Proxectos

  • A DESIGUALDADE EN PAÍSES EN VÍAS DE DESENVOLVEMENTO: CONTEXTOS DE INXUSTIZA SOCIAL E DE XÉNERO

    Esta iniciativa céntrase na sensibilización sobre as desigualdades que ocorren nos países do Sur, especialmente aquelas que afectan a mulleres e nenas. Para isto, emprenderanse unha serie de accións educativas, de sensibilización e asociativas que abarcarán toda a sociedade galega, dándolle prioridade ás intervencións a desenvolver en poboacións dos municipios pequenos e/ou rurais.

  • PROXECTO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES FORMACIÓN E DE SENSIBILIZACIÓN EN MATERIA DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO

    A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña é o servizo encargado de xestionar, de coordinar e de potenciar os ámbitos do voluntariado social e da cooperación para o desenvolvemento na Universidade da Coruña. A través de diversas accións preténdese achegar ao público universitario e a sociedade xeral a realidade dos países do sur e a importancia da cooperación ao desenvolvemento na construcción dun mundo máis xusto.

  • PLAN DE SENSIBILIZACIÓN 2010: UNHA REDE DO SÉCULO XXI

    En 12 anos de vida o Fogacosol pasou de 10 concellos iniciais aos 102 socios actuais, que representan  máis dun 70% da poboación galega. Pese a todo, a actual crise económica supón un desafío adicional para as entidades locais, con moitas competencias e poucos recursos, que poden encontrar maiores dificultades para explicar ás súas cidadanías a necesidade de continuar a traballar na cooperación para o desenvolvemento dos países que máis o precisan.

  • FORTALECEMENTO DA COORDINADORA GALEGA DE ONGD. EXECUCIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO NO ANO 2010

    A cooperación galega ao desenvolvemento vive momentos de cambio e transformación por mor dos procesos internacionais que están a configurar os elementos básicos dunha nova arquitectónica da axuda. A Coordinadora Galega de ONGD, como asociación que integra a 48 ONGD, ten recibido desde 2005 o apoio financeiro da Xunta de Galicia para o seu fortalecemento institucional. Este apoio tense traducido na contribución activa da Coordinadora Galega de ONGD ao fortalecemento da cooperación galega ao desenvolvemento, en especial, do sector das ONGD.

  • DOTACIÓN FONDO DE EMERXENCIAS

    A sinatura dun acordo de colaboración entre a FAHG e Farmacéuticos Mundi ten por obxecto dar resposta inmediata e atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas, con especial énfase nos colectivos máis vulnerables e paliar o sufrimento das poboación afectadas polas crises de longa duración e desequilibrios económicos crónicos e estruturais.

  • EMERXENCIA PARA O CENTRO LOXÍSTICO HUMANITARIO DA COOPERACIÓN ESPAÑOLA EN AMÉRICA LATINA, CON SEDE EN PANAMÁ

    Tras a sinatura en decembro de 2009 dun convenio marco de colaboración asínase o primeiro protocolo adicional entre a FAHG e a AECID.
    O protocolo permitirá continuar coa colaboración e a coordinación de resposta ante urxencias entre a FAHG e a AECID, tal e como se vén facendo nos últimos acontecementos que requiriron deste tipo de actuación.

  • 1ª RESPOSTA ANTE O PASO DOS FURACÁNS GUSTAV, HANNA E IKE

    Entre os días 24 de agosto e 14 de setembro o paso de tres furacáns polo Caribe deixou máis de 700 persoas falecidas entre Cuba, Haití, República Dominicana, Xamaica e os Estados Unidos (Xeorxia, Luisiana e Florida). O paso de tres furacáns consecutivos deixa uns gastos valorados en 50.000 millóns de dólares. Tras a petición de axuda internacional dos gobernos dos países afectados, a AECID envía 4 avións con axuda humanitaria para atender as vítimas desta catástrofe.

  • 2ª RESPOSTA ANTE O PASO DOS FURACÁNS GUSTAV, HANNA E IKE

    Tras o paso dos furacáns Gustav, Hanna e Ike xorde a urxencia de cubrir necesidades básicas de urxencia da poboación haitiana. Con este proxecto preténdese proporcionarlle asistencia humanitaria a 4.000 familias das zonas máis afectadas de Haití, céntrase estritamente en darlles asistencia aos damnificados e realizar labores de reconstrucción

  • 1ª RESPOSTA ANTE A EMERXENCIA EN GAZA

    O 27 de decembro de 2008 as Forzas de Defensa Israelís lanzaron unha intensa operación militar na franxa de Gaza coñecida como Plomo Fundido. O Ministerio de Saúde palestino afirmaba que arredor de 1.300 palestinos morreron e que miles de persoas resultaron feridas. Ante a gravidade da crise a AECID coordina con diferentes ONGD e coa cooperación descentralizada accións de axuda humanitaria para a poboación afectada polo conflito bélico e realiza o envío de ata 4 avións ao terreo con axuda humanitaria.

  • DOTACIÓN FONDO DE EMERXENCIA

    A sinatura de un acordo de colaboración entre a FAHG e Farmacéuticos Mundi ten por obxecto dar resposta inmediata e atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas, con especial énfase nos colectivos máis vulnerables e paliar o sufrimento das poboación afectadas polas crises de longa duración e desequilibrios económicos crónicos e estruturais