Proxectos
-
Mellora da seguridade alimentaria e das desigualdades de xénero na liña de fronteira entre Guinea-Bissau e Senegal mediante a creación dunha rede de hortas comunitarias xestionadas e controladas por mulleres
O obxectivo deste proxecto é por en funcionamento unha rede de hortas comunitarias transfronteirizas xestionadas e controladas por mulleres de ambos países, que lles va a permitir a elas e as súas familias: mellorar a súa soberanía alimentaria mediante a produción de hortalizas que xa consumen; diversificar a súa dieta coa introdución de novas hortalizas que non consumen; mellorar a resiliencia das súas comunidades complementando os seus sistemas tradicionais de renda en época de chuvia, con o cultivo de hortalizas durante a época seca; aumentar os seus ingreso
-
Apoio á Seguridade Alimentaria e Nutricional de 150 familias vulnerables vinculadas ó sector pesqueiro e marisqueiro da Bahía de la Unión, El Salvador
O proxecto ten como obxectivo específico reducir os déficits nutricionais en familias vinculadas ao sector pesqueiro e marisqueiro da Bahía de la Unión, mediante a promoción de hábitos saudables de alimentación e a produción e utilización biolóxica de alimentos saudables e inocuos, garantindo a igualdade de xénero. Deste xeito, se fomentará o incremento da dispoñibilidade de alimentos adecuados e accesibles nos mercados locais e mellorarán a saúde nutricional das familias beneficiarias.
-
Fomento da conciencia social e a capacidade de comunicación crítica do colectivo adolescente dos municipios de Ames, Boiro, Navia de Suarna, Viana do Bolo e A Guarda.
O proxecto EpD_LAB da Asociación galega de reporteiros solidarios-AGARESO é un proxecto multimedia de comunicación que se desenvolverá en 5 centros educativos de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Ames, Boiro, Navia de Suarna, Viana do Bolo e A Guarda) e un de Latinoamérica (Tecoluca, El Salvador). O obxectivo principal de EpD_LAB é a formación no uso das TIC como medio de comunicación para a sensibilización social e a formación en valores, centrada na comunicación para o desenvolvemento e a cooperación.
-
Fortalecemento da resposta multisectorial para a mellora de acceso e de exercicio dos dereitos sexuais e reprodutivos, con énfase na prevención e denuncia da violencia sexual e do embarazo non desexado en menores de 14 anos das zonas 3, 6, 7 e 18 e os Mun
O proxecto pretende dar resposta a unha situación de vulnerabilidade de dereitos que afecta principalmente ás menores de 14 anos, mozos e mulleres de Guatemala, que enfróntanse a actos de violencia sexual e embarazos precoces sen existir unha prevención e unha atención oportuna por parte das institucións.
-
Proxecto de difusión da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano na comunidade educativa e profesional de base tecnolóxica e na sociedade galega en xeral 2015-2016
Este proxecto de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia pretende difundir o acceso a servizos básicos como dereito e seguir introducindo o concepto da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano como unha ferramenta necesaria para conseguir un mundo máis xusto e solidario.
-
Fortalecemento das capacidades locais para a produción e consumo responsable de alimentos, e o desenvolvemento económico con enfoque de soberanía alimentaria e cambio climático, en comunidades rurais dos municipios de Nacaome e Amapala, Honduras
O proxecto pretende fortalecer as capacidades locais para garantir o dereito á alimentación a través dunha acción integral con enfoque de soberanía alimentaria e cambio climático nos municipios de Ampala e Nacaome, departamento de Valle (Honduras). Traballase directamente con 129 familias organizadas en sete grupos locais de agricultores (as) e pescadores (as) artesanais das comunidades.
-
Mellorar o exercicio dos dereitos de saúde sexual e reprodutiva dos e das mozos/as do distrito de Matola, provincia de Maputo, Mozambique.
Este proxecto promove un enfoque integral dos dereitos sexuais e reprodutivos dende unha perspectiva de xénero e interculturalidade, asegurando o coñecemento e gozo dos dereitos das mulleres e mozos/as en idade escolar. Considerando ó estado como responsable de garantir os dereitos sexuais e reprodutivos da súa poboación en un marco de igualdade de oportunidades. O proxecto fortalece o sistema público de saúde, o mesmo tempo que a sociedade civil e a súa resposta comunitaria á violencia.
-
Campaña mundial pola educación 2016 en Galicia.
Con este proxecto, o equipo territorial da Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia e as ONGD que a integran aos efectos deste proxecto (Entreculturas, Educo, Taller de Solidaridad, Axuda en Acción) queren dar continuidade ao traballo de máis de 10 anos en Galicia sensibilizando e formando á sociedade galega e á comunidade educativa, sobre a situación da educación no mundo.
-
Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego
Este proxecto de Asemblea de cooperación pola Paz agrupada co Asociación Galega de Reporteiros Solidarios -AGARESO constitúe unha aposta integral pola formación en educación e comunicación para o desenvolvemento na comunidade galega, que abarca desde a educación infantil ata a universitaria e que se presenta como continuación e complemento do proxecto EpD-CpD. As accións programadas inciden na sensibilización sobre a problemática dos países empobrecidos e da situación dos colectivos máis desfavorecidos deses países, especialmente das mulleres.
-
Mellora das condicións xerais de saúde e de acceso a auga potable das e dos 811 habitantes (382 mulleres e 429 homes) del Batey la Balsa, municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Marcoris, República Dominicana.
A presente actuación forma parte dun proxecto integral máis amplo de mellora das dotacións de auga potable e saneamento no municipio de Ramón Santana que ACPP e o Instituto de Acción Comunitaria (IDAC) veñen desenvolvendo dende 2011 en apoio á planificación estratéxica e á priorización de necesidades levadas a cabo polo Ayuntamiento de Ramón Santana a través do seu Plan Estratéxico Municipal (PEM).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- …
- seguinte ›
- última »