Proxectos

  • SEGUNDA ETAPA DE CONSOLIDACIÓN DA IMPORTADORA DE COMERCIO XUSTO DE TALLER DE SOLIDARIDAD

    O proxecto leva a cabo a segunda fase de consolidación da importadora de comercio xusto da entidade, que implica principalmente a análise da realidade actual do sector do comercio xusto en Galicia e da importadora para facer unha reorientación da estratexia a seguir na elaboración das 3 campañas de ventas.

  • FORTALECEMENTO DO TRABALLO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E SENSIBILIZACIÓN DE ACPP GALICIA

    O plan de mellora a desenvolver por ACPP Galicia desde 2008 céntrase en 4 eixes fundamentais:
    1. Mellora da capacidade de xestión de ACPP Galicia, na identificación, deseño, execución, seguimento técnico e administrativo e avaliación de proxectos, enfocado na formación continua e reciclaxe dos técnicos e socios de ACPP Galicia na xestión do ciclo de proxecto, en áreas de especial sensibilidade para a delegación como saúde, seguridade alimentaria, pesca e axuda humanitaria.

  • AFIANZAMENTO DAS ESTRATEXIAS DE COMUNICACIÓN, FONTES DE FINANCIAMENTO, EXPANSIÓN XEOGRÁFICA E VOLUNTARIADO

    O Plan de mellora de Implicadas no Desenvolvemento fica especificado no Plan estratéxico para o período 2009-2014 e recolle as seguintes accións:
    - Aumentar o número de persoas contratadas diversificando funcións de cada unha delas nas áreas de proxectos e comunicación/publicidade respectivamente.
    - Aumentar a base asociativa en Galicia tanto polas actividades de captación, achegamento á cidadanía e de difusión do traballo da organización como por constituirse a entidade en asociación de xénero de referencia en Galicia.

  • FORTALECER A ÁREA DE COMUNICACIÓN E IMAXE DE EQUUS ZEBRA

    A entidade presenta un plan de mellora articulado en torno a 3 eixos, no último dos cales se centra o proxecto:

  • FORTALECEMENTO DAS ÁREAS DE COMUNICACIÓN E COOPERACIÓN DO SGEP-FCP

    Dentro das prioridades definidas no seu Plan estratéxico 2008-2011, a entidade dálle prioridade no proxecto a unha serie de obxectivos.

  • FORTALECEMENTO DA ÁREA DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA FUNDACIÓN ENTRECULTURAS EN GALICIA (4ª FASE)

    Seguindo as liñas marcadas polo seu Plan estratéxico, Entreculturas presenta un proxecto de mellora da área de educación para o desenvolvemento, tras identificar as causas que provocan as debilidades detectadas para así identificar as accións de mellora a aplicar, analizar a súa viabilidade, establecer prioridades nas liñas de actuación, dispoñer dun plan das accións a desenvolver nun futuro e dun sistema de seguimento e control das mesmas, incrementar a eficacia e eficiencia da xestión e motivar ao voluntariado da organización a mellorar o nivel de calidade dos servizos educativos ofrecido

  • FORTALECIDA A ESTRATEXIA E COMUNICACIÓN DA FUNDACIÓN CUME

    Tras realizar unha análise DAFO, a entidade presenta un plan de mellora que pasa por tres eixes fundamentais: novo plan estratéxico, plan de comunicación, novo persoal adicado á implementación do plan, aproveitamento da páxina web da entidade, apertura de novas vías de comunicación coas institucións, ONGD, doantes, voluntarios, cos medios e prestación de axuda técnica en comunicación nos proxectos.

  • AMPLIANDO ESPAZO ACSUR GALIZA

    A proposta trata de mellorar a estrutura de ACSUR en Galicia tras dous anos na comunidade autónoma co compromiso de afianzarse no eido das ONGD. Entre os retos da organización en Galicia está acadar maior presenza institucional e territorial, ampliar a base asociativa, difundir a mensaxe e unir esforzos en concretar un proxecto común, estable e duradeiro, para o que precisa apoio dunha persoa para fortalecer as áreas de traballo de sensibilización e educación ao desenvolvemento e garantir o crecemento natural da organización cunha maior presenza nas catro provincias.

  • AUMENTO DO COÑECEMENTO E DA IMPLICACIÓN DA CIDADANÍA GALEGA SOBRE OS DEREITOS DOS POBOS INDÍXENAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA DUNHA COOPERACIÓN INTEGRAL

    Este proxecto é resultado do labor coordinado de catro das ONGD galegas que están traballando xuntas en Guatemala no marco do Programa de desenvolvemento integral Oxlajuj Tz’Ikin. Con esta campaña, búscase achegar á sociedade galega, especialmente á mocidade, non só as problemáticas que afectan a zona de intervención e as potencialidades da cooperación multisectorial e integral impulsada pola DXREeUE, senón sobre todo – dende unha rigorosa perspectiva de xénero – a cultura maia e as súas reivindicacións como pobo indíxena.

  • A SOCIEDADE GALEGA COÑECE A SITUACIÓN ACTUAL DO ACCESO A MEDICAMENTOS ESENCIAIS NOS PVD, AS CAUSAS DA DEVANDITA SITUACIÓN E O PAPEL DOS ACTORES IMPLICADOS, E ADEMAIS TOMA CONCIENCIA DA PROBLEMÁTICA

    Este proxecto busca trasladar á poboación galega a problemática e a desigualdade existente no acceso a medicamentos esenciais, que se sostén nunha tremenda desigualdade da que se pretende facer partícipe á sociedade galega, tratando de xerar conciencia crítica e favorecendo a mobilización social, fomentando o desenvolvemento de valores e actitudes persoais e colectivos e construíndo un coñecemento crítico da realidade e incidencia dirixido a diferentes sectores de Galicia, fundamentalmente aqueles onde o ámbito de influencia é maior: universitarias/os, estudantes de formación profesional, c