Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
AXUDA HUMANITARIA Á POBOACIÓN REFUXIADA EN UGANDA. ACESO Á AUGA POTABLE.
Durante as dúas últimas décadas, Uganda pasou de ser un país inmerso nunha situación de posconflito, mediante unha exitosa fase de reconstrución a converterse nun país que goza dun significativo grao de estabilidade interna e externa. Ao longo dos últimos vinte anos, o norte de Uganda viuse devastado polo enfrontamento armado entre o rebelde exército de Resistencia do Señor, o Goberno e as súas forzas armadas. Nas primeiras fases do conflito, un gran número de civís fuxiron das súas casas espontaneamente.
-
APOIO Á CONSTRUCIÓN DE CUARTOS DE BAÑO NA ILLA DO MAIO
O proxecto prevé a construción de 60 cuartos de baño nas localidades de Figueira e Ribeira Don João, con vista a combater os actuais índices de insalubridade así coma a realización de campañas de sensibilización e educación para saúde con vista a contribuír á adopción de novos hábitos de hixiene. Estas campañas serán organizadas a través de procesos participativos e asegurarán o envolvemento directo das asociacións comunitarias das respectivas localidades.
-
MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS E CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE, SANEAMENTO, ORGANIZATIVAS E HIXIÉNICO SANITARIAS DO SERVIZO DE PEDIATRÍA NO HOSPITAL HERNÁNDEZ VERA
Preténdese mellorar e acondicionar das instalacións do pavillón de Pediatría. En concreto:
- Mellorar as condicións de habitabilidade do Servizo de Pediatría.
- Mellorar a atención hospitalaria aos pacientes, derivando nunha atención confortable e acolledora, provocando unha pronta recuperación e a súa posterior alta hospitalaria, reducíndose o tempo de ingreso no hospital
- Ampliar a cobertura e atención sanitaria a un maior número de pacientes -
APOIO AO PROXECTO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN E DE SENSIBILIZACIÓN EN COOPERACIÓN INTERNACIONAL E AXUDA AO DESENVOLVEMENTO
O convenio constitúe un apoio ás actividades de formación e sensibilización e ao curso de posgrao en cooperación ao desenvolvemento que realiza a USC dende o curso 1998-1999.
-
Apoio ao Instituto para el desarrollo y la innovación educativa (IDIE) en Arxentina. Plan de actuación 2010
O proxecto pretende afondar e diversificar as accións levadas a cabo polo Instituto para el Desarrollo y la Innovación Educativa (IDIE-OEI).
-
PROGRAMA INTEGRAL PARA O DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL E PRODUTIVO DA PESCA DE PEQUENA ESCALA E ACUICULTURA RURAL EN CENTROAMÉRICA
O proxecto afonda no desenvolvemento de capacidades como unha ferramenta clave para o desenvolvemento social e produtivo do sector da pesca de pequena escala na rexión. Óptase pola profesionalización sectorial como unha estratexia a longo prazo que leve á poboación implicada ao desenvolvemento progresivo dos seus coñecementos e prácticas económicas, baixo os conceptos de sustentabilidade e produtividade.
-
FORTALECEMENTO INSTITUCIONAL MUNICIPAL E COMUNITARIO NO MARCO DO OXLAJUJ T´ZIQUIN
O fortalecemento á organización comunitaria de 17 comunidades e dunha asociación de pescadores nos municipios de Champerico e Retalhuleu consiste en incrementar as capacidades de homes, mulleres, novos para que poidan desenvolver propostas de desenvolvemento rural involucrando cada actor comunitario na determinación das súas necesidades prioritarias, as accións para solucionalas, a execución e a análise dos resultados e impactos.
-
COOPERHEMOS: PROMOCIÓN DA COMUNIDADE HEMOFÍLICA DE PERÚ
O proxecto centrarase no fortalecemento da sede central da Asociación Peruana de Hemofilia (situada en Lima) e a consolidación das filiais que están distribuídas polo país (Chiclayo, Arequipa e Piura).
De modo concreto tense como obxectivo incrementar a eficiencia na xestión organizativa da asociación, para ampliar o impacto nos seus programas de traballo. Así, o fortalecemento realizarase en dúas liñas de acción: -
ATENCIÓN Á NENEZ DO AGUSTINO NAS SÚAS NECESIDADES EDUCATIVAS E FORMATIVAS COMO PREVENCIÓN FRONTE Á DESATENCIÓN FAMILIAR E Á VIOLENCIA
O proxecto pretende contribuír ao desenvolvemento integral de nenas e nenos que viven nas zonas dos outeiros do distrito de El Agustino (Lima), mellorando a súa calidade de vida, a través do modelo de intervención das Casas del Niño, cunha estratexia de intervención comunitaria brindando deste xeito espazos diferentes para que as nenas e nenos poidan ter un lugar axeitado e en condicións para o desenvolvemento das actividades de apoio escolar e bo uso do seu tempo libre, o que os fai afastarse dos perigos que se presentan nas rúas, como a delincuencia, drogas, violencia, entre outr
-
UN POZO DE AUGA PARA NGOUYE. SENEGAL
O fin deste proxecto é dotar á comunidade de Ngouie de sistemas auto xestionados de auga potable consistentes nun pozo moderno cunha bomba eléctrica de 2.000 a 3.000 l/h e dun xerador eléctrico. O fin último é garantir á poboación local o acceso á auga potable e, na mesma orde, diminuír a incidencia de enfermidades diarreicas e da pel na poboación, mellorar o seu estado nutricional e as súas condicións hixiénicas, aliviar a carga de traballo das mulleres, os nenos e as nenas, elevando así o nivel de vida da poboación.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 89
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- …
- seguinte ›
- última »