Proxectos
-
“Comunidades Educativas transformadoras dende a ética dos coidados por unha cidadanía local e global II”
O proxecto “Comunidades educativas transformadoras dende a ética do coidado por unha cidadanía global e local II” ven de anteriores procesos de intervención de InteRed Galicia no que se pretendeu acompañar para a incorporación da ética do coidado e a equidade de xénero en espazos educativos, tanto escolares como fóra do ámbito escolar.
-
Tecendo Redes: promovendo a agricultura e a alimentación sustentables en Galicia
Este proxecto parte da experiencia previa e ámbitos de actuación de Amigos da Terra, que continúa o seu traballo para afondar na análise da problemática alimentaria e na posta en marcha de alternativas de alimentación e agricultura sostible. A proposta que expoñemos ten como obxectivo específico promover unha cidadanía concienciada e participativa na construción de modelos alimentarios máis sostibles.
-
Rede Solidaria da Mocidade: cidadanía global, empoderamento e participación para o cambio social dos grupos solidarios no curso 2018-2019
O proxecto pretende dar continuidade ás accións do programa de educación para a solidariedade e a cidadanía global e de participación xuvenil Rede Solidaria da Mocidade (RSM) (Red Solidaria de Jóvenes), que se executa en Galicia desde 2004. Este programa ofrece ás comunidades educativas unha estrutura estable de participación, que facilita procesos de capacitación e empoderamento que, á súa vez, incrementan as competencias de compromiso social e cidadanía global dos mozos e mozas galegas nos seus centros de ensino.
-
A fondo cos ODS
O proxecto xira en torno ás especificidades da cooperación municipalista galega, as súas vantaxes comparativas como axentes específicos dentro do sistema internacional de cooperación e como modelo de traballo en rede colaborativo que representa o Fondo Galego. Porén, e dando un paso máis alá, a proposta fai fincapé nunha maior implicación e apropiación das administracións locais galegas na cooperación ao desenvolvemento e na consecución dos ODS, principalmente desde o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
-
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o proxecto de Fortalecemento da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento 2018-2019
A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) actúa como instrumento común de dinamización das accións de cooperación universitaria para o desenvolvemento, fomentando a investigación e formando ás comunidades educativas, xerando espazos e ferramentas para o intercambio de experiencias, e recompilando as experiencias e capacidades existentes para facilitar tanto a súa visibilización, como para favorecer sinerxías en novas oportunidades de traballo.
-
A protección e asistencia básica para a poboación siria refuxiada no Líbano
O propósito deste proxecto é contribuír ao proceso de protección internacional dos/as refuxiados/as sirios/as nos países limítrofes e próximos a Siria (Turquía, Líbano, Xordania e Exipto) asegurando o acceso a servizos de emerxencia. Centrarase esencialmente en garantir a cobertura de necesidades básicas, a través da prestación de Cash Assistance, durante 6 meses a 22 familias refuxiadas sirias (132 persoas), que residen nas zonas urbanas de Mount Lebanon, Líbano.
-
Prestación de axuda sanitaria na Wilaya de Bojador e construción dun dispensario na Daira de Mheiriz
Como en anos anteriores continuarase co apoio sanitario nos campamentos, nesta ocasión a través da construción dun dispensario na Daira de Mheiriz, e prestando atención sanitaria á poboación da Wilaya de Bojador, con especial atención ás mulleres embarazadas e aos nenos e nenas. Está prevista a conformación dunha Comisión Médica de SOGAPS que se trasladará ao terreo e fará o seguimento sanitario en función dos expedientes do ano anterior, e atenderá aos novos casos que se poidan presentar.
-
Garantir o dereito humano a un nivel de vida adecuado para a poboación refuxiada de Palestina a través da distribución de alimentos
Reducir o impacto do conflito e a crise humanitaria na vida da poboación en situación de maior vulnerabilidade da Franxa de Gaza, mediante o incremento do aporte calórico da poboación a través da provisión de 216 cestas alimentarias
-
Convenio de colaboración con Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
Este convenio vén asinándose de forma ininterrompida desde o ano 2009 para garantir unha resposta rápida e áxil da Xunta de Galicia, a través da posta en marcha de accións de asistencia e atención inmediata de emerxencias, tras declararse o desastre ou crise humanitaria ou ante a agudización dunha crise crónica tratando de evitar unha gran mortandade entre os/as damnificados/as.
-
Fortalecemento da empregabilidade dos participantes no curso de “Modelismo: modelado manual de embarcacións para a pesca artesanal” no Salvador
Esta intervención pretende apoiar e asesorar a FUNDEMOSPAZ no desenvolvemento de competencias para o emprego e ás institucións con competencias en emprego para a identif
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- …
- seguinte ›
- última »