito de todas/os. Actúa!

    O proxecto ponse en marcha nun momento de vital importancia, xa faltando poucos anos do prazo comprometido para o cumprimento dos ODM e a urxente necesidade de que o debate sobre os ODM fágase máis presente na opinión pública, considérase imprescindible a necesidade de sumar ao maior número de cidadáns nesta tarefa.

  • Programa de educación para o desenvolvemento Voces do Sur. 3ª edición: as redes como medio de transformación social

    Con este proxecto pechamos o Proxecto de Educación e Sensibilización para o Desenvolvemento Voces do Sur no que sería a súa 3º edición. Este ano queremos facer unha especial incidencia no traballo de formación e sensibilización sobre as desigualdades entre os países, as causas estruturais da pobreza e alternativas que se están construíndo, dentro do ámbito específico de traballo de AMARANTE Setem.