Proxectos
-
FORTALECER A AUTOESTIMA E PERCEPCIÓN SOBRE SI MESMAS DE MULLERES EN SITUACIÓN DE PROSTITUCIÓN E/OU VÍTIMAS DA TRATA DE PERSOAS CON ENFOQUE NOS SEUS DEREITOS ECONÓMICOS, SEXUAIS E REPRODUTIVOS, MEDIANTE O FOMENTO E ACOMPAÑAMENTO EN PROCESOS DE FORMACIÓN
O proxecto propón a consolidación no distrito metropolitano de Quito dun programa de atención integral enfocado no fomento dos dereitos económicos, sexuais e reprodutivos de mulleres, tanto ecuatorianas coma colombianas, que sufriron vulneración nos seus dereitos humanos e que son vítimas da trata de persoas ocasionados, entre outros factores, pola situación de violencia e migración procedente de Colombia cara a Ecuador.
-
MELLORA DA SEGURIDADE ALIMENTARIA EN FAMILIAS RURAIS DE SANTIAGO DE CHUCO A TRAVÉS DO FORTALECEMENTO DAS CAPACIDADES PRODUTIVAS E ORGANIZATIVAS
O proxecto implementarase na serra de La Libertad, no norte de Perú, en 17 casaríos onde se desenvolve unha agricultura de subsistencia con baixos rendementos produtivos por superficie e por animal.
No ámbito de intervención do proxecto identificáronse unidades produtivas con baixos ingresos económicos e escasos excedentes de produción. Isto fai que nas familias dos pequenos produtores, a seguridade alimentaria sexa moi vulnerable, situación que o proxecto intenta solucionar.Período de execución: xuño 2010- novembro 2011
-
APOIO INTEGRAL A ACTORES CLAVE DO SISTEMA DOMINICANO DE INNOVACIÓN PARA PROMOVER O DESENVOLVEMENTO DA REPÚBLICA DOMINICANA BASEADO NA ECONOMÍA DO COÑECEMENTO
O proxecto enfoca a cooperación para o desenvolvemento promovida pola Xunta de Galicia dende o punto de vista da mellora do sistema dominicano de innovación e do reforzamento da política de I+D e innovación do goberno da República Dominicana.
-
FORTALECEMENTO INSTITUCIONAL DA UNIVERSIDADE NACIONAL DE LOJA: DOTACIÓN DE EQUIPAMENTO, FORMACIÓN DE RECURSOS HUMANOS E DISPOÑIBILIDADE DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA PARA FOMENTAR A XESTIÓN SUSTENTABLE DO TERRITORIO
Coa execución do proxecto formaranse profesionais de institucións vinculadas á xestión territorial, a través do deseño e execución dun máster en Xestión Sustentable do Territorio; fortaleceranse as capacidades do Centro Integrado de Xeomática Ambiental (CINFA) da Universidade Nacional de Loja, como ente local de formación especializada, dotándoo do equipamento necesario para impartir formación avanzada e especializando as súas capacidades e coñecemento en xestión do territorio a través da formación de catro investigadores na USC e a reincorporación na UNL dun investigador formado na USC; e
-
ASISTENCIA TÉCNICA PARA A MELLORA DA EXECUCIÓN DO SECTOR DA AUGA NO DISTRITO DE PALMA – CABO DELGADO
O proxecto encádrase no sector da auga e ten un compoñente principal de reforzo institucional. A intervención parte dos problemas detectados no sector de abastecemento de auga rural, sendo o principal a falta de sostibilidade nas fontes de auga. Para mellorar a actuación das institucións descentralizadas do sector da auga e saneamento de Cabo Delgado para a sostibilidade e equidade dos servizos de auga rurais no distrito de Palma, proponse unha asistencia técnica externa para o acompañamento de cada unha das actividades previstas e proporcionar formación en servizo.
-
FORTALECEMENTO DAS LIÑAS DE DESENVOLVEMENTO PRODUTIVO E SAÚDE COMUNITARIA DO PROGRAMA INTEGRAL DE MELLORA DO BARRIO DE SANTA LUCIA/ LA MOSCA
O obxecto do proxecto é fortalecer as liñas de desenvolvemento produtivo e de saúde do Programa Integral para a Mellora do Barrio de Santa Lucía/ La Mosca en Santiago de los Caballeros, financiado pola Xunta de Galicia dende o ano 2008.
-
COMUNICACIÓN E COOPERACIÓN AMBIENTAL: CLAVES NA CALIDADE NA COOPERACIÓN GALEGA
A través do presente proxecto, Amigos da Terra e Agareso porán en marcha un plan de mellora baseado en varios aspectos:
- Xestión de Amigos da Terra e Agareso nas áreas de comunicación, administración e proxectos.
- Coordinación de accións de sensibilización e difusión de proxectos.
- Capacidade das organizacións para o deseño e realización de campañas e actividades de sensibilización, educación para o desenvolvemento e incidencia social. -
MELLORA DA CALIDADE E DA EFICACIA DO LABOR DE ARQUITECTOS SIN FRONTERAS
O Plan estratéxico da demarcación de Galicia 2010-2012 de Arquitectos sen Fronteiras prevé unha serie de obxectivos estratéxicos nos que se basea a proposta de Plan de mellora a desenvolver, centrado no consolidamento e na mellora da organización interna da demarcación e da súa visibilidade, cara a aumentar a calidade e eficacia do seu labor. Isto farase dende a perspectiva da aprendizaxe e crecemento, dos procesos e da sustentabilidade económica.
-
SEGUNDA ETAPA DE CONSOLIDACIÓN DA IMPORTADORA DE COMERCIO XUSTO DE TALLER DE SOLIDARIDAD
O proxecto leva a cabo a segunda fase de consolidación da importadora de comercio xusto da entidade, que implica principalmente a análise da realidade actual do sector do comercio xusto en Galicia e da importadora para facer unha reorientación da estratexia a seguir na elaboración das 3 campañas de ventas.
-
FORTALECEMENTO DO TRABALLO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E SENSIBILIZACIÓN DE ACPP GALICIA
O plan de mellora a desenvolver por ACPP Galicia desde 2008 céntrase en 4 eixes fundamentais:
1. Mellora da capacidade de xestión de ACPP Galicia, na identificación, deseño, execución, seguimento técnico e administrativo e avaliación de proxectos, enfocado na formación continua e reciclaxe dos técnicos e socios de ACPP Galicia na xestión do ciclo de proxecto, en áreas de especial sensibilidade para a delegación como saúde, seguridade alimentaria, pesca e axuda humanitaria.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 92
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- 98
- 99
- 100
- …
- seguinte ›
- última »