Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
1ª RESPOSTA ANTE O PASO DOS FURACÁNS GUSTAV, HANNA E IKE
Entre os días 24 de agosto e 14 de setembro o paso de tres furacáns polo Caribe deixou máis de 700 persoas falecidas entre Cuba, Haití, República Dominicana, Xamaica e os Estados Unidos (Xeorxia, Luisiana e Florida). O paso de tres furacáns consecutivos deixa uns gastos valorados en 50.000 millóns de dólares. Tras a petición de axuda internacional dos gobernos dos países afectados, a AECID envía 4 avións con axuda humanitaria para atender as vítimas desta catástrofe.
-
2ª RESPOSTA ANTE O PASO DOS FURACÁNS GUSTAV, HANNA E IKE
Tras o paso dos furacáns Gustav, Hanna e Ike xorde a urxencia de cubrir necesidades básicas de urxencia da poboación haitiana. Con este proxecto preténdese proporcionarlle asistencia humanitaria a 4.000 familias das zonas máis afectadas de Haití, céntrase estritamente en darlles asistencia aos damnificados e realizar labores de reconstrucción
-
1ª RESPOSTA ANTE A EMERXENCIA EN GAZA
O 27 de decembro de 2008 as Forzas de Defensa Israelís lanzaron unha intensa operación militar na franxa de Gaza coñecida como Plomo Fundido. O Ministerio de Saúde palestino afirmaba que arredor de 1.300 palestinos morreron e que miles de persoas resultaron feridas. Ante a gravidade da crise a AECID coordina con diferentes ONGD e coa cooperación descentralizada accións de axuda humanitaria para a poboación afectada polo conflito bélico e realiza o envío de ata 4 avións ao terreo con axuda humanitaria.
-
DOTACIÓN FONDO DE EMERXENCIA
A sinatura de un acordo de colaboración entre a FAHG e Farmacéuticos Mundi ten por obxecto dar resposta inmediata e atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas, con especial énfase nos colectivos máis vulnerables e paliar o sufrimento das poboación afectadas polas crises de longa duración e desequilibrios económicos crónicos e estruturais
-
TIFÓN KETSANA
O tifón Ketsana causou 240 mortos e 1,8 millóns de damnificados ao seu paso por Filipinas. Neste contexto a AECID pon en marcha un operativo de resposta ao que se suman as ONGD e cooperación descentralizada.
-
TERREMOTO EN SUMATRA
Un terremoto de magnitude 7,6 na escala Richter con epicentro a 50 quilómetros ao noroeste de Padang, capital de Sumatra Occidental deixou máis de 1.100 persoas falecidas (fontes de Nacións Unidas), miles de desaparecidos e as infraestruturas seriamente danadas como hospitais e estradas de acceso.
-
ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A FUNDACIÓN AXENCIA HUMANITARIA DE GALICIA E FARMACÉUTICOS MUNDI PARA ACUTACIÓNS DE ACCIÓN HUMANITARIA E DE EMERXENCIA
Accións de asistencia e atención inmediata de urxencia tras declararse un desastre ou crise humanitaria ou ante a agudización dunha crise crónica (fames, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou poscatástrofes) para evitar unha gran mortaldade entre os damnificados.
-
FURACÁN IDA
O 7 de novembro prodúcese na costa salvadoreña un furacán de categoría 1 na escala Saffir-Simpson de cinco niveis.
-
CESIÓN DE MATERIAL DENTRO DE UN PROXECTO DE APOIO NA PREVENCIÓN DE EMERXENCIAS.
A provincia de Moxos, situada ao norte de Bolivia, no límite con Brasil é un territorio con baixa densidade de poboación e alta dispersión territorial, que se caracteriza pola presenza de grandes ríos con fortes crecidas, zonas de selva pechada con camiños e sendas de terra ou barro, e clima tropical, onde abundan as intensas chuvias. Posúe unha poboación de máis de 50.000 habitantes da familia dos Arawac, que se distribúe en 109 comunidades campesiñas e dous territorios indíxenas divididos a súa vez en 77.
-
ENTREGA DE AXUDA HUMANITARIA CON DESTINO HAITÍ
Convenio de colaboración mediante o cal a FAHG fai entrega de 48 toneladas de leite en po e o custo do seu transporte para que sexan distribuídas en colexios de Puerto Príncipe, que tras o paso dos furacáns Gustav e Hanna quedaron seriamente afectadas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 95
- 96
- 97
- 98
- 99
- 100
- 101
- 102
- 103
- …
- seguinte ›
- última »