Proxectos
-
Implementación dunha resposta integral á COVID-19 para fortalecer o sistema de saúde e previr a propagación do virus entre a poboación refuxiada e comunidade de acollida no distrito de Adjumani, Uganda
Este proxecto localízase no distrito de Adjumani, un dos 12 distritos da rexión West Nile situado na rexión noroeste de Uganda con maior número de refuxiados e unha das zonas máis empobrecidas do país. Así como outros distritos do país, o distrito de Adjumani viuse moi afectado pola pandemia, e na actualidade séguense rexistrando casos de infectados e os hospitais están ao bordo do colapso.
-
Construír resiliencia entre a poboación refuxiada congolesa de Kyaka II (Uganda) baixo un enfoque integral da saúde que considera as cuestións de xénero e promove a protección
Este proxecto busca fortalecer o acceso ao dereito á saúde baixo un enfoque de prevención e protección considerando as necesidades específicas de xénero e idade da poboación congolesa no campo de poboación refuxiada de Kyaka II, situado no distrito de Kyegegwa de Uganda. Para iso reforzarase a capacidade operativa e a cobertura sanitaria dos servizos de atención primaria, tendo en conta o impacto provocado pola pandemia do COVID-19 e prestando especial atención ás cuestións de protección de xénero.
-
Mellorar o dereito a unha alimentación adecuada, un medio de vida digno e a resiliencia das mulleres refuxiadas, desprazadas, retornadas ou protexidas no departamento de Ouallam (rexión de Tillabéri, Níxer)
O proxecto forma parte dunha intervención máis ampla de ACPP e a homóloga local DIKO na zona, financiada pola Axencia Vasca de Cooperación ao Desenvolvemento e outras institucións como a Deputación de Bizkaia e a Deputación Provincial de Zaragoza. A intervención marco ten como obxectivo reforzar e promover o respecto aos dereitos fundamentais das persoas desprazadas, retornadas e comunidades de acollida para mellorar as súas capacidades de resiliencia e evitar a súa exposición a riscos de protección.
-
Reforzo da prestación de servizos de atención médica no Estado de Jonglei, Sudán do Sur, mediante a mellora das infraestruturas básicas de saúde e do acceso á asistencia sanitaria nos distritos de Bor South, Duk e Twic East
Este proxecto trata de dar continuidade a proxectos que Médicos do Mundo leva desenvolvendo desde o ano 2017 no Estado de Jonglei en Sudán do Sur. Ten como obxectivo principal fortalecer o sistema sanitario, mellorando a infraestrutura e asegurando o dereito á saúde mantendo a atención sanitaria e a medicación esencial gratuítas.
-
Nenos, nenas e adolescentes de 7 comunidades vulnerables do Salvador exercen o seu dereito a unha educación de calidade con equidade de xénero en resposta á emerxencia educativa provocada pola Covid-19
O proxecto pretende facer efectivo o dereito a unha educación de calidade para 2.492 nenos, nenas e adolescentes en condicións de vulnerabilidade do Salvador, no marco da pandemia Covid-19. Neste sentido fortalécense os centros educativos para atender ás necesidades provocadas pola pandemia, ademais de fortalecer ás familias para un acompañamento no proceso educativo dos seus fillos ademais de favorecer aos colectivos máis vulnerables da contorna educativa.
-
Saúde comunitaria, produción de alimentos e recuperación da economía familiar en comunidades de bosque afectadas pola pandemia e a crise alimentaria e económica derivada, na Subcuenca do Río Chipilico, Piura - Perú, no marco dos proxectos PROGEBOSQUE I e II
O obxecto do proxecto é o de fortalecer as comunidades de bosque enmarcadas nos proxectos PROGEBOSQUE I e II (desenvoltos pola Fundación Galicia Innova e a Asociación Chira nos anos 2018 a 2021 co financiamento da cooperación Galega) co fin de mellorar a situación da saúde e socioeconómica das devanditas comunidades para afrontar a emerxencia sanitaria e futuras crises sanitarias e pandemias, mediante o apoio de maneira coordinada aos servizos públicos de saúde e as comunidades, garantindo a promoción do exercicio dos dereitos sociais básicos á saúde e alimentación e mitigando o impacto soc
-
Kuri Muru: Promovendo o desenvolvemento socioeconómico do cantón de Ambato, Tungurahua, baixo un enfoque de xénero. Fase 2. Ecuador
O proxecto preséntase como continuación ao proxecto "Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha, Tungurahua" executado de xullo do 2019 a abril de 2021 coa financiacion da Xunta de Galicia. Esta fase executarase nas parroquias de San Antonio de Quisapincha e Huachi Grande, no cantón Ambato, provincia de Tungurahua. O mesmo ten como finalidade contribuír á eliminación das discriminacións de xénero e á recuperación dos impactos causados pola Covid-19 no cantón de Ambato, provincia de Tungurahua.
-
Mellorada a saúde e hixiene de 3 comunidades aymaras rurais do municipio de Calamarca, a través do acceso á auga potable desde o enfoque de xénero en desenvolvemento. Bolivia
Búscase a mellora do dereito á saúde da poboación de 3 das comunidades da subcentral agraria Chocorosi, diminuíndo a incidencia das enfermidades por medio da implementación dun sistema de auga potable, mellorar o centro de saúde ambulatorio de Chocorosi adaptándoo á pandemia do Covid-19 e salientar no cambio institucional para a equidade na distribución da carga doméstica nas comunidades para a igualdade das mulleres.
-
Fortalecemento de redes de apoio para a prevención e protección contra a violencia de xénero no contexto COVID-19. Guatemala
O proxecto pretende diminuír o impacto da violencia de xénero e mellorar a atención ás mulleres vítimas mediante a prevención a nivel comunitario e en centros educativos e o fortalecemento das capacidades do persoal que atende ás mulleres tanto a nivel de sociedade civil como das institucións. Fortalécense os centros educativos así como as asociacións de mulleres coa finalidade de concienciar e mitigar os efectos da violencia de xénero.
-
Fortalecemento das capacidades técnicas e materiais da Facultade de Ciencias Médicas da UNAH de Honduras para unha adecuada sensibilización e formación en saúde sexual e reprodutiva
Este proxecto pretende dar solución a un problema dentro da falta de educación integral de dereitos sexuais e reprodutivos da poboación que lles permita coñecer os seus dereitos evitando así a vulneración dos mesmos. En definitiva, preténdese fortalecer as capacidades técnicas e ao acceso de materiais das persoas da comunidade universitaria no campo das ciencias da saúde da Universidade Nacional Autónoma de Honduras.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- …
- seguinte ›
- última »