Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Proxecto Q'AQ' IQ' (espírito vital) para garantir as condicións que permitan que a nenez e a mocidade de 10 escolas de educación primaria e 1 instituto de educación secundaria de Retalhuleu, Guatemala, volvan ás aulas e a unha contorna de aprendizaxe propicia que teña en conta a súa saúde e o seu benestar psicosocial, tras o peche dos centros educativos pola pandemia de COVID-19
O proxecto ten como obxectivo incidir na importancia da volta ás escolas dos mozos que, debido á pandemia da Covid-19, viron minguado o seu dereito fundamental á educación polo peche dos centros escolares. Ademais, dáselle importancia á saúde dos mozos, e ao seu estado psicosocial, favorecendo a volta ás clases ademais da creación de puntos de recollida de auga potable. Tamén se pretende crear unha campaña de sensibilización sobre a pandemia da Covid-19 e unha avaliación con enfoque de xénero.
-
Promover o acceso a un hábitat seguro e sustentable, e mellorar os mecanismos locais de defensa e protección dos DDHH e das mulleres que mitiguen os impactos da Covid-19 nas comunidades de Cubana, La Balsa e Olivares, municipio Ramón Santana, provincia San Pedro de Macorís, República Dominicana
Este proxecto ten como obxectivo mellorar as condicións de habitabilidade básica mediante a erradicación dos barracóns e vivendas precarias e a construción de tres bloques de vivendas con enfoque de xénero no batey Cubana e reforzar as capacidades comunitarias nos 3 bateyes para a defensa e protección dos dereitos dos seus habitantes, con especial atención á saúde sexual e reprodutiva de mulleres e nenas, á prevención de contaxios por COVID-19 e ao tratamento dos efectos psicosociais e psicoemocionais que está a provocar a pandemia.
-
Fortalecida a Rede de Saúde pública do Distrito Municipal nº 8 (Plan 3000), Santa Cruz de la Sierra (Bolivia)
O proxecto ten por obxectivo específico fortalecer o sistema público de saúde (Rede Este) do Municipio de Santa Cruz de la Sierra ante futuras situacións de emerxencia sanitaria, a través da mellora integral da atención en saúde primaria e preventiva en Bolivia.
-
Proxecto KLOB'L T'E YAB'IL (prevención da enfermidade) para garantir as condicións esenciais de resposta, en materia de gobernanza, hábitat (auga e saneamento) e hixiene, fronte á COVID19, cunha visión de recuperación e impacto a longo prazo, na Comunidade Mam Cajolá, formada por 267 familias indíxenas, na súa maioría nais solteiras e viúvas, do departamento de Retalhuleu, Guatemala
A presente intervención ten como obxectivo completar o acompañamento (desenvolto por outros proxectos cofinanciados pola Cooperación Galega) ás familias da etnia mam na mellora dos seus sistemas de gobernanza, xestión de riscos e planificación territorial, por ser estas as principais necesidades inmediatas na primeira fase de recolocación das familias, cuxa Comunidade é de recente creación.
-
Mulleres Rurais do Corredor Seco de Nicaragua, aumentan a produción e comercialización, ante os efectos do COVID-19 e o cambio climático
Este proxecto supón unha continuación da actividade desenvolta por Axuda en Acción e a Cooperación Galega no Corredor Seco de Nicaragua desde o ano 2018 en materia de empoderamento económico e social das mulleres das zonas rurais. Con todo, a presente intervención pretende compensar os efectos negativos da COVID-19 e do paso de Furacáns como ETA e IOTA, especialmente os que supuxeron un incremento da violencia de xénero e unha redución e deterioración dos medios de vida.
-
Prevención da incidencia da COVID19 entre a poboación máis vulnerable, con accións e estratexias preventivas e de vixilancia epidemiolóxica, incluíntes, equitativas e articuladas coas comunidades no municipio de Prinzapolka. RACCN, Nicaragua
A presente intervención pretende contribuír na prevención e mitigación do impacto da morbimortalidade derivada da COVID19 entre a poboación máis vulnerable do municipio de Prinzapolka, en Nicaragua.
-
A poboación do Posto Administrativo de Infulene mellora o acceso e o coñecemento a servizos públicos de calidade de Saúde Sexual e Reprodutiva (SSR) no contexto da pandemia de COVID-19. Mozambique
Esta intervención pretende mellorar o exercicio dos dereitos de saúde sexual e reprodutiva (DSSR) das mulleres e adolescentes do distrito de Matola. Trátase dun proxecto que continúa unha linea de acción iniciada en 2011 por Médicos do Mundo nesta zona de Mozambique para abordar as diversas problemáticas en materia de saúde sexual e reprodutiva (violencia de xénero; planificación familiar; saúde de adolescentes...).
-
Comunidades rurais e “bateyanas” impulsando a desnaturalización e prevención do matrimonio infantil e unións temperás, dende o enfoque de interseccionalidade, en 3 municipios das provincias de Santo Domingo e San Cristóbal. República Dominicana
Este proxecto busca promover o cumprimento do dereito a unha vida libre de violencia para as nenas e mulleres mediante a prevención dos matrimonios infantís e as unións temperás en aliñación co ODS 5 (Igualdade de Xénero). Trátase dunha intervención que supón a primeira fase dunha estratexia máis ampla a medio prazo, a executar en 3 fases: a “Estratexia comunitaria de prevención dos MIUT”, especialmente en 3 bateyes da provincia de Santo Domingo e 3 comunidades rurais da provincia de San Cristóbal.
-
Produción sustentable de alimentos nutritivos, en 10 comunidades vulnerables e rurais dos municipios de Tacaná e Tajumulco, San Marcos, Guatemala (Fase de Seguimento)
Trátase da segunda fase dunha intervención previa que pretende garantir a seguridade alimentaria de máis de 200 familias á vez que potenciar a xeración de excedentes para a obtención de maiores ingresos. Así, pretende promover a seguridade nutricional en 10 comunidades rurais mediante a formación de 150 promotores agroalimentarios, o establecemento de 200 unidades familiares integrais de produción agrícola e a mellora dos sistemas de almacenamento e conservación de alimentos, así como dos hábitos hixiénicos, nutricionais e de autocoidados no contexto da COVID-19.
-
Promoción do emprendemento e empregabilidade con equidade para a recuperación de medios de vida sustentables, seguridade alimentaria e sanitaria nas familias das organizacións de pesca artesanal e acuicultura na Baía de Sechura, Piura. Perú
Esta intervención pretende mitigar os efectos da crise desencadeada en Perú por mor da pandemia do SARS-COV19, que impactou notablemente na redución da actividade pesqueira, especialmente na súa modalidade artesanal, afectando negativamente ás familias máis vulnerables e incrementando as brechas sociais.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- …
- seguinte ›
- última »