Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
PROXECTO DE PROMOCIÓN DE TÉCNICAS DE AGRICULTURA SOSTIBLE PARA A SEGURIDADE E SOBERANÍA ALIMENTARIA DO DEPARTAMENTO DE SUCHITEPEQUEZ (GUATEMALA)
O proxecto pretende mellorar a calidade de vida de sete comunidades do municipio de Santo Domingo de Suchitepequez: La Lupita, Conrado de la Cruz, Monseñor Romeiro, Monte Gloria, Willy Wood, Santa Rita e Santa Cruz Laredo divulgando as técnicas agrícolas sostibles e soberanas.
Nesta iniciativa desenvolveranse tres compoñentes:
a) A formación de 30 promotoras agrícolas en 7 comunidades de Santo Domingo responsables de diseminar a súa aprendizaxe entre 8 veciñas/os da súa comunidade, apoiadas polas parcelas que cultivarán con técnicas sostibles. -
APOIO AO FORTALECEMENTO DO MEDIO ECONÓMICO DE 2.592 PERSOAS DO MUNICIPIO DE SAN ISIDRO LABRADOR, CHALATENANGO, NO SALVADOR A TRAVÉS DA INSERCIÓN LABORAL DOS/AS MOZOS/AS DO NÚCLEO FAMILIAR A TRAVÉS DA CONSTRUCIÓN DUN MERCADO COOPERATIVO
O proxecto pretende fomentar as oportunidades de saída profesional dos mozos do municipio de San Isidro Labrador. Con este fin, desenvólvense un módulo de capacitación de 20 mozos para perfís de construción (albanelaría, electricidade e fontanaría) enfocados a mozos/as en situación de risco e unha fase de construción dun mercado de exposición e venda de produtos locais, artesanais, agropecuarios e industriais e dinamizador para a poboación local como continuidade ao proxecto desenvolvido polo Banco Interamericano de Desenvolvemento na zona.
-
MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA CON PERTINENCIA CULTURAL E DE XÉNERO DA FORMACIÓN DO NENEZ E XUVENTUDE DO MUNICIPIO DE CHAMPERICO, RETALHULEU
Esta intervención enmárcase no Programa de Desenvolvemento Integral Oxlajuj Tz’ikin, financiado e executado pola Xunta de Galicia, 5 ONG galegas e 9 ONG guatemaltecas, en colaboración co Consello Microregional de Champerico. Pretende mellorar a calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero da formación da nenez e xuventude do Municipio de Champerico, Retalhuleu mediante a creación de condicións axeitadas para que os/as alumnos/as poidan desempeñar da mellor forma posible o seu traballo escolar.
-
REDUCIÓN DA VULNERABILIDADE ALIMENTARIA E USO RACIONAL DOS RECURSOS NATURAIS NA MICRO-CUNCA DO RÍO LAURE. HONDURAS
Este proxecto pretende contribuír a diminuír a pobreza e a vulnerabilidade alimentaria das familias do sur de Honduras, promovendo un uso racional dos recursos naturais e sistemas sustentables de produción de alimentos.
-
FORTALECEMENTO DAS CAPACIDADES DAS COMUNIDADES DA MICROCUNCA DO RÍO SASLE PARA UNHA XESTIÓN SUSTENTABLE DOS RECURSOS NATURAIS, JINOTEGA, NICARAGUA, FASE III
Este proxecto constitúe a fase final dunha intervención que comezou en 2008.
-
PROMOCIÓN DA EDUCACIÓN AMBIENTAL COMUNITARIA PARA O MELLORAMENTO DA CALIDADE DE VIDA DA POBOACIÓN DA MICRO BACÍA SAN PEDRO, ALTOS DE FRÍAS-PIURA
Este proxecto pretende contribuír ao desenvolvemento integral da educación das comunidades do distrito de Frías. Para o que se articulará a escola pública coas familias e as asociacións locais, para xerar modelos de desenvolvemento acordes co medio dende a educación ambiental. A proposta abrangue o espazo xeográfico, ecolóxico e sociocultural da micro bacía de San Pedro.
-
MELLORA DAS CONDICIÓNS PARA O APROVEITAMENTO SUSTENTABLE DOS RECURSOS PESQUEIROS E ACUÍCOLAS DA ZONA DO BAIXO LEMPA
Este proxecto inscríbese nun plan de actuación dirixido ao fortalecemento do sector da pesca artesanal na zona da desembocadura do río Lempa, dende unha perspectiva sostible, axeitada e respectuosa co medio e dá continuidade a tres fases previas xa executadas.
-
DESENVOLVEMENTO INTEGRAL EN COMUNIDADES DA FRONTEIRA PERUANO – ECUATORIANA CON ENFOQUE NA XESTIÓN SOCIAL DA AUGA E A SOBERANÍA ALIMENTARIA
Esta intervención parte dunha proposta integral de desenvolvemento a longo prazo con unha proxección de 10 anos e busca mellorar a vida das familias coas que se veñen traballando na zona de fronteira. É complementaria ao Plan de Intervención Trienal 2008-2010 de Axuda en Acción Ecuador e Perú.
-
MELLORA DA CALIDADE DA ATENCIÓN OBSTÉTRICA PRESTADA POLAS COMADROAS TRADICIONAIS E OS PROFESIONAIS SANITARIOS DO DEPARTAMENTO DE RETALHULEU
O proxecto forma parte do Programa de Desenvolvemento Integral Oxlajuj Tz’ihin impulsado pola Xunta de Galicia na vertente de saúde. Pretende reducir a mortalidade morbi-mortalidad materna e perinatal no departamento, fortalecendo ás provedoras competentes da saúde materno-infantil nas comunidades rurais do devandito departamento.
Período de execución: xuño 2010 – xullo 2011 -
POLO DEREITO Á ALIMENTACIÓN DE 240 FAMILIAS RURAIS DOS DEPARTAMENTOS DE NUEVA SEGOVIA, MADRIZ, JINOTEGA, ESTELÍ, LEÓN E CHINANDEGA
O proxecto espera contribuír a mellorar as condicións sociais, económicas, culturais, medio ambientais e organizativas da poboación meta, mediante a implementación de accións que favorezan a incidencia en institucións e organizacións locais e a nivel municipal. Realizarase mediante políticas públicas orientadas ao fomento da produción agroalimentaria e de xeración de ingresos económicos para reducir a pobreza rural e a inseguridade alimentaria e nutricional, de tal forma que as familias reclamen os seus dereitos de vida, soberanía e seguridade alimentaria e crecemento económico.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- 98
- …
- seguinte ›
- última »