Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Mellorar o exercicio dos dereitos de saúde sexual e reprodutiva dos e das mozos/as do distrito de Matola, provincia de Maputo, Mozambique.
Este proxecto promove un enfoque integral dos dereitos sexuais e reprodutivos dende unha perspectiva de xénero e interculturalidade, asegurando o coñecemento e gozo dos dereitos das mulleres e mozos/as en idade escolar. Considerando ó estado como responsable de garantir os dereitos sexuais e reprodutivos da súa poboación en un marco de igualdade de oportunidades. O proxecto fortalece o sistema público de saúde, o mesmo tempo que a sociedade civil e a súa resposta comunitaria á violencia.
-
Campaña mundial pola educación 2016 en Galicia.
Con este proxecto, o equipo territorial da Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia e as ONGD que a integran aos efectos deste proxecto (Entreculturas, Educo, Taller de Solidaridad, Axuda en Acción) queren dar continuidade ao traballo de máis de 10 anos en Galicia sensibilizando e formando á sociedade galega e á comunidade educativa, sobre a situación da educación no mundo.
-
Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego
Este proxecto de Asemblea de cooperación pola Paz agrupada co Asociación Galega de Reporteiros Solidarios -AGARESO constitúe unha aposta integral pola formación en educación e comunicación para o desenvolvemento na comunidade galega, que abarca desde a educación infantil ata a universitaria e que se presenta como continuación e complemento do proxecto EpD-CpD. As accións programadas inciden na sensibilización sobre a problemática dos países empobrecidos e da situación dos colectivos máis desfavorecidos deses países, especialmente das mulleres.
-
Mellora das condicións xerais de saúde e de acceso a auga potable das e dos 811 habitantes (382 mulleres e 429 homes) del Batey la Balsa, municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Marcoris, República Dominicana.
A presente actuación forma parte dun proxecto integral máis amplo de mellora das dotacións de auga potable e saneamento no municipio de Ramón Santana que ACPP e o Instituto de Acción Comunitaria (IDAC) veñen desenvolvendo dende 2011 en apoio á planificación estratéxica e á priorización de necesidades levadas a cabo polo Ayuntamiento de Ramón Santana a través do seu Plan Estratéxico Municipal (PEM).
-
Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación mais vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipa
Preséntase a Fase II do proxecto B'an Chuinkal que foi financiado pola Xunta de Galicia e executado durante o último trimestre do ano 2014. O obxectivo do proxecto é a mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhueu, Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipais, organizacións sociais e cooperativas.
-
Rede Solidaria da Mocidade: cidadanía global, empoderamento e participación para o cambio social dos grupos solidarios no curso 2015-2016
Con este proxecto, Entreculturas da continuidade ás accións do programa de educación para a solidariedade e a cidadanía global e de participación xuvenil Rede Solidaria da Mocidade (RSM) (Red Solidaria de Jóvenes). Este programa ofrece ás comunidades educativas unha estrutura estable de participación, que facilita procesos de capacitación e empoderamento que incrementan as habilidades participativas, de compromiso social e cidadanía activa dos mozos e mozas galegos nos seus centros de ensino.
-
Mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero, para a garantía dos dereitos da nenez e a xuventude de El Rosario, Municipio de Champerico. Guatemala.
O obxectivo do presente proxecto é mellorar a calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero da formación da nenez e xuventude do Municipio de Champerico, Departamento de Retalhuleu (Costa Sur guatemalteca) mediante a creación de condicións adecuadas para que o estudantado poda desenrolar da mellor forma posible o seu traballo escolar.
-
Reconstrución e melloramento do sistema de auga potable da aldea Santa Rita do municipio de San Antonio Sacatepéquez, San Marcos. Guatemala.
O proxecto forma parte dun conxunto de accións derivadas do Plan de Desenvolvemento Municipal de San Antonio Sacatepéquez, así como dos plans de emerxencia e reconstrución xurdidos nas comunidades a raíz dos terremotos do 2012 e 2014. O proxecto intervén segundo tres eixes de acción: garantindo o acceso e a dispoñibilidade de auga potable mellorando a infraestrutura dispoñible; mellorando os hábitos de hixiene, saúde e uso dos recursos hídricos e fortalecendo o comité de auga comunitario e do servizo municipal competente.
-
Investigando a dimensión global da educación para o desenvolvemento. Un proxecto piloto de investigación - acción colaborativa nun centro educativo de Galicia. Fase I
Con este proxecto Solidariedade Internacional de Galicia, en asociación coa Universidade da Coruña, pretende incidir na dimensión de investigación da ED. Para facelo, realizará unha investigación cualitativa baseada na metodoloxía da investigación-acción colaborativa. Este proxecto realizarase en dúas fases, sendo o tempo de execución do proxecto de 15 meses. No ano 2015, realizarase a primeira fase do proxecto, que responde ao análise sobre como introducir a dimensión global da ED de xeito transversal nun centro educativo galego.
-
Promoción da Saúde Integral de nenos e nenas de 0 a 5 anos con énfase na prevención e abordaxe da desnutrición en Zelaya Central, Nicaragua.
O proxecto pretende mellorar a saúde e nutrición infantil mellorando a prevención de enfermidades comúns que neste contexto de pobreza se converten en enfermidades agresivas que impiden o seu adecuado crecemento e desenvolvemento e ás veces son letais.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- …
- seguinte ›
- última »