Proxectos

  • Asociacionismo migrante en Galicia. Lazos transnacionais e codesenvolvemento desde unha perspectiva de xénero

    O proxecto “Asociacionismo migrante en Galicia - Lazos transnacionais e codesenvolvemento desde unha perspectiva de xénero” aborda a participación política da comunidade migrante residente en Galicia desde a perspectiva teórica do transnacionalismo, que se centra en analizar os vínculos que se establecen entre os países de orixe e de destino das persoas migrantes e, concretamente, estudaremos os procesos de codesenvolvemento que teñen lugar a raíz das estratexias transnacionais das asociacións de migrantes e realizaremos unha análise de participación política das mulleres migrantes en Galic

  • Convenio de colaboración para dar resposta á emerxencia de ébola en Serra Leona. Fase III Ano: 2014

    Actualmente estase a producir a maior epidemia de ébola (EVD) desde o descubrimento da enfermidade en 1976. Afecta a 4 países por agora (Guinea Conakry, Liberia, Serra Leona e Nixeria). En maio de 2014, o goberno de Serra Leona declarou a epidemia de ébola e en xullo o estado de emerxencia, co que puxo en marcha un paquete de medidas especiais que incluíu a implicación das forzas de seguridade e a restrición e control de movementos.

  • Proxecto integral de educación infantil en Varela ( Guinea Bissau)

    O proxecto de educación que se quere desenvolver enmárcase dentro das prioridades do Documento de Estratexia Nacional para a Redución da Pobreza (DENARP), elaborado polo actual goberno de Guinea-Bissau. Os motivos principais da construción do Xardín de Infancia son os seguintes: Ensinar ós nenos/as os idiomas: criollo-bissauguineano e portugués, para que teñan un nivel mellor na linguaxe cando empecen os estudios de primaria.

  • Apoio psicosocial para as vítimas da operación “Protective Edge” na franxa de Gaza

    UNRWA traballa desde hai máis de 6 décadas na Franxa atendendo á poboación refuxiada en todos os aspectos básicos para o desenvolvemento: saúde, educación e servizos sociais.
    Ademais, nestes anos deu resposta ás frecuentes crises humanitarias que a poboación gazatí tivo que afrontar como consecuencia do conflito, entre elas, dúas intifadas e máis de 5 operacións militares nos últimos 10 anos.

  • Ampliación das oportunidades de reinserción social de adolescentes que cumpren medidas xudiciais en Perú

    O presente proxecto de investigación exponse no marco do convenio de colaboración que UDIPRE: Unidade de investigación en prevención e tratamento de problemas de Conduta da Universidade de Santiago e a fundación COMETA: Compromiso desde a infancia e a Adolescencia en Perú teñen subscrito desde o ano 2011.

  • Campaña de sensibilización “Santiago sen Fronteiras”

    "Santiago sin Fronteiras” está integrado dentro da Campaña global “Cidades sen fronteiras” de MSF. É unha campa de Sensibilización que ten como obxectivo concienciar á poboación española da importancia de realizar unha Acción Humanitaria independente e de calidade dirixida ás poboacións en situacións complexas, poñendo énfase nos contextos de violencia extrema.

  • Ecuador, Territorio Intelixente: consolidación de Innovación, Desenvolvemento, Investigación e Transferencia (I+D+i+T) en Ordenación do Territorio e Tecnoloxías da información Geospacial- FASE II (ECUIDiT- FASE II)

    Durante os anos 2012 e 2013 desenvolveuse a fase I do proxecto ECUIDiT. Co financiamento da Xunta de Galicia levaron a cabo acciones que incluíron un programa de estancias de L/P en Galicia para estudantes ecuatorianos de materias de planificación e xestión territorial, así como a creación en Ecuador da Rede de Investigación en Xestión do Territorio e Información Xeo-espacial (RIGTIG).

  • Plan de sensibilización 2014: Os Obxectivos do Milenio: fin… e principio

    O presente proxecto pretende ser un Plan de fortalecemento institucional, sensibilización social e comunicación do Fondo Galego durante o 2014 (Plan 2014). As actividades que se engloban no Plan 2014, son continuadoras do traballo histórico desenvolvido na área de sensibilización entre o Fondo e a Xunta nos últimos 13 anos e especificamente das formulacións de convenios de 2010, 2011 e 2012.

  • Programa de formación e innovación educativa para estudos de posgrao en agricultura e medio ambiente en Centroamérica.

    A iniciativa baséase nunha análise realizada en colaboracións anteriores. Estas análises poñen de manifesto a necesidade de formación técnica cualificada para poder achegar avances innovativos no sector agrícola. Estes avances supoñerían unha mellora da calidade de vida na rexión. As actividades enmárcanse nun programa de colaboración entre a USC e a USAC (Universidade de San Carlos (Guatemala) a longo prazo, que comezou en 2008. Entre os principais froitos alcanzados é o programa de doutoramento conxunto entre ambas as institucións.

  • Cooperación Galega; O mundo que queremos

    O presente proxecto constitúese como a II edición dunha iniciativa que conta con dúas características diferenciais que condicionarán cada unha das fases e elementos que o compoñen; dunha banda, o feito de formar parte do “Plan Proxecta” da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, doutra o feito de aspirar a ser un proxecto colectivo e participado polo maior número posible de entidades e colectivos galegos con experiencia no eido da EpD. Ambos feitos inciden directamente no obxecto, contidos e metodoloxía do mesmo.