Proxectos
-
Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipais, organizacións sociais e cooperativas.
O presente proxecto corresponde á quinta fase do Programa Ban Chuinklal (bo vivir en idioma maya mam) que dá continuidade á intervención en materia de hábitat domiciliar saudable que a Xunta de Galicia apoiou desde o ano 2008.
-
Da reflexión á acción a través da Aprendizaxe-Servizo Solidario. Sensibilización da comunidade universitaria galega en materia de DD.HH., saúde global e equidade de xénero desde o videoactivismo e o teatro social
-
Investigando no territorio para coñecer e recoñecer os centros educativos que traballan educación para o desenvolvemento e cidadanía global en Galicia
Solidariedade Internacional Galicia agrupada coa Universidade da Coruña
-
PROGEBOSQUE (Programa de xestión económica de produtos orgánicos e aseguramento alimentario en Comunidades que habitan zonas de bosque na Sub conca do Río Chipilico, na rexión de Piura – Perú)
-
Horizonte 2030: construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora. Segunda Fase; da aprendizaxe a acción e máis
-
CibeRespect II
CibeRespect (Fase II) é un proxecto colaborativo insertado nunha estratexia de comunicación e incidencia que busca a transformación narrativa da sociedade, activando os marcos mentais da solidariedade, a tolerancia e a cooperación latentes nas persoas.
-
Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego
Este proxecto constitúe unha aposta integral por unha educación que impulse un novo modelo de cidadanía comprometida activamente na consecución dun mundo máis equitativo e sostible, que abarca desde a educación infantil ata a universitaria e que se presenta como continuación e complemento do proxecto EpD-CpD, financiado pola DXREeUE nas súas convocatorias de educación para o desenvolvemento entre os anos 2011 e 2016.
-
Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado e do profesorado de secundaria de Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Vilagarcía
O proxecto EpDLab Fase 4 é un proxecto multimedia de comunicación para o desenvolvemento no que participan 5 centros educativos de 5 concellos de diferentes puntos de Galicia -Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Vilagarcía- e máis un de Latinoamérica: o centro de ensino do batey Monte Cristy do municipio de San Pedro Macorís na República Dominicana, que participa a través dunha actividade concreta.
-
Proxecto de difusión do dereito ao habitat dende un enfoque transdisciplinar e de xénero a través da formacion e sensibilización de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria na cidade da Coruña
-
Fortalecendo autonomía física, económica e política, desde o enfoque de medios de vida sostibles para mozos e mulleres rurais e indíxenas sobreviventes de violencias en 6 municipios de Nueva Segovia, Nicaragua
Proxecto de Solidariedade internacional de Galicia agrupada con Solida e con Solidariedade Galega
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- …
- seguinte ›
- última »