Proxectos
-
Mellora das capacidades e ferramentas para a educación e comunicación para o desenvolvemento no ensino non universitario e promoción da formación especializada en cooperación e comunicación para o desenvolvemento.
Este proxecto constitúe unha aposta integral pola formación en educación e comunicación para o desenvolvemento na comunidade galega, que abarca desde a educación infantil ata a universitaria e que se presenta como continuación do proxecto EpD-CpD.
As acción programadas inciden na sensibilización sobre a problemática dos países empobrecidos e da situación dos colectivos máis desfavorecidos, especialmente das mulleres. -
Formación e Empoderamento de mulleres populares para a Construción de novas cidadanías en Perú
A presente proposta responde a unha parte dun proxecto de maior envergadura, que ten como financiador á Axencia Española de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento,e onde a Xunta de Galicia asume parte do financiamento. Trátase dun proxecto de ámbito nacional e rexional, onde se traballará con mulleres de Lima, de zonas urbano populares, pero tamén das rexións de Piura, provincia de Sullana, de Junín das provincias de Jauja, Concepción e Tarma; da provincia de Xaén e de Cajamarca na rexión Cajamarca; da provincia de Tarapoto na Rexión San Martín.
-
Ampliación da oferta educativa técnico-profesional para os habitantes de Bajos de Haina, República Dominicana
O Padroado para o desenvolvemento de Haina (PADESHA) foi impulsor do IPHA que foi construído no ano 2004 a través da Fundación Humanismo e Democracia (H+D), con fondos da Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI) e con subvencións públicas do Ministerio de Educación da República Dominicana (MINERD) e do Instituto de Formación Técnico Profesional de República Dominicana (INFOTEP).
-
Reducidos os factores de vulnerabilidade de comunidades indíxenas, para exercer o dereito á alimentación, no Municipio de Poroma, Bolivia
O presente proxecto forma parte das prioridades locais contidas nas estratexias do PDM de Poroma, o Plan de Desenvolvemento de Chuquisaca e os liñamentos da política boliviana respecto da seguridade alimentaria para poboacións campesiñas ata agora excluídas.
-
Fortalecendo a Educación Técnica Agropecuaria no Instituto Básico Rural Agropecuario, IBRA en Somotillo, Nicaragua
A Xunta de Galicia, a través da convocatoria de Programas do ano 2009, impulsou xunto a Fe e Alegría Nicaragua (FyA) unha serie de intervencións de mellora da formación técnica en Nicaragua.
-
Fortalecemento da seguridade alimentaria de 8 comunidades aymaras mediante a incorporación de innovacións agropecuarias economicamente accesibles ao pequeno produtor, a dinamización social dos grupos de mulleres e o maior consumo de alimentos nutritivos.
O proxecto impulsará o sector da produción agropecuaria de campesiños indíxenas aymaras baseado na introdución de innovacións técnicas e organizativas que eleven a produción agrícola en invernadoiros e a produción pecuaria de leite e derivados lácteos en 8 comunidades de 3 municipios do departamento da Paz, con equidade de xénero e impulsando a mellor nutrición das familias.
-
Fortalecemento dos programas desenvolvidos por CANAT, como medio para a incidencia publica e o desenvolvemento integral de nenos, nenas e adolescentes de Piura en situación de exclusión e vulnerabilidade
CANAT aborda a problemática dos/as nenos/as e adolescentes Traballadores/as, que viven en situación de pobreza extrema e exclusión social e política.
-
Fortalecemento da pertinencia cultural e a integralidade da atención en saúde sexual e reprodutiva das mulleres indíxenas en 3 municipios do Departamento do Quiché, Guatemala
O proxecto céntrase no fortalecemento da integralidade e a pertinencia cultural da atención en Saúde Sexual e Reprodutiva en 3 municipios do Departamento do Quiché, con énfase nas mulleres indíxenas, complementando accións e esforzos institucionais e comunitarios.
-
Promoción do dereito á alimentación, soberanía alimentaria e gobernanza local, a través do fortalecemento das capacidades de campesiños e campesiñas nos municipios de San Lorenzo e Nacaome, departamento de Valle, Honduras
A presente proposta pretende buscar complementariedade coas actividades que CODDEFFAGOLF e ESF Galicia veñen desenvolvendo na zona, no marco do proxecto “Fortalecemento da organización, alianzas e a produción agropecuaria de grupos campesiños para mellorar a seguridade alimentaria nos municipios de Nacaome e San Lorenzo, Honduras”, que se esta a levar a cabo desde 2013 coa financiación da Unión Europea. Deste xeito, puideron identificarse accións complementarias para reforzar e crear sinerxías.
-
Fortalecemento das capacidades locais e da participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da mancomunidade NASMAR, Honduras
O proxecto insírese dentro dun programa máis amplo, deseñado de xeito modular para garantir que as actuacións non queden inconclusas no caso de non acadar novas fontes de financiación.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- …
- seguinte ›
- última »