Proxectos
-
Mellora do sistema de abastecemento da agua para consumo humano nunha poboación de Guinea Bissau
O presente proxecto oriéntase a mellorar o sistema de abastecemento e da calidade da auga do barrio de Ponte Nova na cidade de Bafatá; unha zona cun sistema de subministración de auga que non consegue dar a cobertura total ao barrio, o que obriga á poboación a consumir auga das fontes superficiais. As súas estratexias principais serán a implantación de medidas correctoras e dun programa para educar á poboación en prácticas seguras e respectuosas coa auga para consumo humano.
-
Fortalecemento da Universidade de Cabo Verde para o fomento do emprendemento e a innovación sostible en Cabo Verde nas áreas da economía verde e azul
Este proxecto, que da continuidade á anterior colaboración entre a Universidade de Vigo e a Universidade de Cabo Verde (UniCV) e a outras intervencións previas financiadas por Cooperación Galega no país, pretende contribuír á xeración de oportunidades de desenvolvemento e creación de riqueza nas poboacións costeiras e rurais de Cabo Verde.
-
Promovendo a equidade de xénero e o empoderamento económico da poboación rural de Yacuambi
Este proxecto ten como finalidade contribuír á igualdade de xénero e ao empoderamento de mulleres de zonas rurais do cantón Yacuambi, provincia de Zamora Chinchipe, para a eliminación da feminización da pobreza e a violencia de xénero, entendendo a pobreza dunha forma multidimensional e vinculada á discriminación e a desigualdade que viven determinados grupos sociais, como son as mulleres, rurais e indíxenas, que serán parte da poboación meta do proxecto.
-
Mellora da equidade de xénero, a soberanía alimentaria e a dinamización económica local co exercicio dos dereitos políticos, económicos, sociais, culturais e ambientais das mulleres rurais en Pespire (Honduras)
O proxecto, que ten como destinatarios indirectos a todas as mulleres, nenas e nenos do municipio de Pespire, persegue –desde un enfoque baseado no respecto dos Dereitos Humanos–, contribuír a erradicar a pobreza, promover a igualdade e a equidade de xénero, loitar contra a fame, garantir a soberanía alimentaria, promover a sustentabilidade ambiental e o desenvolvemento económico local e inclusivo deste municipio.
-
Comunidades resilientes a través do enfoque de saúde integral e seguridade alimentaria e nutricional no municipio de San Marcos de Colón, Honduras – CORESAN
Este proxecto pretende contribuír a impulsar formas de vida resilientes que contribúan ao benestar de 25 comunidades rurais atendidas polo CIS de San Francisco e ZPP As Trementinas do municipio de San Marcos de Colón, Choluteca (Honduras) a través dun enfoque de saúde integral e seguridade alimentaria e nutricional. Para iso, propón unha serie de estratexias e solucións orientadas a incrementar progresivamente o goce do dereito á saúde e a seguridade alimentaria para as citadas comunidades, baseadas nun enfoque de dereitos con perspectiva de xénero.
-
Alcanzando o acceso a servizos de saneamento, hixiene, saúde e disposición de lixo, adecuados ao contexto xeográfico para 40 de 67 familias de 3 comunidades da subcentral Chocorosi, poñendo fin á defecación ao aire libre, prestando atención ás necesidades das mulleres, nenas e persoas en situación de vulnerabilidade
Este proxecto logrará que, como froito do empoderamento das mulleres Bartolinas da Subcentral Agraria Chocorosi, 40 familias titulares de dereitos accedan a inodoros, lava mans e duchas grazas á implementación de sistemas de saneamento básico unifamiliares. Cada familia construirá unha caseta-baño como parte do seu aporte local en man de obra.
-
Proxecto Te Chwinqlal (para a vida) para o fortalecemento das capacidades de planificación e xestión participativa; e a mellora dos servizos básicos e a gobernanza en materia de auga, saneamento e hixiene, dende un enfoque de xénero e inclusión, das 267 familias indíxenas, compostas maioritariamente por mulleres viúvas e solteiras da Comunidade Man Cajolá, recentemente asentada no municipio de Champerico, en Guatemala
Nun contexto marcado polo impacto da pandemia da COVID 19, no que a situación de crise e emerxencia sobreponse cos problemas estruturais da comunidade, o plan Te Chwinqlal rediríxese á mitigación do impacto da pandemia a través do fortalecemento comunitario para a prevención e xestión da COVID 19, e a dotación de servizos de auga e saneamento básicos que permitan unhas condicións hixiénicas mínimas na comunidade para facer fronte á crise. Esta proposta recibiu o apoio da Xunta de Galicia no ano 2021.
-
Proxecto Q´aq´iq (espírito vital) para a mellora da calidade educativa, o benestar emocional e as condicións hixiénico sanitarias en 13 escolas de primaria do departamento de Retalhuleu, Guatemala, no marco do retorno ás clases presenciais logo do peche dos centros educativos pola pandemia de COVID-19. Fase 2.
O proxecto enmárcase no contexto de volta á educación presencial posterior á pandemia da COVID 19 que tivo como consecuencia o peche de centros educativos e onde se implementou un sistema de educación a distancia ineficiente, sobre todo nas áreas máis vulnerables do país, con gran dependencia das tecnoloxías e fundamentado no acompañamento de pais e nais durante o proceso de aprendizaxe do alumnado.
-
Mellora dos mecanismos locais e nacionais dirixidos á atención integral e promoción dos DDHH e dereitos das mulleres, nos municipios de San Cristóbal e Haina, Provincia de San Cristóbal, República Dominicana. Fase II
Este proxecto é a segunda fase da estratexia orientada a garantir o dereito a unha vida libre de violencias para as mulleres e as nenas na provincia de San Cristóbal en 12 barrios dos municipios de San Cristóbal e Bajos de Haina, que ACPP/IDAC/AGARESO iniciaron co financiamento da Xunta de Galicia na convocatoria de 2020. A fase I serviu para avaliar os procesos iniciados, facer unha análise de pertinencia, analizar os impactos xerados pola COVID 19 e compartir escenarios a medio prazo.
-
Fortalecemento das capacidades das mulleres, nenas e adolescentes para o pleno exercicio dos seus dereitos a unha vida libre de violencias e a medios de vida dignos no eixo La Paz/ El Alto /Santa Cruz, Bolivia. FASE II
A proposta establécese para os Departamentos de La Paz e Santa Cruz, tanto nas cabeceiras departamentais como en El Alto, no primeiro caso, e en Santa Cruz de la Sierra, no segundo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »