Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Mellora das capacidades da Coordinadora para representar e fortalecer ás ONGD galegas e promover os obxectivos compartidos de transformación social e defensa da política pública de cooperación ao desenvolvemento
A proposta de traballo da CGONGD na actualidade desenvólvese nos seguintes ámbitos de actuación:
-
Convenio de Colaboración con Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
Accións de asistencia e atención inmediata de emerxencia tras declararse o desastre ou crise humanitaria ou ante a agudización dunha crise crónica (fames negras, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou post-catástrofe) para evitar unha gran mortandade entre os/as damnificados/as.
-
Fortalecemento das capacidades técnicas da Direcção Nacional de Gestão de Recursos Hídricos e das administracións rexionais de auga no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía. Fase V.
Este proxecto constitúe a fase V do proxecto SIXHIARA “Fortalecemento das capacidades técnicas da administración rexional responsable do recurso hídrico “ARA-Norte” no ámbito dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX), da Hidroxeoloxía e hidroloxía”, financiados pola Xunta de Galicia na convocatoria 2012 (Fase I), 2014 (Fase II), 2015 (Fase III) e 2016 (Fase IV) en Mozambique.
-
Procesos e prácticas educativas para a transición a unha cultura da sustentabilidade e a cooperación en Galicia e a República Dominicana – Investigación acción.
A proposta de investigación denominada “Procesos e prácticas educativas para a transición a unha cultura da sustentabilidade e a cooperación en Galicia e República Dominicana – investigación acción”, sintetizado no acrónimo ALIANZA TERRA, inscríbese no marco conceptual e propositivo da 5ª xeración da Educación para o Desenvolvemento (EpD), centrado na configuración dunha cidadanía planetaria, responsable e comprometida coa superación das inxustizas e dos problemas xerados pola crise ambiental e económica.
-
A ED na formación dos profesionais da educación. Estudo de caso: as titulacións da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Fase I.
O proxecto “A ED na formación dos profesionais da educación. Estudo de caso: as titulacións da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Fase I” céntrase en coñecer o grao da inserción da EDCG na formación inicial dos/as profesionais da educación que se forman na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), co obxecto de potenciar o seu desenvolvemento.
-
Diversidade infantil, sociedade e emigración maternal en Nicaragua: artellando redes
O presente proxecto titulado “Diversidade infantil, sociedade e emigración maternal en Nicaragua, artellando redes” (DISEMINAR) pretende abordar unha problemática multidimensional: o contexto da diversidade funcional na infancia. A nenez con capacidades diferentes nos países en vías de desenvolvemento teñen dificultades para acceder ó seu entorno, tanto aos apoios e servizos básicos para a súa vida cotidiana como a outros dereitos fundamentais (educación, etc.).
-
O Turismo Comunitario como instrumento no desenvolvemento humano das parroquias Mangahurco e Cazaderos do cantón Zapotillo, provincia de Loja: Xeración dun modelo aplicado baseado na inclusión, sustentabilidade, xénero e natureza
Neste sentido, a proposta de proxecto que se presenta baixo o título “O Turismo Comunitario como instrumento no desenvolvemento humano das parroquias Mangahurco e Cazaderos do cantón Zapotillo, provincia de Loja: Xeración dun modelo aplicado baseado na inclusión, sustentabilidade, xénero e natureza”, circunscríbese a dúas zonas deprimidas tanto económica como socialmente, polo que o obxectivo principal fundaméntase en describir o escenario actual de ambas as comarcas co fin de identificar as súas debilidades e fortalezas e desenvolver, segundo proceda, propostas de mellora que revertan no c
-
Implementación de índices de secas como ferramentas de vixilancia e alerta temperá para o desenvolvemento de plans de preparación e xestión de secas no Norte de Mozambique
No contexto do proxecto SECASE preténdese impartir unha formación integral aos técnicos da Administración Rexional de Augas (ARA-Norte), con sede en Pemba, Cabo Delgado, no segundo semestre do ano 2018, que contribúa á aprendizaxe no cálculo e análise dos índices de secas a nivel práctico. Con isto, o proxecto contribuirá ao fortalecemento institucional das administracións mozambiqueñas, permitindo unha proposta innovadora de formación e implementación no cálculo e análise de Índices Secas.
-
Programa de apoio ó novo modelo de xestión da formación técnico-produtiva agropecuaria da rexión de Piura. Perú
O obxecto do presente proxecto é o de fortalecer o modelo de xestión da formación técnico rexional da rexión de Piura, dando continuidade o Programa de fomento e formación para o emprendemento sustentable con mozos no medio rural agrario da conca do Chira (Piura - Perú) comezado no ano 2016 e que segue en execución por parte da Fundación Galicia Innova e a Asociación Chira; e que pretende, de maneira xeral mellorar o tecido organizativo e a incidencia nas políticas públicas de formación tecnolóxica agraria da rexión, así como adaptar a currícula técnica agropecuaria ó enfoque de de
-
Contribuíndo ao empoderamento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no Occidente do Salvador
O proxecto “Contribuíndo ao empoderamento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no Occidente do Salvador” ten como obxectivo contribuír ao exercicio dos dereitos sexuais e reprodutivos, a erradicación da violencia contra as mulleres,así como ao empoderamento de mulleres novas e adultas no occidente do Salvador.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- …
- seguinte ›
- última »