Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
3ª RESPOSTA ANTE O PASO DOS FURACÁNS GUSTAV, HANNA E IKE
Haití atópase nunha devastadora situación tras sufrir o paso de 3 furacáns xunto con varias tormentas tropicais. Cruz Vermella España en Galicia atende as necesidades de refuxio, socorro, alimentación complementaria, auga, saneamento e saúde de 30.000 persoas das áreas máis afectadas polo paso dos furacáns.
-
DOTACIÓN DE MATERIAL DE EMERXENCIA PARA O CENTRO LOXÍSTICO HUMANITARIO DA COOPERACIÓN ESPAÑOLA EN AMÉRICA LATINA, CON SEDE EN PANAMÁ.
Tras a sinatura en decembro de 2009 dun Convenio Marco de Colaboración asínase o primeiro protocolo adicional entre a FAHG e a AECID.
O protocolo permitirá continuar coa colaboración e a coordinación de resposta ante urxencias entre a FAHG e a AECID, tal e como se vén facendo nos últimos acontecementos que requiriron deste tipo de actuación. -
ELABORACIÓN DO III PLAN DE DESENVOLVEMENTO DA ILLA DE SANTO ANTÃO
O proxecto ten como meta relanzar o exercicio de planificación de carácter rexional no territorio da illa de Santo Antão, interrompido desde 2001 pola falta de recursos financeiros. Ese exercicio, pioneiro en Cabo Verde, deu excelentes resultados na década dos 90 e contribuíu en gran medida para a elaboración, procura de financiamento e execución de proxectos estruturais para illa en varios sectores do desenvolvemento socioeconómico.
-
PROXECTO SANITARIO NOS CAMPAMENTOS DE REFUXIADOS SAHARAUÍS
O obxectivo do proxecto consiste en mellorar o nivel de saúde e diminuír a mortalidade da poboación infantil que reside nos campamentos de refuxiados saharauís en Tindouf, de forma específica na wilaya de Smara.
O proxecto ten como obxectivo contribuír a mellorar as condicións sanitarias da poboación refuxiada saharauí garantindo un bo funcionamento do hospital de Smara e dos dispensarios diseminados nas diferentes wilayas. -
1ª RESPOSTA EMERXENCIA TERREMOTO EN HAITÍ
Un terremoto de magnitude 7.3 na escala Richter golpeou o 12 de xaneiro unha localidade situada a 15 Km ao suroeste de Porto Príncipe, a capital de Haití, todas as axencias internacionais de axuda humanitaria, incluída a Fundación Pública Axencia Humanitaria Galega (FAHG), comezaron a coordinación da achega de axudas ante este desastre que se estimou podería afectar a uns 4,9 millóns de persoas, nun país cunha poboación estimada en 9 millóns de habitantes
-
2ª RESPOSTA EMERXENCIA TERREMOTO EN HAITÍ
Debido á magnitude que vai alcanzando a catástrofe en Haití, o día 15 de xaneiro a AECID pon en marcha un novo operativo de axuda no que a Xunta de Galicia, a través da FAHG participa co envío de material médico sanitario (paquete IEHK'06 e un de acción inmediata) por valor de 10.500 €. Este material forma parte dunhas existencias que como fondo de urxencias a FAHG ten en Valencia grazas a un convenio asinado coa ONGD Farmamundi.
-
3ª RESPOSTA EMERXENCIA TERREMOTO HAITÍ
Achega de 10.000 € para apoiar a Cruz Vermella na compra e traslado a terreo dunha Unidade de Resposta Urxente (ERU) dotada de módulos de auga e saneamento.
-
AXUDA DE EMERXENCIA PARA DAMINIFICADOS DO TERREMOTO EN HAITÍ DA FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA COA COLABORACIÓN DOS CONCELLOS DE PALAS DE REI E A BAÑA
Os efectos do terremoto do 12 de xaneiro foron devastadores; atopados o 25 de xaneiro de 2010, 150.000 cadáveres, máis de 250.000 feridos, un millón de rapaces orfos e máis dun millar de persoas sen fogar, e é considerada unha das catástrofes naturais máis graves da historia.
Neste momentos, as necesidades máis urxentes a cubrir para os damnificados son a de comida e medicinas, tamén tendas de campaña e lonas para a construción de albergues, así como tamén a limpeza do terreo, os servizos médicos e os albergues de urxencia. -
AXUDA ALIMENTARIA PARA A POBOACIÓN INFANTIL DAS ESCOLAS DE UNRWA NA FRANXA DE GAZA.
A franxa de Gaza conta cunha poboación de 1,7 millóns de persoas aproximadamente. É a día de hoxe, a zona máis densamente poboada do mundo. Este feito, unido ao persistente bloqueo comercial e de tránsito prolongado levado a cabo polas autoridades israelís, conforman unha das situación máis complexas actuais no mundo.
-
PROXECTO DE ASISTENCIA E ATENCIÓN BÁSICA DIARIA A ANCIÁNS E ENFERMOS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL.
Os sectores de poboación aos que vai dirixida a axuda deste proxecto (anciáns, enfermos e nais solteiras) viven en condicións precarias en canto a vivenda e a hixiene persoal pola falta de auga na casa e pola falta de recursos para comprar produtos de aseo persoal, así como a falta de recursos para mercar alimentos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- 95
- …
- seguinte ›
- última »