Proxectos
-
Promover a corresponsabilidade e dotar de novas capacidades e ferramentas ao alumnado de educación secundaria e superior de Galicia para contrarrestar os discursos do odio desde o enfoque de dereitos humanos (Xeración Contrainfo)
Xeración Contrainfo pretende analizar a situación de radicalización dos discursos nas aulas entre as e os adolescentes, que están provocando uns altos niveis de intolerancia e agresividade cara colectivos excluídos como as persoas migrantes, as persoas do colectivo LGTBI ou as persoas xitanas, ao que hai que engadir a transversalización da discriminación por xénero. O obxectivo macro é atallar a raíz do mecanismo que xera os discursos de odio, en gran parte provocados pola falta de alfabetización mediática do alumnado.
-
Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Boiro, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab)
Este proxecto, que se enmarca na fase 8 de EpDLab, ten como obxectivo principal a mellora das habilidades de reflexión crítica e participación social do alumnado e do profesorado de ESO, a través do traballo con centros de 5 concellos de Galicia, xunto a un grupo de centros de ensino de República Dominicana, que participará a través dunha actividade para promover o diálogo intercultural, como ferramenta para educar no coñecemento dos países empobrecidos e no potencial das redes ou alianzas pola xustiza social.
-
Escolas sen racismo, Escolas para a paz e o desenvolvemento (ESR-EpD)
O proxecto Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento (ESR-EpD) constitúe unha aposta integral pola formación en Educación para o Desenvolvemento e a Paz de maneira transversal e permanente. O seu obxectivo xeral é o de contribuír ao fortalecemento da educación para a paz, o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia (ODS 4.7) a través da mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego.
-
Garantir o Dereito á Educación na Franxa de Gaza fronte á crise humanitaria agravada polo COVID- 19 durante o ano 2022
O proxecto presentado responde a deterioración da situación humanitaria na Franxa de Gaza desde 2021, debido ás consecuencias da pandemia global e a escalada de violencia, que provocaron graves trastornos nos servizos básicos, incluíndo a educación.
-
Actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
O presente convenio ten a finalidade de establecer o marco de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e a entidade Fundación UNICEF Comité Español para a execución de actuacións e proxectos en materia de acción humanitaria e de emerxencia, en países con poblacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano, co fin de paliar o sufrimento das poboacións afectadas e de calesquera outras accións que en beneficio destas poblacións se poidan impulsar
-
Urxencia alimentaria nos campamentos de refuxiados saharauís a causa da COVID 19 e distribución de kits de hixiene feminina 2022
A pesares do éxito do plan de prevención do COVID-19 posto en marcha polas autoridades saharauís (baseado en medidas de restrición de mobilidade, corentena, garantía da distancia social e campañas de hixiene, esterilización e sensibilización) as actividades comerciais e económicas, e por tanto a capacidade de satisfacción das necesidades básicas da vida diaria de miles de familias nos campamentos de refuxiados, víronse paralizadas.
-
Consolidación do I Plan Estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento 2020-2030 para a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable
O convenio establece as bases para a execución do proxecto de Consolidación do I Plan Estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento 2020-2030 e a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, reforzando as liñas de actuación relacionadas co reforzo da institucionalización. do CUD e a localización da Axenda 2030 e dos ODS integrados na RGCUD, o fomento da visibilidade do CUD na axenda institucional e dos equipos de goberno e dirección das universidades integradas na RGCUD, a consolidación da Formación.
-
Servizos integrados de prevención e resposta aos problemas de protección da infancia, incluída a violencia de xénero no distrito de acollida de refuxiados de Yumbe-Uganda
O obxectivo desta intervención é fortalecer o ambiente protector das nenas e nenos das comunidades de refuxiados e de acollida no distrito de Yumbe, en Uganda. Para conseguilo, co apoio da Xunta de Galicia por terceiro ano consecutivo, UNICEF colaborará co sistema de protección do Goberno de Uganda para ofrecer servizos directos de prevención e resposta ás nenas e nenos de Bidibidi, o maior asentamento de refuxiados de Uganda. e as comunidades de acollida circundantes.
-
Activistas polo mundo que queremos 2022-2023
O presente proxecto constitúese como a décima edición dunha iniciativa pertencente ao Plan Proxecta + da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. É un proxecto colectivo e participado por distintas entidades con experiencia no eido da ECG, e dirixido a 400 alumnos e alumnas dos centros galegos de secundaria e formación profesional xunto ao seu profesorado, seleccionados entre aqueles que solicitaran a proposta no marco do programa Plan Proxecta +.
-
Protección e atención fronte a violencia machista para as mulleres vítimas e sobreviventes de violencia de xénero nos campos de poboación refuxiada de Palestina na Franxa de Gaza 2022
As mulleres palestinas na Franxa de Gaza viven nunhas condicións políticas e socioeconómicas difíciles que lles afectan en todos os aspectos da súa vida, debido á continuación da ocupación israelí, a situación de bloqueo desde hai máis de 14 anos e as escaladas de violencia dos últimos anos. Todo isto afectou negativamente á vida económica e social das mulleres palestinas e ao seu empoderamento, o logro dos seus dereitos e a súa participación na toma de decisións.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »