Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
FORTALECIDA A ESTRATEXIA E COMUNICACIÓN DA FUNDACIÓN CUME
Tras realizar unha análise DAFO, a entidade presenta un plan de mellora que pasa por tres eixes fundamentais: novo plan estratéxico, plan de comunicación, novo persoal adicado á implementación do plan, aproveitamento da páxina web da entidade, apertura de novas vías de comunicación coas institucións, ONGD, doantes, voluntarios, cos medios e prestación de axuda técnica en comunicación nos proxectos.
-
AMPLIANDO ESPAZO ACSUR GALIZA
A proposta trata de mellorar a estrutura de ACSUR en Galicia tras dous anos na comunidade autónoma co compromiso de afianzarse no eido das ONGD. Entre os retos da organización en Galicia está acadar maior presenza institucional e territorial, ampliar a base asociativa, difundir a mensaxe e unir esforzos en concretar un proxecto común, estable e duradeiro, para o que precisa apoio dunha persoa para fortalecer as áreas de traballo de sensibilización e educación ao desenvolvemento e garantir o crecemento natural da organización cunha maior presenza nas catro provincias.
-
AUMENTO DO COÑECEMENTO E DA IMPLICACIÓN DA CIDADANÍA GALEGA SOBRE OS DEREITOS DOS POBOS INDÍXENAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA DUNHA COOPERACIÓN INTEGRAL
Este proxecto é resultado do labor coordinado de catro das ONGD galegas que están traballando xuntas en Guatemala no marco do Programa de desenvolvemento integral Oxlajuj Tz’Ikin. Con esta campaña, búscase achegar á sociedade galega, especialmente á mocidade, non só as problemáticas que afectan a zona de intervención e as potencialidades da cooperación multisectorial e integral impulsada pola DXREeUE, senón sobre todo – dende unha rigorosa perspectiva de xénero – a cultura maia e as súas reivindicacións como pobo indíxena.
-
A SOCIEDADE GALEGA COÑECE A SITUACIÓN ACTUAL DO ACCESO A MEDICAMENTOS ESENCIAIS NOS PVD, AS CAUSAS DA DEVANDITA SITUACIÓN E O PAPEL DOS ACTORES IMPLICADOS, E ADEMAIS TOMA CONCIENCIA DA PROBLEMÁTICA
Este proxecto busca trasladar á poboación galega a problemática e a desigualdade existente no acceso a medicamentos esenciais, que se sostén nunha tremenda desigualdade da que se pretende facer partícipe á sociedade galega, tratando de xerar conciencia crítica e favorecendo a mobilización social, fomentando o desenvolvemento de valores e actitudes persoais e colectivos e construíndo un coñecemento crítico da realidade e incidencia dirixido a diferentes sectores de Galicia, fundamentalmente aqueles onde o ámbito de influencia é maior: universitarias/os, estudantes de formación profesional, c
-
PROXECTO DE DIFUSIÓN DO CONCEPTO DE TECNOLOXÍA PARA O DESENVOLVEMENTO HUMANO A TRAVÉS DA SENSIBILIZACIÓN E A EDUCACIÓN FORMAL NA COMUNIDADE UNIVERSITARIA E NA SOCIEDADE GALEGA EN XERAL
Este proxecto, a través da educación para o desenvolvemento (EpD) nas súas dimensións de educación-formación e sensibilización, busca introducir o concepto da tecnoloxía para o desenvolvemento humano (TpDH) como ferramenta necesaria para conseguir un mundo máis xusto e solidario.
-
MULLERES E COMERCIO XUSTO: ELAS ALIMENTAN O MUNDO
O proxecto pretende sensibilizar á sociedade galega en dous eidos: comercio xusto/consumo responsable e xénero, facendo especial fincapé nas mulleres do rural que aseguran grazas ao seu traballo a alimentación das familias ao seu cargo. Para iso, traballarase con mulleres organizadas de Galicia mediante obradoiros de formación. Destes contactos xurdirá a base para a celebración dunhas xornadas, onde xunto con mulleres do Sur se debaterá a problemática concreta das mulleres produtoras e a súa achega ao desenvolvemento dos pobos.
-
CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN GALICIA 2010-2011
A campaña traballa para lograr os ODM de educación en 2015. Parte de dúas liñas: actuación cos centros educativos e mobilización e incidencia, para facer unha proposta de acción baseada en:
- Achegar a Campaña Mundial pola Educación a cantos máis centros educativos posible.
- Dar apoio aos centros educativos no seu traballo na campaña.
- Facer un seguimento e incidencia nas políticas de cooperación dos axentes de cooperación galegas. -
CONSTRUÍNDO UNHA CIDADANÍA GLOBAL EN GALICIA
Este proxecto busca contribuír a un maior coñecemento e implicación entre o voluntariado, base social e a sociedade galega en xeral, sobre a realidade dos países do Sur, en particular sobre agricultura e alimentos, ofrecendo propostas de participación e mobilización concretas e favorecendo unha implicación na escaleira de compromiso social. Ademais, a campaña trata de integrar os contidos da educación para unha cidadanía global na práctica educativa de docentes e o seu alumnado en Galicia.
-
CIDADANÍA GLOBAL E EQUIDADE DE XÉNERO: DA REFLEXIÓN Á ACCIÓN DA MOCIDADE E DO PROFESORADO DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE NO CURSO 2010-2011
Este proxecto, desenvolvido en Galicia desde 2004, enmárcase dentro da Campaña Cidade-Planeta, centrada tematicamente no curso 2010-2011 na equidade de xénero, que se integra dentro da proposta de “Redes Solidarias Educativas" de Entreculturas.
-
11ª AULA ITINERANTE DOS CONTOS SOLIDARIOS (2010/2011): AS VIAXES DO PAZTINETE SOLIDARIO
Neste proxecto desenvolveranse 100 sesións de contacontos centrados na temática da poboación refuxiada, os nenos soldado, o medio ambiente e a solidariedade. Interpretaranse valéndose de monicreques artesáns tecidos en Guatemala, India e Bangladesh baixo criterios de comercio xusto. Percorreranse especialmente escolas do medio rural galego como acto de solidariedade interna debido á menor oferta deste tipo de actividades de sensibilización solidaria en comparación ás escolas do medio urbano.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- 98
- 99
- 100
- 101
- …
- seguinte ›
- última »