Proxectos
-
Campaña Mundial pola Educación 2024.
A sensibilización, concienciación, formación, mobilización social e incidencia política son os eidos principais nos que se enmarcan as actividades do proxecto Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia. A CME ten como principal obxectivo reivindicar o cumprimento do dereito á educación así como velar que os Estados leven a cabo os compromisos adquiridos polos seus gobernos e pola comunidade internacional en materia educativa, e promover así a consecución do ODS 4.
-
A protección da infancia dende a mirada da Axenda 2030. Da sensibilización ao activismo.
Con esta iniciativa buscase contribuír ao desenvolvemento dunha cidadanía global, crítica e activa na defensa do dereito a protección da infancia e bo trato fronte a situacións de violencia (ODS 16.2) para o que se marca como obxectivo específico fortalecer as capacidades e actitudes de nenas, nenos e adolescentes e axentes chave para a defensa do seu dereito á protección a través da educación para a cidadanía e a transformación social.
Esta proposta constitúe unha segunda fase e propón un traballo en catro liñas principais:
-
Enredadas no Cambio: Fase III
“Enredadas no cambio” nace co obxectivo de transformar o imaxinario colectivo en torno ao emprendemento feminino para cambiar os patróns socioculturais no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 5,8,10 e 12, contribuíndo á construción dunha cidadanía global igualitaria.
-
Fame Cero: sensibilización cidadá, e formación, participación e mobilización educativa cunha visión integradora dos ODS Fase II
Este proxecto desenvolve a Fase 2 dunha intervención trienal (2022-2025) en Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global promovida por Mans Unidas en Galicia nas dimensións de sensibilización, formación e educación, e mobilización social polo dereito humano á alimentación no marco do ODS 2 “Fame cero”. O proxecto afrontará a actual situación de vulneración do dereito á alimentación que fundamenta o ODS 2 e promoverá entre a cidadanía e a comunidade educativa galega valores, hábitos, actitudes e estilos de vida máis solidarios e sustentables.
-
III Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global
O proxecto enmárcase na dimensión de sensibilización no ámbito da cooperación para o desenvolvemento e ten por obxectivo recoñecer o labor do profesorado galego que desenvolve iniciativas de Educación para a Cidadanía Global nas aulas para contribuír á redución das dificultades manifestadas por eles/as para incardinar a cidadanía global na súa función docente en concordancia coa Axenda 2030 e a nova lei de educación, Lei Orgánica 3/2020 – LOMLOE (OX). O Premio Galego pretende acadar os seguintes cambios ou impactos directos:
-
Tecnoloxía ao Servizo do Ben Común, da Cidadanía Global e da inclusión nas escolas Téc Fase2.
Este proxecto promove a creación dunha cidadanía crítica, facendo especial énfase no uso da tecnoloxía para o desenvolvemento humano e o ben común. O concepto parte de cuestionar o uso histórico da tecnoloxía e apostar por unha tecnoloxía participativa e non excluínte que permita lograr a equidade e a xustiza social cun enfoque de ben común. O eixo de traballo do proxecto é a promoción da tecnoloxía para o ben común na docencia, investigación e activismo da comunidade educativa universitaria galega de base tecnolóxica.
-
O GLOBO. Observatorio, escola e espazo de participación.
O presente proxecto da continuidade a unha importante aposta institucional iniciada no ano 2017 para a promoción da participación social, esforzo que se concreta na ferramenta coñecida coma O Globo. A proposta centra os seus esforzos na promoción e proxección desta ferramenta para consolidala como referente galego na promoción dunha Cidadanía Global que atopa na participación social (con perspectiva glocal) a súa máxima expresión. O Globo xira en torno ás denominadas “microexperiencias de transformación social”.
-
Sementando coeducación dende o rural: os coidados como semente para a sustentabilidade da vida. Fase I.
O obxectivo da proposta é contribuír a promover en Galicia unha cidadanía global crítica e comprometida cun modelo de desenvolvemento que poña no centro o coidado das persoas e do planeta baixo unha perspectiva ecofeminista e de acordo co cumprimento da Axenda 2030. Este novo proceso educativo está pensado nun horizonte a tres anos.
-
Elas deciden: promover a equidade de xénero facilitando espazos de reflexión crítica e aprendizaxes significativas para imaxinar e construír colectivamente alternativas de xustiza social.
O proxecto ten unha forte compoñente de sensibilización e incidencia social e política, e busca o establecemento de redes entre entidades e organización do Sur e do Norte a fin de intercambiar experiencias e coñecementos, promover aprendizaxe mutua e unir forzar na loita con obxectivos comúns. O epicentro do proxecto son as mulleres, xirando o mesmo arredor de tres conceptos integrados e necesarios para acadar a equidade de xénero e, por ende, a xustiza social. Estes conceptos son o corpo, o territorio e a paz.
-
Agra: un barrio de coidados. Fortalecidas capacidades para a defensa do Dereito ao Hábitat, no marco da axenda 2030-ODS, desde a participación social comunitaria e a perspectiva interseccional. Fase 1.
O proxecto busca fortalecer as capacidades dunha comunidade-barrio e de actores multiplicadores chave para identificar as vulneracións do dereito ao hábitat que viven, así como para fortalecer as capacidades e ferramentas para a defensa do mesmo. O deseño do proxecto incorpora unha perspectiva interseccional e de participación comunitaria, tendo en conta a importante diversidade e complexidade da poboación do contexto da intervención: o barrio coruñés da Agra do Orzán.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »