Proxectos
-
Tecnoloxía ao Servizo do Ben Común, da Cidadanía Global e da inclusión nas escolas Téc Fase2.
Este proxecto promove a creación dunha cidadanía crítica, facendo especial énfase no uso da tecnoloxía para o desenvolvemento humano e o ben común. O concepto parte de cuestionar o uso histórico da tecnoloxía e apostar por unha tecnoloxía participativa e non excluínte que permita lograr a equidade e a xustiza social cun enfoque de ben común. O eixo de traballo do proxecto é a promoción da tecnoloxía para o ben común na docencia, investigación e activismo da comunidade educativa universitaria galega de base tecnolóxica.
-
O GLOBO. Observatorio, escola e espazo de participación.
O presente proxecto da continuidade a unha importante aposta institucional iniciada no ano 2017 para a promoción da participación social, esforzo que se concreta na ferramenta coñecida coma O Globo. A proposta centra os seus esforzos na promoción e proxección desta ferramenta para consolidala como referente galego na promoción dunha Cidadanía Global que atopa na participación social (con perspectiva glocal) a súa máxima expresión. O Globo xira en torno ás denominadas “microexperiencias de transformación social”.
-
Sementando coeducación dende o rural: os coidados como semente para a sustentabilidade da vida. Fase I.
O obxectivo da proposta é contribuír a promover en Galicia unha cidadanía global crítica e comprometida cun modelo de desenvolvemento que poña no centro o coidado das persoas e do planeta baixo unha perspectiva ecofeminista e de acordo co cumprimento da Axenda 2030. Este novo proceso educativo está pensado nun horizonte a tres anos.
-
Elas deciden: promover a equidade de xénero facilitando espazos de reflexión crítica e aprendizaxes significativas para imaxinar e construír colectivamente alternativas de xustiza social.
O proxecto ten unha forte compoñente de sensibilización e incidencia social e política, e busca o establecemento de redes entre entidades e organización do Sur e do Norte a fin de intercambiar experiencias e coñecementos, promover aprendizaxe mutua e unir forzar na loita con obxectivos comúns. O epicentro do proxecto son as mulleres, xirando o mesmo arredor de tres conceptos integrados e necesarios para acadar a equidade de xénero e, por ende, a xustiza social. Estes conceptos son o corpo, o territorio e a paz.
-
Agra: un barrio de coidados. Fortalecidas capacidades para a defensa do Dereito ao Hábitat, no marco da axenda 2030-ODS, desde a participación social comunitaria e a perspectiva interseccional. Fase 1.
O proxecto busca fortalecer as capacidades dunha comunidade-barrio e de actores multiplicadores chave para identificar as vulneracións do dereito ao hábitat que viven, así como para fortalecer as capacidades e ferramentas para a defensa do mesmo. O deseño do proxecto incorpora unha perspectiva interseccional e de participación comunitaria, tendo en conta a importante diversidade e complexidade da poboación do contexto da intervención: o barrio coruñés da Agra do Orzán.
-
Rede de Eco Hortas Escolares
A proposta ten como meta promover unha comunidade educativa galega concienciada e participativa na construción de modelos alimentarios máis sostibles. Para elo traballarase a partir dunha liña de acción focalizada na educación formal, dentro da Rede de Eco Hortas Escolares, co obxectivo específico de mellorar as condicións para a sostibilidade dos proxectos de horta escolar nos centros educativos galegos.
-
Mulleres bravas de Honduras e Galicia. Tendendo pontes entre defensoras da vida. Fase II
A proposta ten como meta visibilizar as problemáticas globais relacionadas coa sobreexplotación de recursos naturais en todo o mundo e que afectan especialmente aos países empobrecidos (extracción de materias primas, produción de enerxía, e explotación da terra, entre outras). A través da conexión das realidades de Honduras e Galicia reflexionarase sobre os impactos ambientais e sociais do actual modelo de consumo e desenvolvemento, así como alternativas de xestión sostible dos recursos que exemplifiquen que outro modo de producir, consumir e vivir, é posible.
-
Xeración Contrainfo Fase II
Xeración Contrainfo nace en 2022 como resposta á radicalización dos discursos de odio entre as e os adolescentes, que segundo relatan as e os docentes e os colectivos afectados están provocando un clima de polarización social nas aulas e uns altos niveis de intolerancia e de agresividade cara aos colectivos excluídos, as persoas migrantes e racializadas, as persoas xitanas e as persoas do colectivo LGTBIQ+.
-
Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundariade Boiro, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab)
Tras oito edicións, a fase 9 de EpDLab seguirá afondando nos catro eixos fundamentais do proxecto: a ECG como materia transversal no ensino, a innovación educativa con perspectiva crítica, a comunicación dixital como estratexia de transformación social e as ferramentas para facilitar a multiplicación e a réplica dos resultados. Todas as actividades baséanse na comunicación entendida como un feito social e cultural, no seu impacto no contexto cotián e na relación con outras persoas, colectivos e lugares do mundo.
-
Escolas sen racismo, Escolas para a paz e o desenvolvemento (ESR-EpD): Fortalecemento das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica na educación infantil, primaria, secundaria e universitaria de Galicia.
A presente proposta pretende dar continuidade ao proxecto EsR-EpD do curso 2022-23, e polo tanto, continúase a traballar como principal ferramenta metodolóxica do proxecto: a teoría de desenvolvemento moral a través dos dilemas morais. Con todo, e na liña de aposta pola innovación continua de ACPP, tamén se exploran novas temáticas como o enfoque restaurativo e a intervención con enfoque global dende as escolas rurais.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »