Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Prevención da violencia de xénero e mellora da saúde sexual e reprodutiva das mulleres en 10 comunidades do municipio de El Viejo, Chinandega. Nicaragua. Fase II.
O proxecto “Prevención de Violencia, mellora da saúde física e emocional e empoderamento das mulleres en 10 comunidades do Vello (Chinandega). FASE 2” ten como obxectivo xeral contribuír ao desenvolvemento de relacións de igualdade libres de violencia de xénero entre homes e mulleres, así como á mellora da saúde sexual e reprodutiva e o exercicio dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres do municipio de El Viejo (Nicaragua).
-
ECU3-ACT Ecuador desenvolvemento intelixente. Coñecemento en Acción para a xestión Territorial integrada.
O Obxectivo Específico (OE) de ECU3-ACT é a aplicación dunha Estratexia de Financiamento Local (EFL) nun municipio (cantón) do Ecuador. ECU3-ACT é un proxecto académico (CRS: 11420 Educación universitaria) cun enfoque “investigación-acción” en relación a un dos problemas máis perentorios do país desde o enfoque da Xestión Territorial Integral (GTI): a dependencia financeira dos gobernos municipais dos orzamentos xerais do Estado.
-
Fortalecemento das capacidades técnicas da administración rexional responsable do recurso hídrico “ARA-Norte” no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía. Fase IV
Este proxecto constitúe a fase IV do proxecto SIXHIARA “Fortalecemento das capacidades técnicas da administración rexional responsable do recurso hídrico “ARA-Norte” no ámbito dos Sistemas de Información Xeográfica, da Hidroxeoloxía e hidroloxía, financiados pola Xunta de Galicia na convocatoria 2012 (Fase I), 2014 (Fase II) e 2015 (Fase III) en Mozambique. O proxecto ten o fin de continuar mellorando o coñecemento do recurso hídrico e potenciar as capacidades de xestión da Administração Regional de Águas do Norte (ARA-Norte).
-
Programa de fomento e formación para o emprendemento sostible coa xuventude no medio rural agrario da conca do Chira (Piura - Perú).
O obxecto do presente proxecto é o de complementar as actuacións que a asociación Chira está a desenvolver ao amparo do proxecto “Formación técnica para emprendementos agrarios sustentables na cunca do Chira (Piura-Perú)”, programa de cooperación financiado pola embaixada de Finlandia, que se está desenvolvendo dende o ano 2014 e que pretende, de maneira xeral implementar módulos produtivos en 3 centros de formación técnica da cunca do Chira, situados nas zonas de Ayabaca, Montero e Mallares co obxecto de mellorar a formación técnica da xuventude de zonas rurais e aumentar as súas capacidad
-
Construíndo novas identidades de xénero dende o enfoque de medios de vida sustentables para mozas e mulleres sobreviventes de diferentes tipos de violencia e en condicións de post guerra e pobreza, en 6 municipios de Nova Segovia. Nicaragua.
O Instituto de Liderado das Segovias (ILLS) é unha organización non gobernamental sen fins de lucro, que dende o enfoque de dereitos, propicia o desenvolvemento de liderados alternativos para a superación da pobreza e a transformación das relacións de poder, dende o empoderamento da sociedade, en particular: mulleres, mocidade e indíxenas.
-
Mellora das capacidades educativas, organizativas e emprendedoras de 24 comunidades rurais dos municipios de Chirilagua e Jucuapa. El Salvador.
O obxectivo global do proxecto que se presenta é contribuír ao fortalecemento dos procesos educativos, organizativos e produtivos, nos Departamentos de San Miguel e Usulután. Para conseguir isto, a intervención ten varios compoñentes para executar: Alfabetización; Formación e capacitación en Xénero, Masculinidad e Dereitos Humanos; Talleres ou Cursos Vocacionais;
-
Mellora da competitividade da agroindustria rural dos distritos de Ocongate, Ccatcca e Andahuaylillas, Cusco, Perú.
O proxecto ten por obxectivo diversificar e mellorar a competitividade do sector agroindustrial rural emerxente: lácteos, cuyes e fungos; promovendo a participación equitativa de mulleres e homes, baixo un enfoque de sustentabilidade económica e ambiental, nos distritos de Ocongate, Ccatcca e Andahuaylillas. A proposta parte da experiencia de traballo do que constituíu a primeira fase do proxecto, financiada pola Xunta na Convocatoria 2014
-
Promovida a calidade educativa para 3000 nenos e nenas, así como para a comunidade educativa, de 20 escolas públicas primarias rurais do Municipio de Momostenango.
O proxecto desenvolverase no Municipio de Momostenango, no departamento de Totonicapán, Guatemala. A pobreza no municipio é do 80% e atópase dentro dun dos tres departamentos máis vulnerables do país. É un municipio eminentemente rural con poboación indíxena Maya Quiché.
-
Oportunidades de formación vocacional e formación técnica con enfoque de xénero para poboación de barrios e comunidades marxinais en Nicaragua.
O obxectivo desta proposta consiste en garantir que 3.073 adolescentes e xóvenes (1.629 mulleres e 1.444 homes) de 12 centros educativos de Fe e Alegría en barrios e comunidades marxinais de 7 municipios do occidente e a capital de Nicaragua, accedan a unha orientación técnica vocacional (OTV) e unha formación técnica de calidade, baseada en criterios de equidade de xénero, que lles permita adquirir as ferramentas básicas que faciliten o seu paso á formación posterior e/ou ao mercado laboral.
-
Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfasis nas mulleres viuvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades munici
Preséntase a terceira fase do proxecto B'an Chuinklal, que da continuidade á intervención no hábitat domiciliar saudable que a Xunta de Galicia ven apoiando dende o ano 2008, primeiro a través do Programa Integral Oxlajuj Tz'ikin e posteriormente a través dos proxectos presentados á convocatoria, por Arquitectura sin Fronteras nos anos 2015 e 2014.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- …
- seguinte ›
- última »