Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Apoio á produción e comercialización do feixón nas comunidades Los Portelos, Los Mangles e Las Carpas, do municipio de Posoltega, Departamento de Chinandega, Nicaragua
O proxecto contempla o fortalecemento do capital productivo, humano, social e natural das comunidades Los Mangles, Los Portillos e Las Carpas do municipio de Posoltega, ca finalidade de que as familias das comunidades incrementen os ingresos económicos para atenuar as situacións de crise de inseguridade alimentaria, por medio do melloramento competitivo da cadea do feixón, facendo énfase nunha producción sostenible co medio ambiente, ben fomentando o desenvolvemento de accións que veñan a mellorar a capacidade de negociación dos productores (calidade, cantidade, coñecementos do mercado e co
-
Mellora do acceso ao saneamento básico e a promoción da educación en hixiene e saúde en comunidades fronteirizas de República Dominicana e Haití
O proxecto pretende mellorar a calidade de vida da poboación das comunidades fronteirizas de intervención, a través de mellorar as súas condicións de saneamento básico e a súa capacidade de previr enfermidades relacionadas á deficiente hixiene e saneamento, como o cólera.
-
Ampliación e fortalecemento da Oferta Educativa do Centro de Formación Laboral “Rafael Reyes García” (C.F.L.) na comunidade de Acahualinca Fase II. Nicaragua
A presente proposta obedece a unha Segunda Fase do proceso de Ampliación e Fortalecemento de Oferta Educativa do Centro de Formación Laboral "Rafael Reyes García". (C.F.L), iniciado co Proxecto "Ampliación da Oferta Educativa de devandito Centro na comunidade de Acahualinca" financiado pola DXREUE da Xunta de Galicia na súa convocatoria de Proxectos do ano 2009.
-
Fortalecemento de grupos organizados para a Pesca Artesanal Sostible e a conservación dos recursos naturais na Isla de Ometepe, Fase II. Nicaragua
O proxecto "Fortalecemento de grupos organizados para a Pesca Artesanal Sostible e a conservación dos recursos naturais na Isla de Ometepe, 2ª Fase" desenvolverase na Isla de Ometepe, que pertence ao Departamento de Rivas, situado no sector suroeste da República de Nicaragua.
-
Mellora das condicións para o aproveitamento sostible e solidario dos recursos pesqueiros e acuícolas da zona del Bajo Lempa, O Salvador (Fase V)
O presente proxecto pretende contribuír a mellorar as condicións de vida de 772 familias dos municipios de Tecoluca, San Luís La Herradura e Zacatecoluca, O Salvador, mediante a mellora das condicións económicas, ambientais e organizativas de 3.864 habitantes (1.941 homes e 1.923 mulleres).
-
Mellora das condicións hixiénico sanitarias, de saneamento e ambientais de 489 familias (2.445 persoas aprox.) no sector de Santa Lucía, barrio Cienfuegos, Santiago dos Cabaleiros, provincia de Santiago, República Dominicana
A intervención de Jacarafe e ACPP no barrio de Santa Lucía iniciouse en 2008, coa execución do Programa Integral de Mellora do Barrio Santa Lucía, que se alargou ata 2010. Con este proxecto preténdese dar continuidade ao traballo realizado co programa, nas seguintes áreas de actuación:
-
C-01-11 O Fondo Galego: fortalecendo a solidariedade desde o local, 2011
O Fondo Galego, que asocia o seu traballo de sensibilización social á colaboración coa Xunta de Galicia desde o ano 2003, presentou e executou durante o ano 2010 en colaboración coa actual Xunta, un Plan de sensibilización que sintetizou os esforzos desta área nesta primeira década de vida do Fondo.
-
ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A FUNDACIÓN AXENCIA HUMANITARIA DE GALICIA E FARMACÉUTICOS MUNDI PARA ACTUACIÓNS DE ACCIÓN HUMANITARIA E EMERXENCIA
Accións de asistencia e atención inmediata de urxencia tras declararse un desastre ou crise humanitaria ou ante a agudización dunha crise crónica (fames, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou poscatástrofes) para evitar unha gran mortaldade entre os damnificados.
-
AXUDA DE EMERXENCIA ANTE A EPIDEMIA DE CÓLERA EN HAITÍ
A epidemia de Cólera en Haití continúa propagándose rapidamente e pode durar anos e matar a decenas de miles de persoas.
Despois da primeira axuda enviada pola AECID na que colabora a FAHG o 26 de outubro, a Xunta de Galicia a través da FAHG colabora no envío que a AECID realiza o 24 de novembro. Neste envío transportaranse 40 toneladas de soro e material para a súa administración.
Para esta colaboración a FAHG tamén utiliza o fondo permanente de material almacenado na sede en Valencia da ONG Farmamundi, a través do convenio de colaboración asinado entre as dúas entidades. -
AXUDA DE EMERXENCIA Ó BROTE DE CÓLERA EN HAITI
Despois do tremor que sufriu Haití o pasado mes de Xaneiro, nestes momentos o país vese afectado por un brote de cólera que xa ten causado centenares de mortes e millares de afectados. O cólera é unha enfermidade aguda que se transmite a través da auga e dos alimentos contaminados causando diarrea, febres altas e grave deshidratación, e que pode matar en cuestión de horas si non se trata de un xeito axeitado.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- …
- seguinte ›
- última »