Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Fortalecemento da implantación social da Fundación Entreculturas en Galicia (Fase 1ª)
Este proxecto da Fundación Entreculturas – Fe e Alegría, pretende contribuír a unha mellora do coñecemento, influencia e notoriedade da organización especialmente nas cidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. O obxectivo do mesmo é o de fortalecer e consolidar a base social galega da Fundación Entreculturas, composta por socios/as, doantes, colaboradores/as e seguidores/as en redes sociais, durante o curso 2015 – 2016. Para facelo, o proxecto traballará entorno a tres eixes: 1- mellorar o crecemento de socios/as e seguidores/as en RR.SS.
-
Proxecto de consolidación de ASF-Galicia como un referente en materia de dereito ao hábitat
Este proxecto de Arquitectos Sen Fronteiras enfócase a promover o desenvolvemento humano equitativo e sostible, a través da mellora da habitabilidade e a defensa do dereito das persoas a un hábitat digno, incidindo en especial nos colectivos desfavorecidos. O obxectivo do mesmo é tornar a ASF Galicia nunha organización referente en materia de dereito ao hábitat dentro do ámbito galego de cooperación a través de dúas estratexias complementarias de cara o interno e externo da organización.
-
Xestión integral do auga na Fronteira Peruano-Ecuatoriana mediante a gobernanza concertada dos recursos e a conservación da biodiversidade
A sustentabilidade do abastecemento de auga para as comunidades rurais do Distrito de Suyo está en risco debido ó crecente deterioro dos recursos naturais . Esta situación supón unha limitación importante para o desenvolvemento rural da provincia e cuestiona a viabilidade dos medios de vida das familias campesiñas.
-
Escolas Rurais participativas con emprendementos produtivos sostibles e acceso a tecnoloxías da información e comunicación, articuladas ó Centro de Formación Técnica Binacional, na mancomunidade da Subcuncha do río Chipillico, Piura. Perú
O proxecto busca mellorar a capacidade de xestión das escolas rurais para que os estudantes logren aprendizaxes significativos para o contexto produtivo e ecolóxico da comunidade e accedan a tecnoloxías da información e comunicación que permita facilitar o dereito de acceso á información.
-
Impulsando a Educación Vocacional e Formación Técnica con Equidade de Xénero en barrios marxinais de Ciudad Sandino e en comunidades rurais de Somotillo, Nicaragua
O proxecto contribuirá a que as nenas, nenos, adolescentes e mozos/as procedentes de barrios e comunidades marxinais nos municipios de Ciudad Sandino podan acceder a unha formación técnica (dentro dos cursos de secundaria) e a unha educación técnica posterior de bastante máis calidade. En concreto, o proxecto vai reforzar especialmente dous aspectos crave unha visión sobre o xénero e unha formación teórica e práctica específica en emprendemento e habilidades para a inserción no mundo laboral.
-
Fortalecemento das capacidades locais e da participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da Mancomunidade NASMAR, Honduras. Fase II
O proxecto forma parte dun programa máis amplo co que se pretende fortalecer as capacidades locais e a participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico nos 7 municipios da Mancomunidade de NASMAR.
-
Fortalecemento da pertinencia cultural e a integridade da atención en saúde sexual e reprodutiva das mulleres indíxenas en 3 municipios do Departamento de El Quiché, Guatemala. Fase II.
O proxecto forma parte dunha estratexia máis ampla, compartida polos actores da intervención, que céntrase no fortalecemento da integridade e a pertinencia cultural da atención en Saúde Sexual e Reprodutiva en 3 municipios do Departamento de El Quiché, con énfase nas mulleres indíxenas, complementando accións e esforzos institucionais e comunitarios. Constitúe a Fase II dun proxecto anteriormente financiado pola Xunta de Galicia na convocatoria de 2014.
-
Achegar ferramentas innovadoras na formación e sensibilización sobre a feminización da pobreza no sector do téxtil e alternativas para un consumo responsable de roupa. Fase Final.
Este proxecto de Amarante Setem para o ecodesenvolvemento pecha un ciclo de traballo levado a cabo ó longo de 3 anos pola organización para afondar no concepto da feminización da pobreza no sector global da confección e a necesidade dun consumo responsable de roupa como elemento de transformación social dende unha perspectiva e un contexto que é a cidadanía galega.
-
Desenvolvemento de capacidades para o fortalecemento das Competencias para Adolescentes en temas de Saúde Sexual Reprodutiva (SSR)
O proxecto pretende contribuír ó desenvolvemento do municipio de Ciudad Sandino a través da creación dunha estratexia de atención integral a adolescentes, que involucren a participación dos e das mesmas e dos diferentes actores locais presentes no Municipio, dende un enfoque de dereitos humanos, de xénero e xeracional para o fortalecemento de habilidades para a vida.
-
Proxecto de difusión do dereito ao hábitat e as súas dimensións transculturais e de xénero a través da sensibilización e a educación non formal na comunidade educativa da Área Metropolitana A Coruña.
Este proxecto de Arquitectos sen Fronteiras de Galicia incidirá sobre a creatividade a través do desenvolvemento da empatía cara outras realidades, enmarcándose na labor de dar continuidade e motivar a identificación de problemáticas vinculadas ó hábitat tras unha fase anterior de formación e sensibilización.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- …
- seguinte ›
- última »