Proxectos
-
Fortalecemento integral en incidencia, eficacia e sostibilidade da asociación Labañou Solidaria-ONGD para aumentar a súa contribución de calidade ao esforzo común en cooperación ao desenvolvemento en Galicia
Este proxecto enmárcase dentro do obxectivo xeral da convocatoria por canto que pretende mellorar as capacidades deste actor para realizar unha contribución de calidade ao esforzo común en materia de cooperación.
-
Implementar a capacidade de AGARESO para deseñar e realizar accións de sensibilización e visibilización sobre realidades de inxustiza e exclusión social en Galicia e países do Sur
O proxecto presentado a esta convocatoria encaixa no proceso de fortalecemento establecido por AGARESO para a mellora de catro áreas da súa actividade: visibilización, xestión (interna e externa), comunicación e técnica. Todas elas pasan por unha profesionalización dentro do traballo da ONGD que aparece reflectida no seu Plan Estratéxico para o período 2010-2011 e permitirán dar un salto cualitativo importante en relación coa forma de traballar da entidade.
-
Profundar o fortalecemento da Área de Sensibilización, Educación ao Desenvolvemento e Incidencia social e a dinamización da base asociativa de ACSUR LAS SEGOVIAS en Galicia
Este proxecto xurde da necesidade e vontade de dar continuidade ao traballo inciado de xeito máis estable dende 2009 na área de educación ao desenvolvemento, e impulsado dende 2010 coa continuidade da contratación dunha técnica para fortalecer esta área, gracias en gran parte ao fortalecemento favorecido dende a DXREUE a través da aprobación dun proxecto na convocatoria 2010.
-
Acción de fortalecemento económico e organizativo para unha efectividade sostible
O proxecto enmárcase na mellora da xestión da organización e a dinamización de fontes de financiamento con vistas a unha efectividade sostible no tempo, xa que boa parte das accións que se establecen supoñen a introdución de cambios estruturais no modo de facer as cousas na organización na procura dunha maior calidade e axilidade. Neste senso, este proxecto representa un avance importante na senda de fortalecemento iniciada por IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO nestes últimos anos.
-
Intercambia en +
O fenómeno de asociacionismo en Galicia está vivo, pero as entidades tenden a traballar no seu entorno social. Grazas a actividades como “Espazo Solidario” celebrado polo Concello da Coruña no ano 2010, foi visíbel para Viraventos a necesidade de coñecer e intercambiar experiencias, dúbidas e planes futuros con todo tipo de entidades, especialmente na área de educación ao desenvolvemento. Xa que a pesar que as ONGDs poidan desenvolver actividades en diferentes áreas, o noso compromiso en común é apoiar, promover boas practicas mediante a educación ao desenvolvemento.
-
Mellora da calidade de vida en Villa Lamadrid, Lomas de Zamora e análise das vulnerabilidades da poboación de adultos maiores do ámbito de influencia do Centro de Xubilados na Municipalidade de Avellaneda. Gran Bos Aires - República Argentina
Trátase dun proxecto de loita contra a pobreza a desenvolverse en Villa Lamadrid (barrio do Gran Bos Aires, Arxentina). De acordo aos datos que se obtiveron no estudo de 2009 sobre 642 fogares relevados a Pobreza e indixencia neste sector alcanza ao 55 % da poboación, o que marca unha importante desigualdade co resto do país. Determinando un índice de Pobreza (ingreso mensual menor a 1200 $[218 euros]), 30% maior e unha índice de Indixencia (ingreso mensual menor a 569 $[103,45euros]), 9% superior tomando como referencia a media nacional.
-
Mellora da xestión dos residuos sanitarios de Santiago de los caballeros, República Dominicana asociado ó programa integral de mellora do barrio de Santa Lucía/La Mosca
O obxectivo deste proxecto e o de dar continuidade ás accións enmarcadas no marco do Programa Integral de mellora do Barrio de Santa Lucía / La Mosca, en Santiago de los Caballeros, República Dominicana, financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta Galicia dende o ano 2008 e ata a data, a través do deseño e desenvolvemento dunha estratexia para a mellora da Xestión dos Residuos Sanitarios de Santiago de Los Caballeros.
-
Contribución á soberanía alimentaria en comunidades campesiñas do Norte de Potosí, Bolivia
O proxecto executarase no municipio de Ocurí pertencente á provincia Chayanta, do Departamento de Potosí e incidirá directamente na redución da pobreza e en superar a inseguridade alimentaria nutricional. Esta problemática afecta á poboación urbana e rural en situación de pobreza. Dende sempre, esta problemática de dobre cara foi considerada "estrutural", no senso de que forma parte das situacións de escasas modificacións favorables no mediano e aínda no longo prazo.
-
Desenvolvemento integral e loita contra a pobreza con enfoque na xestión social da auga para a soberanía alimentaria e incidencia nos dereitos das persoas en comunidades da fronteira peruano-ecuatoriana
Axuda en Acción implementa procesos de loita contra a pobreza en zonas excluídas da fronteira ecuatoriano-peruana, espazos que pola súa propia natureza fronteiriza representan situacións complexas para a poboación que non conta con niveis de vida dignos, senón pola contra enfronta e enfrontou, histórica e permanentemente problemas como a desatención estatal, a confrontación inclusive bélica do pasado, o contrabando e elevado custo de vida, entre outros.
-
Xerando oportunidades para mulleres e homes para unha mellor seguridade alimentaria nos distritos de Chetilla e Magdalena. Cajamarca. Perú
O proxecto forma parte dunha proposta integral que ten como finalidade reducir a vulnerabilidade nutricional e alimentaria das 300 familias dos distritos rurais de Chetilla e Magdalena desde unha perspectiva de xénero.
Para iso fortaleceranse as capacidades técnico produtivas das mulleres e homes a fin de incrementar a diversificación produtiva e a produtividade; deste xeito, as familias, mediante o cultivo de hortalizas e a crianza de coelliños de indias, terán posibilidades de incluír nas súas dietas elementos nutricionais en cantidade e calidade suficientes.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 88
- 89
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- 95
- 96
- …
- seguinte ›
- última »