Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Redución da vulnerabilidade das persoas refuxiadas a causa do conflito sirio e da poboación de acollida no Líbano, priorizando ás persoas que precisan dunha atención especial
Tras 6 anos de guerra siria, segundo o informe do Plan Libanés de Resposta á Crise (LCRP), das máis de 5,9 millóns de persoas vivindo en Líbano, ao redor de 3,3 millóns necesitan asistencia, dos cales 1,5 millóns son libaneses/as e 2 millóns son refuxiados/as sirios, iraquís e palestinos. É dicir, 1 de cada 4 persoas que vive no Líbano é desprazada ou refuxiada. Entre eles, as persoas anciás, discapacitadas e feridas son as máis vulnerables.
-
Proporcionar acceso a auga potable e segura ás poboacións máis vulnerables das rexións de Etiopía afectadas pola seca
Entre 2015 e 2016 Etiopía sufriu a peor seca en décadas, provocada polo fenómeno meteorolóxico do Neno, que afectou a máis da metade do país con 454 woredas (circunscricións administrativas) identificadas como prioritarias e 10,2 millóns de persoas en necesidade de asistencia de emerxencia durante 2016. As maiores consecuencias tivéronas as rexións de Amhara, Afar, Oromía, Somali, Nacións, Nacionalidades e Pobos do Sur e Tigré.
-
Saúde, xénero e refuxio: Garantir a asistencia básica á saúde da poboación refuxiada urbana en Nairobi, con énfase na promoción dos DSR de mulleres e menores de 5 anos
A estratexia proposta fundaméntase nas seguintes liñas estratéxicas: mellora do acceso a servizos de saúde para a poboación refuxiada dos asentamentos informais de Nairobi –a través do fortalecemento de capacidades, asegurando o reabastecemento de recursos das estruturas de saúde para a atención e garantindo o respecto dos DDHH e a pertinencia cultural e de xénero na praxe sanitaria-; incremento da cobertura de asistencia básica en saúde entre a poboación refuxiada fomentando accións de prevención e promoción da saúde –articulando servizos móbiles de asistencia básica en
-
Aliviar o sufrimento e reforzar a capacidade de resiliencia das persoas refuxiadas máis vulnerables en Maban (Sur Sudán)
Durante o ano 2016, o número de refuxiados/as sursudaneses creceu un 85%; segundo o informe de ACNUR, a crise de refuxiados/as de Sudán do Sur foi a que alcanzou unha magnitude máis rápida durante o ano 2016. Unha crise humanitaria que, ademais, golpea especialmente a nenos/as e rapaces novos, con dous terzos da poboación que fuxiu do país por baixo dos 18 anos.
-
Mellora da Seguridade Alimentaria na liña transfronteiriza entre Guinea-Bissau e Senegal a través dun modelo integrador de hortas comunitarias e acuicultura xestionado por mulleres campesiñas.
O proxecto localízase na liña de fronteira entre Guinea-Bissau e Senegal, en dúas das rexións (Oio e Kolda) máis illadas, con maior índice de malnutrición crónica e que máis foron afectadas polo conflito transfronteirizo pola independencia da Casamance (DENARP II e ENSAN, anexo XV).
-
Resposta sanitaria e psicosocial ás poboacións beduinas en situación de emerxencia na periferia de Xerusalén (Área E1) e Área C do Gobernorado de Jericó, Territorios Ocupados Palestinos
A ocupación socava gravemente os medios de subsistencia da poboación palestina de diversas maneiras, incluíndo restricións de planificación/desenvolvemento, demolicións e desprazamento forzado e acceso limitado á terra e os recursos. Ademais, o goberno israelí mantén o control sobre a construción e planificación na "Área C", deixando á Autoridade Palestina (AP) cunha responsabilidade marxinal sobre os servizos de saúde e educación. Como consecuencia directa, a poboación palestina da "Área C" carece de condicións para o desenvolvemento sustentable.
-
Comunidade educativa do barrio Santa Lucía empoderada para a súa participación activa no sistema educativo a través da xeración de capacidades nos titulares de dereitos, responsabilidades e obrigacións para unha educación inclusiva e de calidade en Santiago de los Caballeros, asociado ao “ Programa de mellora do barrio Santa Lucía”, IDI República Dominicana.
O presente proxecto busca dar continuidade á intervención de desenvolvemento impulsada pola Xunta de Galicia a través da IDI “Programa Integral de Mellora do Barrio Santa Lucía, que foi executado con intervención directa por parte da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, implementado entre os anos 2008-2012.
-
Mellora das condicións de habitabilidade, de atención á saúde comunitaria e á violencia contra as mulleres, no Batey A Balsa, municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Macorís, República Dominicana.
A presente actuación forma parte dunha estratexia integral máis ampla levada a cabo no Concello de Ramón Santana, Provincia de San Pedro de Macorís (República Dominicana) a través de Plan Estratéxico Municipal (PEM) desenvolto desde o ano 2011 polo IDAC e ACPP.
-
Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipais, organizacións sociais e cooperativas. Fase 4
O presente proxecto corresponde á cuarta fase do Proxecto B´an Chuinklal que dá continuidade á intervención en hábitat domiciliar saudable que a Xunta de Galicia apoiou desde o ano 2008, primeiro a través do Programa Integral Oxlajuj Tz´ikin (2008-2012) e, posteriormente, a través dos proxectos B´an Chuinklal, presentados ás anteriores convocatorias, entre os anos 2014-2016. Durante este período, no que se fixo un seguimento continuo da situación das comunidades, identificáronse novas necesidades aínda non cubertas (Déficit habitacional de 155 vivendas).
-
Proxecto de fortalecemento das capacidades de incidencia política e xeración de alternativas produtivas sustentables de organizacións da sociedade civil vinculadas ao sector pesqueiro e agrícola de pequena escala en 7 municipios costeiros da Rexión 13 – Golfo de Fonseca, Honduras, con enfoque de soberanía alimentaria e defensa do territorio
O proxecto localízase en municipios dos departamentos de Choluteca e Val da Rexión 13 Golfo de Fonseca: Amapala, Alianza, Nacaome, San Lorenzo, Marcovia, Namasigüe e El Triunfo. Con el preténdese fortalecer as capacidades de incidencia política e xeración de alternativas produtivas sustentables de Organizacións da Sociedade Civil (OSC) vinculadas ao sector pesqueiro e agrícola de pequena escala, en 7 municipios costeiros da Rexión 13 - Golfo de Fonseca, Honduras, cun enfoque de soberanía alimentaria e defensa do territorio.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- …
- seguinte ›
- última »