Proxectos
-
Fortalecemento dos programas desenvolvidos por CANAT, como medio para a incidencia publica e o desenvolvemento integral de nenos, nenas e adolescentes de Piura en situación de exclusión e vulnerabilidade
CANAT aborda a problemática dos/as nenos/as e adolescentes Traballadores/as, que viven en situación de pobreza extrema e exclusión social e política.
-
Fortalecemento da pertinencia cultural e a integralidade da atención en saúde sexual e reprodutiva das mulleres indíxenas en 3 municipios do Departamento do Quiché, Guatemala
O proxecto céntrase no fortalecemento da integralidade e a pertinencia cultural da atención en Saúde Sexual e Reprodutiva en 3 municipios do Departamento do Quiché, con énfase nas mulleres indíxenas, complementando accións e esforzos institucionais e comunitarios.
-
Promoción do dereito á alimentación, soberanía alimentaria e gobernanza local, a través do fortalecemento das capacidades de campesiños e campesiñas nos municipios de San Lorenzo e Nacaome, departamento de Valle, Honduras
A presente proposta pretende buscar complementariedade coas actividades que CODDEFFAGOLF e ESF Galicia veñen desenvolvendo na zona, no marco do proxecto “Fortalecemento da organización, alianzas e a produción agropecuaria de grupos campesiños para mellorar a seguridade alimentaria nos municipios de Nacaome e San Lorenzo, Honduras”, que se esta a levar a cabo desde 2013 coa financiación da Unión Europea. Deste xeito, puideron identificarse accións complementarias para reforzar e crear sinerxías.
-
Fortalecemento das capacidades locais e da participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da mancomunidade NASMAR, Honduras
O proxecto insírese dentro dun programa máis amplo, deseñado de xeito modular para garantir que as actuacións non queden inconclusas no caso de non acadar novas fontes de financiación.
-
Mellora das condicións de saneamento básico e ambientais das e os 256 habitantes (127 homes e 129 mulleres) da comunidade km1, municipio de Restauración, provincia de Dajabón, rexión fronteiriza de República Dominicana e Haití.
A presente actuación forma parte dun proxecto integral máis amplo de mellora das dotacións de saneamento en Restauración que JACARAFE e ACPP veñen desenvolvendo desde 2011 en apoio á planificación estratéxica e á priorización de necesidades levadas a cabo polo Concello de Restauración a través do seu Plan Municipal de Desenvolvemento.
-
Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo .
-
Mellora das condicións técnicas e materiais para o aproveitamento responsable dos recursos pesqueiros, eco turísticos e ambientais dos Municipios de San Luís a Ferradura e Tecoluca, O Salvador
O presente proxecto enmárcase dentro da estratexia de traballo que CORDES e ACPP teñen no Salvador e concretamente na zona do baixo Lempa. Ambos os actores desenvolveron unha intervención durante cinco anos que serviu de profundización no coñecemento sobre as condicións de vida, problemáticas, expectativas e potencial da poboación da zona. Coa presente acción preténdese continuar cos procesos abertos entón e reforzar aspectos importantes de anteriores etapas, que abran novas posibilidades ás familias beneficiarias.
-
Asistencia humanitaria a comunidades afrocolombianas afectadas por inundacións e polo conflito armado na zona fluvial de Buenaventura, Colombia
Na zona de Buenaventura a afectación da poboación civil polo conflito armado Colombiano é a principal causa da "crise humanitaria" ao que se suman as inundacións de outubro e novembro de 2013. Entre agosto e novembro de 2012 produciuse un pico de violencia no centro urbano ocasionado pola disputa do dominio territorial e o control do microtráfico.
-
Aumento do tratamento integrado para a desnutrición aguda e a prevención da desnutrición no sur de Malí
A crise á que se está enfrontando a República de Malí é multidimensional e interconectada. De modo que, ás xa preexistentes falta de seguridade alimentaria e déficits na produción, sumouse o agravamento da desnutrición e o conflito armado que sufriu o país (fundamentalmente o norte) desde xaneiro de 2012. Case medio millón de persoas tiveron que desprazarse, dentro ou fóra do país.
-
Fortalecemento da resiliencia de nenos e nenas desprazados e das comunidades de acollida, a través do incremento e mellora do acceso e participación nunha educación de calidade e de actividades de redución do risco de conflito en Sudán do Sur
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- …
- seguinte ›
- última »