Proxectos

  • Fortalecemento da área de mobilización e educación a través da mellora da xestión, a formación e a participación da base social de Médicos do Mundo en Galicia

    O obxectivo deste proxecto é promover o compromiso coa defensa dos DD.HH, o Dereito á Saúde e a Igualdade de Xénero, crítica coas causas que provocan as desigualdades e activista para conseguir un cambio social na cidadanía galega a través do fortalecemento da base social de Médicos do Mundo en Galicia. Para isto fortalecerase a área de mobilización e educación a través da mellora da xestión, a formación e a participación da base social.

  • Fortalecemento da lexitimidade social de ESF-Galicia: transparencia, comunicación e base social 2014-2015

    ESF Galicia para conseguir a implicación da base social e a súa continuidade no tempo aposta pola formación e a participación para que así se coñeza o posible impacto das accións que leva a cabo e sexa unha verdadeiro espazo de promoción de pensamento crítico. Por outra banda, mellorar a comunicación externa de ESF permitirá a posibilidade de incrementar a curiosidade e as gañas de participar de potenciais novos voluntarios e voluntarias así como persoas socias.

  • Fortalecemento da área de formación e voluntariado da Fundación Entreculturas en Galicia no curso 2014 - 2015

    Este proxecto da continuidade e consistencia as principais accións de mellora comezadas por Entreculturas no curso 2012 – 2013 como foron o deseño e execución dun itinerario de formación do equipo humano en Galicia, e o reforzamento da capacidade técnica da entidade en Galicia, a través do técnico que actúa como coordinador rexional.

  • Proxecto de mellora da eficacia dos mecanismos internos de ASF Galicia

    O obxectivo deste proxecto é promover o desenvolvemento humano equitativo e sostible, a través da mellora da habitabilidade e a defensa do dereito das persoas a un hábitat digno, incidindo en especial nos colectivos desfavorecidos, mellorando a eficacia dos mecanismos internos da organización, adaptándose ás novas realidades externas e internas, para o mellor desenvolvemento da misión. Preténdese

  • Plan de mellora estratéxica e de xestión de Amarante Setem

    Este proxecto ten como obxectivo contribuír a unha sociedade galega máis comprometida co consumo responsable e solidariedade contra as inxustizas sociais; para isto Amarante pretende desenvolver un plan de mellora da organización que asegure a sustentabilidade e a efectividade da organización e da súa xestión nos próximos anos nos seus ámbitos estratéxicos de traballo.

  • Establecer á ONGD como referente da CpD en Galicia e aumentar a súa capacidade de obtención de fontes de recursos diversos

    Este é o terceiro proxecto de fortalecemento de Agaresoi co que pretenden especializar aínda máis o seu traballo, afondando na formación sobre Comunicación ao Desenvolvemento e fortalecendo as capacidades da organización para levar a cabo este tipo de proxectos, ao mesmo tempo que compensan o esforzo do voluntariado satisfacendo unha das súas demandas de capacitación.

  • Desenvolvemento de capacidades técnicas con boas prácticas produtivas e de comercialización con enfoque de xénero e medio ambiente en pescadores mariscadores e as súas familias do litoral de Sechura (Piura, Perú)

    O presente proxecto propón profundar, consolidar e ampliar os resultados obtidos durante o tempo de intervención na zona por parte da contraparte local. Exponse traballar cos pescadores mariscadores e as súas familias na elaboración e implantación de estratexias integrais que os leven desde a mellora de procesos produtivos ata a comercialización, que iso se volva sustentable e que lles permita o desenvolvemento da súa competitividade.

     

  • Asentar a imaxe pública e fortalecer a base social de ACPP Galicia

    Con este proxecto, ACPP, facilitará os procesos de capacitación e superación das debilidades, fomentarase a participación de socias e socios, mellorará a comunicación coa base social e coa sociedade en xeral, proveerases de ferramentas eficaces para mellorar a súa presenza como actor da cooperación galega nun momento clave da mesma e para encarar a planificación estratéxica do período 2014 – 2015.

  • Creando cidadanía global; un reto na axenda post 2015

    Este proxecto conta con dúas ideas forza que dirixirán toda a posta en marcha: o traballo na educación formal que terá a característica de ser coordinado, colaborativo e participado entre SI Galicia e os centros educativos que se embarquen nesta aventura, e a intención de ser un proxecto de incidencia política, xa que nos levará a participar de forma axeitada en diferentes contextos onde se discuten, definen e negocian temas relacionados co benestar (en tódolos planos) das persoas.

  • Cambio social para a protección das nenas e adolescentes na Rexión de Maradí, Níxer

    O presente proxecto desenvólvese no marco dun programa máis amplo a 32 meses, e que conta co financiamento da Axencia Vasca de Cooperación ao Desenvolvemento, e que finaliza en agosto 2015. O financiamento solicitado á Xunta de Galicia, contribuirá á execución prevista en 2014. UNICEF Níxer expón abordar de forma integral esta discriminación cara ás nenas e xerar procesos de cambio en 63 comunidades do departamento de Madarounfa (rexión de Maradi).