Proxectos
-
Aumento do tratamento integrado para a desnutrición aguda e a prevención da desnutrición no sur de Malí
A crise á que se está enfrontando a República de Malí é multidimensional e interconectada. De modo que, ás xa preexistentes falta de seguridade alimentaria e déficits na produción, sumouse o agravamento da desnutrición e o conflito armado que sufriu o país (fundamentalmente o norte) desde xaneiro de 2012. Case medio millón de persoas tiveron que desprazarse, dentro ou fóra do país.
-
Fortalecemento da resiliencia de nenos e nenas desprazados e das comunidades de acollida, a través do incremento e mellora do acceso e participación nunha educación de calidade e de actividades de redución do risco de conflito en Sudán do Sur
-
Prevención da violencia sexual, mellora da atención médica e psicolóxica das vítimas e reforzo do sistema de saúde en Nord Kivu (República Democrática do Congo)
A crise estrutural que padece a poboación de Kivu Norte relaciónase co impacto desigual que supón sobre mulleres e nenas a inestabilidade político-militar, a falta de resolución das institucións no Leste do país, odeterioro das condicións de vida e a desestruturación social, xa que a cotidianeidade das persoas e o funcionamento das institucións e servizos básicos subordínase á evolución dos niveis de violencia e inseguridade na zona.
-
Programa de rehabilitación psico-social para poboación refuxiada en Maban, Sudán del Sur
A rexión de Maban estivo golpeada polos combates durante a guerra de independencia e segue sufrindo as consecuencias do conflito. Os combates produciron un gran número de vítimas civís e o desprazamento de miles de persoas alén da fronteira. O estado Upper Nile está a ser afectado polo conflito interno que estalou en decembro deixando máis de 900.000 persoas desprazadas forzosamente e case 250.000 refuxiadas en países veciños.
-
Conformación dunha rede galega de cooperación universitaria para o desenvolvemento.
Este Convenio pretende coordinar o traballo conxunto das tres Universidades galegas nos eidos da formación, capacitación e actuación dos seus membros para crear unha rede galega de cooperación universitaria para o desenvolvemento.
-
Prestación de Axuda Sanitaria e material sanitario e construcción e dotación dunha casa para os médicos na Wilaya de Bojador
Este proxecto desenvolverase do 1 de xuño ata o 30 de decembro de 2014 nos Campamentos de Refuxiados Saharauís de Tindouf, con dúas finalidades principais:
a) Prestar atención sanitaria á poboación, en especial ás mulleres e ós nenos.
b) Construír e equipar unha casa para os médicos
-
Provisión de alimentos de primeira necesidade ás familias máis vulnerables afectadas polo bloqueo.
Este convenio de colaboración ten por obxecto mitigar o impacto do bloqueo e a crise humanitaria sobre a vida da poboación máis vulnerable de Gaza, a través do apoio ao Programa de Axuda Alimentaria na Franxa de Gaza, coa finalidade de apoiar o incremento nutricional e de aporte calórico mediante a provisión de paquetes alimentarios.
-
Colaboración con Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
Accións de asistencia e atención inmediata de emerxencia tras declararse o desastre ou crise humanitaria ou ante a agudización dunha crise crónica (fame, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou post-catástrofe) para evitar unha gran mortaldade entre os damnificados.
-
Fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD no ano 2014
O convenio ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Coordinadora no proxecto denominado “Fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD no ano 2014. Aumentada a lexitimidade da Coordinadora Galega de ONGD como plataforma de representación única das ONGD galegas e como plataforma de promoción do cambio social e defensa da política pública de cooperación en Galicia e mellorada a súa capacidade na prestación de servizos ás ONGD socias”.
-
Proxecto de mellora da transformación e comercialización de produtos pesqueiros realizadas por mulleres de comunidades dedicadas á pesca e acuicultura en Nicaragua.
O presente acordo de coordinación forma parte do esforzo dos actores galegos na obtención de fondos europeos en materia de cooperación para o desenvolvemento, aspecto fomentado no III Plan Director da Cooperación Galega. No mes de decembro de 2013 a Comisión Europea no marco da Convocatoria de Axentes non Estatais e Autoridades Locais para o Desenvolvemento en Nicaragua, comunicou á Fundación CETMAR a aprobación do financiamento para o desenvolvemento deste proxecto.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- …
- seguinte ›
- última »