Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
¡Consume Nós! Colectivos sociais, entidades e a cidadanía de Pontevedra e a súa comarca únense para garantir modalidades de consumo e produción sostibles
O presente proxecto busca afondar en ferramentas que potencien o cambio de hábitos de consumo na cidadanía de Pontevedra e na súa comarca que redunden nun impacto positivo na economía social e solidaria e no medio ambiente tanto local como globalmente. E polo tanto, garantir modelos de produción e consumo sostibles en liña co obxectivo 12 do desenvolvemento sostible marcados polas NN.UU2 para o 2030.
-
“Repensando o dereito á saúde dende o cine, a fotografía e o teatro social. Sensibilización do estudantado universitario galego en materia de DD.HH., acceso á saúde e equidade de xénero”
A presente proposta trata de dar resposta á necesidade de fortalecer as competencias e capacidades do persoal sanitario e farmacéutico (profesionais e persoas expertas) en materia de dereito á saúde e acceso a medicamentos esenciais. Abordamos así a ausencia de experiencias e capacidades na comunidade da Universidade de Santiago de Compostela no marco de Dereitos Humanos, acceso á saúde e equidade de xénero, a través dun proceso de sensibilización, formación e comunicación baseado en metodoloxías artísticas, participativas e creativas no marco do Aprendizaxe-Servizo Solidario (ApS).
-
Mellora das condicións técnicas e materiais para o aproveitamento responsable dos recursos eco turístico, acuícolas, pesqueiros e ambientais dos Municipios de San Luís a Ferradura e Tecoluca, O Salvador. Fase V
O proxecto insírese na estratexia de traballo que as entidades consorciadas, xunto á contraparte local, desenvolven na zona do Estero Jaltepeque e Baixo Lema, desde o ano 2012. A fase actual do proxecto sería a quinta dunha serie que empeza no ano 2012 e que actualmente está a executar a súa IV fase. A intervención tamén recolle as leccións aprendidas dun proceso de desenvolvemento previo, que se executou en cinco fases (de 2007 a 2011) co apoio da Xunta de Galicia, e que recibiu o nome de Plan de Pesca en Baixo Lempa.
-
Fomentando o dereito á protección e seguridade das vítimas de violencia de xénero a través do fortalecemento da atención integral e da sensibilización comunitaria en Matola, Mozambique
O proxecto pretende contribuír á prevención e loita contra a Violencia de Xénero (VdG) no Distrito de Matola , no sur Mozambique. A presente proposta é unha continuidade da liña de acción comezada en 2011 de prevención e atención da Violencia de Xénero (VdG) por Médicos o Mundo (MdM), sen deixar de enmarcarse nos Plans Económicos e Sociais das Direccións Provinciais de Saúde (DPS) e a de Xénero e Acción Social (DPGCAS) da provincia de Maputo e o Servizo Distrital de Saúde, Muller e Acción Social (SDSMAS) de Matola.
-
Impulsando boas prácticas de gobernanza institucional, social e comunitaria na provincia de Kwanza Norte, Angola.
A presente proposta pretende contribuír a un cambio estrutural e sustentable en Kwanza Norte no ámbito da gobernabilidade, a través dunha estratexia integral que fortaleza os escenarios de boa gobernanza xa existentes e incorpore as esixencias sociais en materia de dereitos humanos (principalmente os relacionados coa saúde das mulleres) nas axendas do goberno provincial a través da implantación de accións de incidencia política a nivel municipal, provincial e nacional.
-
Horizonte 2030: Construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora
O proxecto pretende crear liderados positivos para unha xuventude galega transformadora a través dun programa que se desenvolverá entre os anos 2017 e 2020.
Esta iniciativa recolle toda a experiencia de Solidariedade en ED, sobre todo o coñecemento xerado nos proxectos de investigación en ED realizados nos catro últimos anos.
-
Tecendo conciencias a través do consumo responsable e o Comercio Xusto no mundo do deporte galego
O proxecto busca crear conciencia na cidadanía galega das cidades de: Lugo, Ourense e Pontevedra, sobre o impacto que teñen os nosos hábitos de consumo sobre as persoas que producen o que compramos e consumimos, ligado a un acto san e cotidiano como é a práctica de deporte.
-
Comunidades Educativas transformadoras desde a ética do coidado por unha cidadanía local e global
O proxecto xurde de procesos de intervención anteriores de InteRed Galicia, e pretende acompañar a incorporación da ética do coidado, a equidade de xénero e o enfoque afectivo-emocional a centros educativos de educación formal, así como a espazos educativos de educación non formal.
-
Investigando a dimensión global da educación para o desenvolvemento na Educación Secundaria Obrigatoria no ensino superior universitario de Galicia
O proxecto parte das achegas postas de manifesto nas catro investigacións anteriores levadas a cabo entre SIG e o grupo de investigación PEHS da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña financiadas pola DXRE nas convocatorias 2013, 2014,2015 e 2016.
Trata dun estudo de tipo cualitativo no que se empregan un conxunto de técnicas e procedementos como a Investigación-Acción Participativa, as observacións, as entrevistas, análise de datos e informantes chave.
-
Mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero, para a garantía dos dereitos da nenez e a mocidade rural de 8 comunidades do Municipio de Champerico (Guatemala) – Fase III
O presente proxecto proponse fortalecer, como intervención complementaria e de continuidade, ás 2 intervencións previas desenvolvidas co apoio da Xunta de Galicia no municipio de Champerico, co obxectivo da “Mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero, para a garantía dos dereitos da nenez e a mocidade do Municipio de Champerico (Guatemala), cuxa Fase I desenvolveuse en 2015 e a Fase II en 2016-2017, nas localidades del Rosario e Nova Cajolá, respectivamente.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- …
- seguinte ›
- última »