Proxectos
-
Campaña Mundial pola Educación en Galicia 2023
A Campaña Mundial pola Educación (CME) dinamiza, dende o ano 2003 en Galicia, as actividades de sensibilización, concienciación, formación, mobilización social e incidencia política promovidas pola Global Campaign for Education (GCE) en coordinación coa Coalición Española da CME, dirixida dende o ano 2020, a nivel Estatal, por Fundación Educo. A CME ten por obxectivo velar polo cumprimento dos compromisos adquiridos polos gobernos e a comunidade internacional para garantir o dereito humano á educación a través dunha educación inclusiva, equitativa, igualitaria e de calidade para todas as p
-
Investigación - Acción - Formación para fortalecer a educación e integración do dereito ao hábitat en centros educativos de secundaria e entre axentes multiplicadores clave en Galicia Fase 4
Este proxecto enmárcase nun proceso de catro fases (constituíndo a Fase 4) elaborado a modo de Programa, e iniciado por Arquitectura sen Fronteiras despois de varios anos de traballo experimentando con diversas metodoloxías e estratexias no eido da educación emocional, ecosocial, inclusiva e a coeducación.
-
A protección da infancia dende a mirada da Axenda 2030
O presente proxecto ten como obxectivo xeral contribuír ao desenvolvemento dunha cidadanía global, crítica e activa na defensa do dereito a protección da infancia e bo trato fronte a situacións de violencia (ODS 16.2) e violencia estrutural (ODS) para o que se marca como obxectivo específico fortalecer as capacidades e actitudes de nenas, nenos e adolescentes e axentes chave para a defensa do seu dereito a protección, a través da educación para a transformación social.
-
Redes 4.7.: Tecendo Cidadanía Global en Galicia para non deixar a ninguén atrás
Este proxecto pretende dar continuidade ás accións do programa de educación para a cidadanía global e a participación xuvenil Rede Solidaria da Mocidade (RSM), que se executa en Galicia desde o ano 2004. Este programa ofrece unha estrutura de participación estable a centros educativos e organizacións e entidades sociais, facilitando procesos de formación e acción xuvenil, que á súa vez, promoven o liderado e aumentan a motivación e o compromiso social e a cidadanía global de persoas mozas en Galicia nos seus centros educativos ou organizacións e entidades sociais.
-
De Ítaca a Ávalon. Da igualdade na educación á coeducación para a transformación e polo dereito á unha vida libre de violencias machistas. Fase III
Esta actuación correspóndese coa recta final do proxecto “De Ítaca a Ávalon: Da igualdade na educación á coeducación para a transformación social e polo dereito a unha vida libre de violencias machistas”.
-
Abeirar: desprazamento e refuxio desde o enfoque de dereitos
Este proxecto alíñase co ODS 10: reducir as desigualdades en e entre os países, o coñecemento das causas estruturais xeradoras de desigualades e das consecuencias, en concreto do fenómeno migratorio, así como as interconexións existentes entre todos os países.
-
Fame Cero: sensibilización cidadá, e formación, participación e mobilización educativa cunha visión integradora dos ODS
Este proxecto desenvolve a Fase 1 dunha intervención trienal (2022-2025) en Educación para o Desenvolvemento (EpD) e a Cidadanía Global promovida por Mans Unidas (MU) en Galicia nas dimensións de sensibilización, formación e educación, e mobilización social polo dereito humano á alimentación no marco do ODS 2 “Fame cero”.
-
Enredadas no Cambio: Fase II
Este proxecto, dirixido a mulleres emprendedoras e estudantes de Formación Profesional e bacharelato, pretende consolidar a Rede Internacional de Emprendemento e Solidariedade ( RIES), creada na primeira fase do proxecto Enredadas non Cambio, que busca crear unha sensibilización e comunicación global, que rompa as barreiras e desigualdades de xénero existentes en todas as sociedades pero que afectan máis a certas mulleres pola interseccionalidade que sofren facendo fincapé nas fortalezas locais e globais.
-
Hackers Sen Fronteiras. Tecnoloxías para o ben común e os Dereitos Humanos no ensino secundario de Galicia, fase 1
Con este proxecto quérese impulsar o concepto de tecnoloxía para o ben común na docencia da comunidade educativa do ensino secundario galego de base tecnolóxica. O concepto de “Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano” (ou para o ben común e a emancipación, como vimos denominándoo ultimamente), parte de cuestionar o uso histórico da tecnoloxía e apostar por unha tecnoloxía participativa e non excluínte que permita lograr a equidade e a xustiza social cun enfoque de ben común.
-
Rede de Eco Hortas Escolares
A proposta ten como meta promover unha comunidade educativa galega concienciada e participativa na construción de modelos alimentarios máis sustentables. Para elo traballarase a partir dunha liña de acción focalizada na educación formal, dentro da Rede de Eco Hortas Escolares , unha rede de traballo colaborativo en torno ás hortas escolares, impulsada por Amigos da Terra e única en Galicia que naceu no curso 2018/2019 e que no actual curso conta cun total de 10 centros educativos participantes.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »