Proxectos
-
PLAN DE SENSIBILIZACIÓN 2010: UNHA REDE DO SÉCULO XXI
En 12 anos de vida o Fogacosol pasou de 10 concellos iniciais aos 102 socios actuais, que representan máis dun 70% da poboación galega. Pese a todo, a actual crise económica supón un desafío adicional para as entidades locais, con moitas competencias e poucos recursos, que poden encontrar maiores dificultades para explicar ás súas cidadanías a necesidade de continuar a traballar na cooperación para o desenvolvemento dos países que máis o precisan.
-
FORTALECEMENTO DA COORDINADORA GALEGA DE ONGD. EXECUCIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO NO ANO 2010
A cooperación galega ao desenvolvemento vive momentos de cambio e transformación por mor dos procesos internacionais que están a configurar os elementos básicos dunha nova arquitectónica da axuda. A Coordinadora Galega de ONGD, como asociación que integra a 48 ONGD, ten recibido desde 2005 o apoio financeiro da Xunta de Galicia para o seu fortalecemento institucional. Este apoio tense traducido na contribución activa da Coordinadora Galega de ONGD ao fortalecemento da cooperación galega ao desenvolvemento, en especial, do sector das ONGD.
-
DOTACIÓN FONDO DE EMERXENCIAS
A sinatura dun acordo de colaboración entre a FAHG e Farmacéuticos Mundi ten por obxecto dar resposta inmediata e atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas, con especial énfase nos colectivos máis vulnerables e paliar o sufrimento das poboación afectadas polas crises de longa duración e desequilibrios económicos crónicos e estruturais.
-
EMERXENCIA PARA O CENTRO LOXÍSTICO HUMANITARIO DA COOPERACIÓN ESPAÑOLA EN AMÉRICA LATINA, CON SEDE EN PANAMÁ
Tras a sinatura en decembro de 2009 dun convenio marco de colaboración asínase o primeiro protocolo adicional entre a FAHG e a AECID.
O protocolo permitirá continuar coa colaboración e a coordinación de resposta ante urxencias entre a FAHG e a AECID, tal e como se vén facendo nos últimos acontecementos que requiriron deste tipo de actuación. -
1ª RESPOSTA ANTE O PASO DOS FURACÁNS GUSTAV, HANNA E IKE
Entre os días 24 de agosto e 14 de setembro o paso de tres furacáns polo Caribe deixou máis de 700 persoas falecidas entre Cuba, Haití, República Dominicana, Xamaica e os Estados Unidos (Xeorxia, Luisiana e Florida). O paso de tres furacáns consecutivos deixa uns gastos valorados en 50.000 millóns de dólares. Tras a petición de axuda internacional dos gobernos dos países afectados, a AECID envía 4 avións con axuda humanitaria para atender as vítimas desta catástrofe.
-
2ª RESPOSTA ANTE O PASO DOS FURACÁNS GUSTAV, HANNA E IKE
Tras o paso dos furacáns Gustav, Hanna e Ike xorde a urxencia de cubrir necesidades básicas de urxencia da poboación haitiana. Con este proxecto preténdese proporcionarlle asistencia humanitaria a 4.000 familias das zonas máis afectadas de Haití, céntrase estritamente en darlles asistencia aos damnificados e realizar labores de reconstrucción
-
1ª RESPOSTA ANTE A EMERXENCIA EN GAZA
O 27 de decembro de 2008 as Forzas de Defensa Israelís lanzaron unha intensa operación militar na franxa de Gaza coñecida como Plomo Fundido. O Ministerio de Saúde palestino afirmaba que arredor de 1.300 palestinos morreron e que miles de persoas resultaron feridas. Ante a gravidade da crise a AECID coordina con diferentes ONGD e coa cooperación descentralizada accións de axuda humanitaria para a poboación afectada polo conflito bélico e realiza o envío de ata 4 avións ao terreo con axuda humanitaria.
-
DOTACIÓN FONDO DE EMERXENCIA
A sinatura de un acordo de colaboración entre a FAHG e Farmacéuticos Mundi ten por obxecto dar resposta inmediata e atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas, con especial énfase nos colectivos máis vulnerables e paliar o sufrimento das poboación afectadas polas crises de longa duración e desequilibrios económicos crónicos e estruturais
-
TIFÓN KETSANA
O tifón Ketsana causou 240 mortos e 1,8 millóns de damnificados ao seu paso por Filipinas. Neste contexto a AECID pon en marcha un operativo de resposta ao que se suman as ONGD e cooperación descentralizada.
-
TERREMOTO EN SUMATRA
Un terremoto de magnitude 7,6 na escala Richter con epicentro a 50 quilómetros ao noroeste de Padang, capital de Sumatra Occidental deixou máis de 1.100 persoas falecidas (fontes de Nacións Unidas), miles de desaparecidos e as infraestruturas seriamente danadas como hospitais e estradas de acceso.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 95
- 96
- 97
- 98
- 99
- 100
- 101
- 102
- 103
- …
- seguinte ›
- última »