Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Ampliar as oportunidades de emprego e fontes de ingresos sostibles para as comunidades rurais e costeiras a través do fortalecemento da acuicultura rural e pesca artesanal na provincia de Cabo Delgado, Mozambique.
Desde o ano 2008 o IIP e o actual IDEPA traballan de forma conxunta co Centro Tecnolóxico do Mar- Fundación CETMAR e con financiamento da Xunta de Galicia a través de Cooperación Galega, no desenvolvemento e implementación de proxectos de acuicultura rural e reforzo da capacidade técnica de investigación pesqueira e acuícola.
-
Mellora das capacidades da Coordinadora para promover a transparencia, o bo goberno e os obxectivos compartidos de transformación social e defensa da política pública de cooperación ao desenvolvemento das ONGD galegas
A proposta de traballo da CGONGD na actualidade desenvólvese nos seguintes ámbitos de actuación:
-
Convenio de colaboración entre a Axencia Española de Cooperación Internacional para el Desenvolvemento e as Comunidades Autónomas de Galicia, A Rioxa, Madrid e Murcia para a programación conxunta en materia de Acción Humanitaria
O presente convenio ten por obxecto regular a colaboración das partes asinantes en materia de acción humanitaria e, de maneira específica, o establecemento das finalidades específicas de dita colaboración, así como os compromisos financeiros asumidos polas mesmas, para a consecución dos obxectivos do Convenio Marco de colaboración para a articulación, coordinación e complementariedade da cooperación descentralizada coa Secretaría Xeral de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (SGCID).
-
Convenio de colaboración con UNICEF COMITÉ ESPAÑOL para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
A menos dun ano do impacto do Furacán Matthew, agora Irma (o maior furacán formado no Atlántico) azoutou a Cuba por máis de 72 horas. O furacán cruzou o país durante o 8 e 9 de setembro ocasionando fortes ventos, choivas e inundacións costeiras. Máis de dous millóns de persoas foron protexidas durante o paso do furacán en centros de evacuación e casas particulares. A nivel nacional reportouse a perda de dez vidas humanas nos territorios da Habana, Matanzas, Camagüey e Cego de Ávila.
-
Cooperación Galega: O mundo que queremos (V edición)
O presente proxecto constitúese como a V edición dunha iniciativa que conta con dúas características diferenciais que condicionan cada unha das fases e elementos que o compoñen; dunha banda, o feito de formar parte do Plan Proxecta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e doutra, o feito de aspirar a ser un proxecto colectivo e participado polo maior número posible de entidades e colectivos galegos con experiencia no eido da EpD das que, no momento da presente formulación xa forman parte 6 entidades. Ambos feitos inciden directamente no obxecto, contidos e metodoloxía do mesmo.
-
20 anos a fondo coa Solidariedade
O ano 2017 é un ano clave na historia do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, posto que cumpre 20 anos. O 2017 resulta tamén clave para o Fondo Galego posto que se atopa nunha fase de expansión e de fortalecemento, tanto a nivel interno coma externo, resultando clave o apoio institucional de diferentes actores a nivel autonómico e estatal. Preséntase para este ano un plan de actividades que xira en torno a esta conmemoración.
-
Consolidación, Reforzo Institucional, Liderado e Gobernanza dos proxectos de Cooperación Galega en Mozambique.
Desde o ano 2008 o IIP e o actual IDEPA traballaron de forma conxunta co Centro Tecnolóxico do Mar- Fundación CETMAR e con financiamento da Xunta de Galicia a través de Cooperación Galega, no desenvolvemento e implementación de proxectos de acuicultura rural e reforzo da capacidade técnica de investigación pesqueira e acuícola.
-
Asistencia básica para a poboación refuxiada Siria en Xordania
O propósito deste proxecto é contribuír ao proceso de protección internacional dos/as refuxiados/as sirios residentes nos campos de Zaatari e Azraq asegurando o seu acceso a servizos de emerxencia. Centrarase esencialmente en prover a 88 familias (440 persoas) de materiais básicos non alimentarios segundo estándares internacionais e en cantidades suficientes para o seu uso doméstico. O traballo centrarase especialmente coas mulleres e os/as nenos/as, por ser colectivos que enfrontan numerosos retos.
-
Programa Vacacións en Paz 2017
As vacacións en paz preséntanse como una forma de ofrecer aos nenos/as saharauis, nados no medio dun clima de guerra, unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida; de maneira que iso contribúa, non so na súa formación, senón tamén a mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos de España e o Pobo Saharauí. O programa ten unha duración aproximada de dous meses.
-
Garantir un nivel de vida digno para a poboación refuxiada de Palestina, que vive en absoluta pobreza
Reducir o impacto do conflito e a crise humanitaria na vida da poboación en situación de maior vulnerabilidade da Franxa de Gaza, mediante o incremento do aporte calórico da poboación a través da provisión de 216 cestas alimentarias.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- …
- seguinte ›
- última »