Proxectos
-
Mediación lingüística para a cooperación ao desenvolvemento
O proxecto “Mediación lingüística para a cooperación ao desenvolvemento (MELINCO)” busca contribuír á protección dos dereitos lingüísticos na cooperación ao desenvolvemento a través dunha serie de accións que redunden nunha mediación lingüística de calidade entre o persoal das ONGD e as persoas usuarias e destinatarias das súas accións de cooperación, dende unha perspectiva de Dereitos Humanos.
-
A EDCG na formación dos profesionais da educación: construíndo o ámbito de educación. As titulacións da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Fase II
-
Creación do “Grupo interuniversitario de investigación en cooperación técnica para o desenvolvemento sustentable”
Este grupo, que está próximo ás ONGd mais relevantes de Galicia no eido de Enxeñería e da Arquitectura –Enxeñaría sen Fronteiras e Arquitectura sen Fronteiras- convenia con estas dúas organizacións para traballar en concorrencia na “Creación dun Grupo interuniversitario de investigación en cooperación técnica para o desenvolvemento sustentable”.
-
Formación teórica e metodolóxica, elaboración, aplicación e validación de materiais educativos no Programa de Educaçao Bilingue de Mozambique
Este proxecto é a consolidación dun convenio de cooperación entre a Universidade Eduardo Mondlane e a Universidade de Vigo, para o desenvolvemento de proxectos, accións e propostas relacionadas coa Lingüística Aplicada, nomeadamente no eido da educación bilingüe.
-
Cooperación Galega: O mundo que queremos (VI edición)
O presente proxecto constitúese como a VI edición dunha iniciativa que conta con dúas características diferenciais que condicionan cada unha das fases e elementos que o compoñen; dunha banda, o feito de formar parte do Plan Proxecta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e doutra, o feito de aspirar a ser un proxecto colectivo e participado polo maior número posible de entidades e colectivos galegos con experiencia no eido da EpD das que, no momento da presente formulación xa forman parte 6 entidades.
-
Convenio de colaboración entre a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, as Comunidades Autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, A Rioxa, Murcia, Valencia, Canarias, Illes Balears, Madrid e Castela e León e a FEMP, para a programación conxunta en materia de Acción Humanitaria
O presente convenio de actuación conxunta no ámbito humanitario toma como referencia o Convenio Marco entre a Secretaría Xeral de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e as Comunidades Autónomas, para a articulación, coordinación e complementariedade da cooperación descentralizada, que inclúe entre os seus obxectivos a coordinación da acción humanitaria.
-
Participación social no sistema educativo do Barrio Santa Lucía a través da xeración de capacidades nos titulares de dereitos, responsabilidades e obrigas para unha educación inclusiva e de calidade en Santa Lucía, Santiago de los Caballeros, asociado ao Programa de Mellora do Barrio Santa Lucía IDI República Dominicana – Fase II
O proxecto “Participación social no sistema educativo do Barrio Santa Lucía a través da xeración de capacidades nos titulares de dereitos, responsabilidades e obrigacións para unha educación inclusiva e de calidade en Santa Lucía, Santiago dos Cabaleiros, asociado ao Programa de Mejoramiento do Barrio Santa Lucía IDI República Dominicana - FASE II” ten como obxectivo a mellora da calidade educativa dunha das zonas máis vulnerables de Santiago de los Caballeros (República Dominicana) para que a Educación tradúzase nunha oportunidade de romper o “círculo vicioso da pobreza” e xerar desenvo
-
Fortalecer os mecanismos de participación cidadá e aceso a servizos públicos de saúde de calidade, especialmente da sexual e reprodutiva, no Municipio de Jiquilisco, Bajo Lempa, El Salvador
A presente proposta pretende mellorar o desfrute do Dereito á Saúde, incidindo na capacidade de articulación e incidencia comunitaria mediante o fortalecemento dos mecanismos de participación cidadá para a mellora do acceso e control de 2.188 persoas (1.683 mulleres e 473 homes) a uns servizos públicos de saúde, especialmente de saúde sexual e reprodutiva ( SSR) de calidade no municipio de Jiquilisco, Departamento de Usulután, O Salvador.
-
Mellora das condicións de habitabilidade e das capacidades comunitarias para previr e mitigar riscos ante desastres e vulneracións de dereitos de 1.319 persoas (393 mulleres, 268 nenas, 382 homes e 276 nenos) das comunidades de La Balsa, La Cubana e Olivares, municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Macorís, República Dominicana.
-
Proxecto de transformación para o desenvolvemento do emprendemento e autoemprego de mulleres productoras agroecolóxicas do municipio de Huitán, Quetzaltenango, Guatemala- “qya b´ant b´e (muller facendo camiño)”
O proxecto de transformación para o desenvolvemento do emprendemento e autoemprego de mulleres produtoras agroecolóxicas, é unha intervención dirixida a mellorar os ingresos familiares e o emprego, prioritariamente, de 276 mulleres campesiñas indíxenas, de 9 comunidades periurbanas e rurais do Municipio de Huitán ( Quetzaltenango, Guatemala).
Para iso, o proxecto expón cinco compoñentes:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- …
- seguinte ›
- última »